Polas súas conciencias.
E agora…
¡Un forte aplauso para Xosé Luis Rodriguez Zapatero e Emilio Perez Touriño!
¡Un forte aplauso para Magdalena Álvarez, ministra de Fomento!
¡Un forte aplauso para María Xosé Caride, conselleira de Obras Públicas e Política Territorial!
¡Outro para ADIF, RENFE e demáis empresas públicas e privadas con negocio nas infraestructuras de transporte!
¡Que non nos esquezan as cámaras de comercio e asociacións de empresarios e partidos políticos!
¡Un aplauso tamén para o Faro de Vigo, La Voz de Galicia e tódolos que levan anos falando do AVE e da necesidade imperiosa de construir novas grandes infraestructuras en Galicia!
Para rematar, e por petición do público (véxanse os comentarios) ¡Un aplauso tamén para todos os presidentes, ministros, directores xerales, secretarios de estado, delegados provinciales, e toda a calaña que tivo algunha vez a responsabilidade de manexar os nosos cartos e non os empregou para evitar mortes máis que previsibles e evitables!
Cada céntimo de euro que se gasta no AVE e en novas autovías e autopistas sae de uns presupostos xerais do estado que, ano tras ano, abandonan crónicamente o mantenimento e a seguridade das infraestructuras existentes. Ano tras ano siguen morrendo personas en puntos negros das estradas e en accidentes en pasos a nivel.
Eu sí cuestiono esa necesidade tan imperiosa do AVE, autovías e demáis; pero este post non vai adicado a políticas de desenvolvemento sostible ou tan siquera mínimamente racional. Vai adicado ó sentido común: o de non permitir que sigan morrendo personas en España porque se lle da prioridade á construcción de novas obras fronte a un mantenimento que é imprescindible para evitar que as xa existentes, igual de necesarias que as novas ou máis, sigan sendo unha fábrica de mortos que se podían ter evitado.
Apóstolles o que sexa a que, en menos de unha semana, sairá algún abandeirado do progreso e o crecimento económico a protestar polo retraso do AVE a Vigo, a paralización do porto exterior de Ferrol ou o algunha outra galiña dos ovos de ouro. Lémbrense entón de que os cartos que está a demandar ese tipo podían ter evitado as mortes de hoxe en Valga. Pense que por culpa de esa xente morren galegos e españoles a cotío, e que calquera día podería ser vostede.
A asunto éncheme de carraxe, e seguramente este non pasará á historia como o meu post máis brillante ou máis lindo de ler. Desculpen que non teña agora a imaxinación pendiente de enlazar os meus artigos sobre a materia de xeito creativo. Estaban apuntados para non os esquecer:
Perdonen que sexa pesado…
Att. do Excmo. Sr. Alcalde de Redondela:
Outro accidente ferroviario.
Accidente ferroviario.
Nota: No momento de apuntar esta entrada, a última información da que dsipoño nin confirma nin desminte a posibilidade de que exista unha cuarta víctima de este accidente.
De acordo en casi todo, excepto no dos aplausos. ¿Por que ían quedar sen aplausos tódolos gobernos anteriores?
Comment by Ninsesabe — April 26, 2007 @ 11:17 am
Efectivamente:
¡Un aplauso tamén para todos os presidentes, ministros, directores xerales, secretarios de estado, delegados provinciales, e toda a calaña que tivo algunha vez a responsabilidade de manexar os nosos cartos e non os empregou para evitar mortes máis que previsibles e evitables!
Comment by F. Miguez — April 26, 2007 @ 4:15 pm
Vaia, iba a decir o mismo, tendo coma tuveron o governo eterno, hasta na presidencia da Comunidade, espero que non se atrevan os do PP, a demandar o que eles non fixeron. Ou si, que o demanden, pero coma que non se vai creer.
Comment by susolista — April 26, 2007 @ 8:36 pm
A rabia seguramente aínda a tes por dentro. Non che falta razón no que dis, aínda que che falta, todos os ex- pois teñen a mesma culpa que os de agora.
Comment by spidy — April 26, 2007 @ 9:38 pm
Vou poñer o comentario que lle respondín a Ninsesabe dentro do corpo do post, porque creo que tedes moita razón e tamén teñen moita culpa os que pasaron antes, en particular eses que deixaron apodrecer Galicia durante 16 anos.
De todos xeitos, non confundir “culpa” con “responsabilidade”. Agora a responsabilidade téñena os que a teñen, e hai que esicirlles a eles.
Unha aperta a todos.
Comment by F. Miguez — April 27, 2007 @ 5:12 am
Agora si que estou totalmente de acordo contigo.
Comment by Ninsesabe — May 1, 2007 @ 10:29 am
:D
Comment by F. Miguez — May 1, 2007 @ 1:11 pm