Voto Nulo.

Meses antes das eleccións municipais, constituise en Redondela unha “Liga Veciñal Polo Voto Util”, que defendeu o voto nulo como forma de rexeitamento xeneralizado a uns partidos oxidados, entre que os que non existe unha verdadeira nova alternativa de goberno local. (lamento non ter apuntado nada ó respecto antes)
Velahí os resultados electorais do Concello de Redondela:

Partido Votos Porcentaxe Concelleiros
PP 4.810 33,33% 8
PSOE 4.413 30,58% 8
BNG 1.912 13,25% 3
PG 1.591 11,02% 2
EU 632 4,38% 0
TG 589 4,08 0
Votos Nulos 1.544 9,66%
Votos en Blanco 485 3,04%

Descoñezo, aínda que considero pouco probable, a existencia de algún outro Concello de Galicia con un dez por cento de votos nulos (a media da provincia de Pontevedra foi do 1,14%, con 6.248 votos nulos en total, mentres que a media estatal foi do 1,17%).
A lectura que eu fago de ese resultado é que, nesta vila, hai un fondo descontento hacia a política local, que os veciños rexeitan e na que non queren participar por considerala un mundo endogámico e corrupto entre outras cousas. Urxe buscar unha forma legal de darlle validez e representatividade a ese voto descontento; naturalmente, a clase política utilizará todo tipo de argumentos contra esa postura, dos cales, o menos malo será a invitación á participación, na que saben que calquera iniciativa allea ós recursos económicos dos grandes partidos está abocada ó fracaso electoral na maioría dos casos.

Derrota post-electoral.

Asisto ó dia despois das eleccións municipais e autonómicas do 27 de Maio con unha sensación marcadamente pesimista, que ten dous motivos.
O primeiro, é a política de hinchas, do “-Yo soy de Kas Naraja. -Pues yo de Kas Limón”. A simplificación que os medios fan da súa materia prima, ó evaluaren os resultados en termos de confrontación PP - PSOE, reflexa a unha sociedade que confunde a política con un partido de fútbol ou, peor aínda, nunha película de bos e malos, na que ó final só pode quedar un. Mentres sigamos así, dándolle máis importancia ás bandeiras e os colores que ós programas e as ideas (non confundir con ideoloxías), os partidos políticos, principalmente os grandes, seguirán sendo os remolóns intelectuais de unha sociedade xa de por sí escasa en iniciativas brillantes e capacidade de autocrítica.
Segundo, igual que acontecera na Galicia post-Prestige do 2003, os votantes demostran unha vez máis un escaso sentido da responsabilidade democrática. Frases como “donde hay corrupción, hay dinero, y donde hay dinero hay trabajo” (lida por min hoxe nalgún foro) sitúan a muitos votantes á altura de mortos de fame intelectuales, incapaces de mirar máis aló da nómina dos próximos tres meses, e verdadeiros responsables das dificultades que un estado pode ter para progresar en calquera sentido que non supoña rédito cortoplacista para os beneficiarios de esa ignorancia. Ignorancia cuias raíces hai que buscar nunha educación deficiente en materias que formen ós cidadáns no seu papel nas institucións democráticas, alén do mero exercicio do voto (¿servirá para algo esa “Educación para a cidadanía”, ou como se chame?). Ignorancia fomentada dende a simplificación que os medios fan, cada vez máis, da realidade política, na súa procura de evitarlle incómodos esforzos mentais a ese espectador tan rápido co mando a distancia. E ignorancia interesada pola “clase dirixente” (na que os políticos só son un subconxunto), que logrou situar a participación cidadá no debate político, social, sindical, ou medioambiental a niveis marxinales, si se comparan coa imaxe que os españoles dan de si mesmos na crónica da transición democrática.

