Dia Europeo da Seguridade Vial.

Entérome pola Euro News, a primeira hora da mañán, que hoxe é o Día Europeo da Seguridade Vial. Cada vez parécenme máis absurdos tantos “dias de nonseiqué”, pero confiemos en que polo menos sirvan para que se fale na tele do asunto, para que nos colexios os profesores lle obliguen ós nenos a traballar sobre isto e, no fondo, para que se vaia quedando algún pouso de conciencia na sociedade.
Eu non sería tan ambicioso, ou tan ambiguo. Penso que é mellor intentar dar pequenos pasiños e concentrarse en aspectos fraccionais do problema para ilos resolvendo un a un. Empecemos polo Dia Europeo do Cinturón de Seguridade, ou pola semana, o mes, ou o ano do cinturón de seguridade; hasta que todo o mundo o use sempre. Só acadando ese obxetivo, reduciríanse as mortes en accidente de tráfico entre un 25% e 50% (ollo son cifras estimativas).
Non me enrollo máis. Si teñen vostedes algún parente, amigo, ou coñecido que non empregue sempre o cinturón de seguridade, rómpalle a cabeza (en sentido figurado) hasta que colla o costumbre. Pode que o chamen pesado, pero tamén pode que lle salve a vida; vostede elixe. Naturalmente, o autor de este blog considera que tódolos seus lectores son cidadáns exemplares, responsables e coidadosos cos seus actos, que poñen sempre o cinturón de seguridade, polo que obviarei facerlles a vostedes campaña ningunha. Teñan unha boa fin de semana, e conduzan con precaución.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2007/04/27/dia-europeo-da-seguridade-vial/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.