A min algo me cheiraba mal…

Cal non sería a miña sorpresa cando, hoxe a media mañán, leo na portada do Faro de Vigo que un concelleiro de Redondela está imputado polos verquidos da depuradora local.
Non vou entrar na cuestión da política municipal, nin a valorar o traballo do Sr. Pazos na Concellalía de Medio Ambiente, pero sí podo dar fe de que a depuradora de Redondela nunca funcionou ben. Basta con achegarse por alí para velo e non fai falta ter unha formación relacionada coa depuración de augas, nin ter estudiado depuradoras, como é o meu caso.
Por certo: seica o que me ensina depuradoras tivo algo que ver no proxecto da de Redondela. Que Dios nos colla confesados.

Gran Premio das Galicias.

Agardei ó remate da campaña electoral para publicar este post, hasta agora arquivado no almacén, metade para ver si a realidade chegaba a superar a ficción, metade por non dar ideas a esa casta de personas capaces de escarallar todo o que tocan.
O caso é que cando Bernie Eccleston dixo que faría un Grande Premio de Fórmula 1 en Valencia, si gañaba o PP, ademáis de parecerme un farol tremendo a tenor da lista de espera chea de países desexando para sí ese negocio, fíxome saltar todas as alarmas. Non porque un empresario estivera intentando mercar os votos de unha sociedade coas súas ofertas, si esa sociedade fose tan estúpida para deixarse mercar merecería iso e máis, sinon porque estou algo sensible coa política da nosa autonomía - Nazón de Breogán. E certamente me sorprendeu que, ó final non saisen en ningún momento Abel Caballero, Corina Porro, Manuel Soto, ou os tres, a proclamar que Vigo tamén merecería ter un Grande Premio de Fórmula 1. Ya tu sabes, que si o motor económico de Galicia, que si o poderío industrial, que si a Citröen, o CTAG, e todo o Clúster do Automovil… e, naturalemte, que non falte esa deuda histórica que o resto de Galicia ten coa Cidade Olívica, segundo certas fontes (prego lean a nota a final de post).
Claro, si Vigo fora a ter un Grande Premio ¿por qué non o había de ter tamén Santiago de Compostela? A fin de contas, é a capital de Galicia, amén de representar a imaxe da nosa Terra no exterior, e conta sen dúbida coa mellor infraestructura turística e hostaleira da Comuidade. Ademáis, non todo vai ser Vigo e A Coruña. Porque, non o dubiden, cinco minutos despois de que se prometera en Vigo un G.P. de F-1, os candidatos coruñeses (e igual que no sur, tamén os medios locais, e bastantes cidadáns deses “de toda la vida”) tamén empezarían a largar a súa propia leria da competitividade, da posibilidade de ser a primeira cidade de Galicia. Sin chegar a aquilo que “si le pica al resto, que se rasque” (ou algo así) que soltara Paco Vázquez cando inaugurara unha das etapas de Alvedro, habería que oir outra vez o discurso localista e despectivo co resto da “Nazón de Breogán” propio da Coruña, Vigo, e Santiago, hasta que Lugo e Ourense, tal vez máis tirados polas diputacións que polos concellos capitalinos, se sumasen á feira de Grandes Premios. Despois, virían Ferrol, Lalín, O Carballiño… e estaríamos igual que sempre, como dicía Jeoffrey, o meu profesor de inglés na universidade, “Aquí sois mucho de cada uno por su cuenta y godiendo al de al lado.”
Como pasa cos aeroportos, os portos, as estacións do AVE, os polígonos industriais, e canto atisbo de “progreso” se nos ocurra, eu temía que a mangancha entre Ecclestone, Camps, Barberá e Agag (o xenro de Aznar), salpicase a nosa terra de promesas infundadas e innecesarias, para ó final ter unha chea de Pequenos Premiños do Minifundismo Mental, no lugar de un verdadeiro Grande Premio de Galicia da Formula 1 (para quen o queira). Menos mal que imperou a cordura e, de esta volta, os candidatos só prometeron o mesmo de sempre.

Nota: Como saberán, hai moitos anos que se polemiza en Galicia sobre a construcción de un circuito de automovilismo. Dende sempre, falábase do Concello de Cerceda como máis posible ubicación, como anticipo da reconversión mineira e compensación polos estragos que a extracción do lignito, e a explotación da central térmica de Meirama, teñen provocado no entorno (iso sí que é deuda histórica). Hai un tempo, o Faro de Vigo publicou un artigo bastante “serio” no que se expuñan os mesmos motivos aquí frivolizados, para se opoñer á selección de Cerceda en beneficio de calquera outro concello da área de influencia viguesa. Por sorte ou por desgracia, o “Circuito” non pasou de ser un pub de Cerceda.

Da cuestión do tráfico na Area Metropolitana da Coruña II.

Hai algo máis de un ano, escribín un post titulado “Da cuestión do tráfico na Area Metropolitana da Coruña“, no que partindo de unha situación puntual na que me vin, e con certas observacións empíricas anexas, criticaba a política de transporte nesa zona, como exemplo xeneralizable a toda Galicia. Resumindo para quen non queira ou non poida ler, a miña postura era a de cuestionar a necesidade de construir a chamada “Via Artabra” fronte á conveniencia de deseñar unha rede de transporte público eficiente e sostible.
Aquel post remataba amenazando “…do ferrocarril de cercanías, xa apuntarei outro dia…“, e por iso apunto agora, como apéndice serodio, que si se consultan os horarios da RENFE, descubrirase que hai so seis ou sete trens diarios para viaxar entre O Burgo e A Coruña (Ver lista ó final do post). Non me vale a escusa da falta de viaxeiros para ese abandono, na medida en que o tráfico segue a estar colapsado nas horas punta como proba de unha verdadeira demanda de transporte de persoas na comarca.
O tren non chega a tódolos concellos nin a tódolos barrios, pero pode absorver boa parte do tráfico xenerado alí por onde pasa. Para iso, segue a ser necesario desenvolver políticas activas de fomento do transporte público en xeral, e do ferrocarril en particular. Un bo primeiro paso, que sí é unha decisión en máns dos políticos, é cambiar a designación do ferrocarril galego de “rexional” a “cercanías”, algo máis que unha formalidade dende o momento en que a Unión Europea veta as subvencións os ferrocarriles rexionais e apoia que estas se dirixan ó transporte metropolitano ou de cercanías. Si o billete entre O Burgo e A Coruña custa hoxe en día 1.25€, o seu precio subvencionado podería rondar os 0.70€; sumándolle unha frecuencia máis operativa que a actual de “un tren ás oito, un tren ás once, e outro ás tres”, e as oportunas campañas de información para que a cidadanía coñeza as novas prestacións, poucos serían aqueles que as contas lle seguisen dando favorables ó uso do automovil particular.
Vontade e cultura, señores e señoras, iso é o único necesario para facer as cousas ben, porque as solucións técnicas e económicas levan desenvolvidas, nalgúns casos, dende o século XVIII.
E para non deixar o traballo rematado, plantéxolles outra pregunta de esas que dan ganas de cuspir nos retratos dos candidatos que floreceron estes días nos postes: Si vostede vive nunha área metropolitana galega ¿Cantas veces á semana precisa desplazarse dentro de esa área e cantas precisa viaxar ó Porto, Lisboa ou Madrid? Si despois de respostar a esa pregunta, aínda cree que o AVE é unha cuestión prioritaria para Galicia, recoméndolle que cambie as súas lecturas antes de que os danos cerebrais sexan irreversibles.

Nota 1:
Horarios citados a dia de hoxe, para o recorrido O Burgo - A Coruña: 8:03, 10:28, 15:45, 18:09, 21:12 e 21:34.
Para o recorrido A Coruña - O Burgo: 6:25, 7:23, 8:27, 14:40, 18:40, 18:58 e 20:32.
(Omítense trens que circulan só en fin de semana ou dias singulares.)
Xulguen vostedes mesmos si eses horarios lle resultarían de utilidade no seu traballo ou actividade cotidiana.

Nota 2: É evidente que non fun capaz de enlazar as páxinas de horarios da RENFE. Prego desculpas.

Nota 3: Respecto da cuestión do tráfico na Area Metropolitana de Vigo, permanezan atentos ós seus receptores, porque tamén ha de cair algo. De feito, probablemente caia bastante.

Partido Galeguista.

“Como dice mi compañero y amigo, Manuel Soto: Vigo provincia, y Redondela ciudá.”
Alejandro Bastos, candidato do PG á alcaldía de Redondela.

Sementeira de millo e sementadora homebuilt 1.2 beta.

Débese a razóns de axenda personal, máis que a outros romanticismos, que este ano tamén rondase o Dia das Letras Galegas con tarefas agrícolas. Desta volta, tocoulle sementa-lo millo na leira que o ano pasado acolleu as patacas, O Redollo.
Non ten nada de significativo, nin se trata de variedades tradicionais, das que me tomo un respiro despois de tres anos que podo valorar como decepcionantes, nin de un ensaio de cultivo ecolóxico, para o que este ano carezo de tempo e medios. Pero si aproveito para fachendear un pouco de isto:

Un lado.

Como os máis agudos e/ou coñecedores deducirían, trátase de unha sementadora mecánica, para arrastrar co tractor, que o autor deste blog fai “nos ratos libres”, dito en presente porque aínda está sen rematar. A primeira evolución (1.1) fíxena hai dous anos, probeina e tiña os seus fallos, documentados en video e todo. Agora (1.2), eses problemas están resoltos, pero queda algún outro, máis propio do manexo que do deseño.
Naturalmente, non se trata de unha innovación revolucionaria, nin de unha sementadora impresionante como as que existen hoxe en día, trátase so de un exercicio de deseño (entre outros) que me propuxen hai tres anos, e do que vou quedando satisfeito pouco a pouco. Fachendeo sobre todo de dúas cousas: Primeiro, a sinxeleza dos mecanismos, e a economía en xeral do proxecto (non deixa de ser un enredo, como para andar a tirar cos cartos), penalizada negativamente polos erros e a provisionalidade dalgunhas solucións, pero que se acadou sin renunciar ó nivel de funcionalidade agardado; a intercambibilidade de elementos con outros trebellos e a posibilidade de facer moitas cousas coa ferramenta que teño na casa favoreceron este punto. Segundo, a posibilidade de minipular o dosificador de gran sin necesidade de ferramentas, o que facilita o mantenimento ou certos axustes “in situ” foi unha das esixencias que me marquei e conseguín sen apenas obxeccións.

O outro.

Queda, de agora en diante, bordar o resultado con detalles de elegancia como un soporte con rodamentos para as rodas conductoras, tensores de cadena, ou mesmo conseguirlle unhas rodas propias, e non andar a quitárllelas á motoazada, amén de unha man de pintura. Recoñezo, unha vez máis, que non se trata de una cousa do outro mundo, pero debo dicir que aprendin moito rompendo a cebeza con ela; entre as grandes carencias da formación técnica que recibo está a de non afrontar, en ningún momento, un problema aberto, a famosa “folla en branco”, ou tan siquera un simple “¿ti como farías?” que obrigue a poñer a imaxinación e a inventiva en marcha, alén da resolución sistemática de problemas estrictamente académicos.
A ver qué millo (e feixóns, que a flexibilidade da máquina permite mesturar as sementes) collemos, porque a tarde de onte, víspera de este xoves “das Letras Galegas” xa foi outra grata xornada de raices, familia, tradición… e esas cousas que, como saberán os lectores, trato de non esquecer.

Nota: Teñen o meu permiso expreso para falarlle de min a algún empresario que busque un alumno dos últimos anos de enxeñería, con tanta dose de creatividade como de coñecementos :) . Tamén se aceptan banqueiros e/ou capitalistas para financiar outros proxectos de maior embergadura.

Se rompe Galicia.

Os que escoiten a radio ou sigan as noticias habitualmente, entenderán por qué meu irmán e máis eu bromeamos sisetmáticamente dicindo “¿Qué, se rompe España?” cada vez que algún ten o receptor aceso. Vendo o panorama actual, de movilizacións no naval pontevedrés (outra vez), contra a planta ilegal de Reganosa en Ferrol, ou (máis modestamente) contra as autovías por Redondela e Mos, quizáis sería oportuno empezar a preguntarse si o que se rompe non será Galicia.
Coido que non debe de haber ningún concello, do Cebreiro para aquí, no que non exista unha Plataforma, un comité de afectados, ou calquera forma de movilización social contra unha empresa que contamina, unha infraestructura farónica de alto impacto ambiental, unha situación laboral inxusta, pasos a nivel anacrónicos, PXOMs sobreinteresados… Cabe preguntarse a razón de esa saturación de movilizacións cidadanas nesta terra, porque calquera que coñeza a nosa historia, saberá que non somos precisamente un pobo de carácter contestario, reivindicativo, nin tan siquera organizado e eu apunto a unha carencia grave: non temos política. Collan o diccionario e atoparán unha chea de definicións en termos de “dirixir unha comunidade” ou “asuntos da vida pública”. Iso é o que falta en Galicia: unha política que dirixa a comunidade. Semella que aquí impera unha lei do máis forte, ou no seu defecto do máis espabilado, na que intereses particulares tiran para un lado, necesidades sociales para outro, os cartos corren como unha estampida de elefantes (arrasando alí por onde pasan) e a xente, incapaz de esixirlle ós seus representantes formais e institucionais, amén de profesionais en moitos casos, recurre ás opcións últimas do estado democrático para tentar de facer valer a postura popular, por vías pouco menos que desesperadas.
Como naquela pregunta mítica sobre si foi antes un ovo ou unha galiña, apunto eu hoxe a dúbida que me asoma sobre si necesitamos primeiro unha clase política capaz de presentar (por primeira vez na historia) un plan para toda Galicia, capaz de integrar todo o noso territorio, recursos e necesidades; ou si, pola contra, a chegada da orden e a coherencia políticas só se producirá nunha sociedade que coñeza, e empregue correctamente, todos os medios que a democracia pode chegar a poñer ó seu alcance.
Mentres esa dúbida se resolve, uns seguiran a tapar con parches as tensións entre os desexos dos seus amigos (dito sexa de paso, moitas veces xenaradores de riqueza e impostos) e as necesidades dos seus votantes, mentres outros seguiremos a movernos na corda floxa da contestación, da reivindicación nos límites da orde pública.

11 de maio. Manifestacion en Redondela.

De esta volta, os preparativos da manifestación foron moito máis liosos e complicados que hai seis meses e fíxome falta a fin de semana para me recuperar. Pero non quero deixar de apuntar que a convocatoria da Plataforma Cidadá de Redondela volveu ser un éxito.
Hai que ter en conta que estivo unha tarde francamente mala, con poalla e ameazando chuvia todo o tempo, pero aínda así a resposta dos veciños foi de novo masiva, e exemplar en canto a comportamento cívico.
Non teño fotos porque eu andiven bastante atarefado como para ser reporteiro; a que sae no Faro de Vigo é bastante boa, igual que a crónica correspondente. En xeral, a prensa fixo unha cobertura bastante boa, aínda que na Voz de Galicia fixeron algo de mezclar churras con merinas (agardamos que non tarden moito en poñerse en contacto con nos para aclararlle cales son as reivindicacións Redondeláns).
Desculpen que non faga un post ben fermoso sobre o asunto, que certamente o merecería, pero a título personal, quedei un pouco saturado e quero cambiar de tercio canto antes. Ademáis a Plataforma está a traballar en novos cauces de información cos que chegar a máis xente, e como eu estou a colaborar no proxecto, prefiro volcar alí estas informacións.
Ainda así, non esquezo ter pendiente de explicarlle ós meus ilustres lectores por qué hai un movimento veciñal en Redondela contra unha autovía.

Manifestación en Redondela. 11 de Maio ás 20:30h.

Cartel.
A Plataforma Cidada de Redondela convoca unha manifestación para o venres 11 de Maio, ás 20:30h, en contra do proxecto de autovía de conexión entre a fututa A-57 e o nudo vial de Peinador.
Os non iniciados, preguntaránse de qué estou a falar. Prometo información detallada en un plazo ben breve.