“A túa casa é solamente túa, con sorte quizáis dos teus fillos, pero o monte e a natureza son patrimonio de todos, e en cambio ninguén parece defendelos.”
Bea. Nunha asamblea da Plataforma Cidadá Contra a Autovía por Redondela.
The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2007/04/23/o-que-ninguen-defende/trackback/
RSS feed for comments on this post.
Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>
unha verdade grande coma o monte e da natureza dos que fala.
Comment by torredebabel — April 23, 2007 @ 11:29 pm
Eso, é unha verdade increiblemente certa. A miña parexa e eu sempre nos enfadamos porque a xente quere pechar o monte, encerralo en límites de teritorio para que nadie o pise, para que nadie o toque, e parece que a xente se olvidou do que sempre foi o monte en Galicia. O monte sempre foi de todos, é a xente está a esquecelo, ainda que os primeiros en esquecelo a veces parecen ser os políticos, en realidade os primeiros somos nos por esquecelo e consentilo, que pena me dan estas cousas! que impotencia!
Comment by Amiel — April 24, 2007 @ 8:01 am
estremecedora definición para o minifundismo mental
Comment by Henrique — April 24, 2007 @ 2:57 pm
Pero en que mundo vivimos que sigue sendo preciso recordar constantemente verdades tan evidentes e obvias.
Comment by Ninsesabe — April 24, 2007 @ 3:24 pm
Bea é unha rapaza que estaba (e aínda está) na Plataforma sin facer moito ruido, pero un día cabreouse un pouco polo que todos podedes imaxinar e fixo, espontáneamente, un alegato que culminou con esa frase, que me deixou impresionado. Aquilo foi un punto de inflexión dentro da Plataforma, a partir de ahí decidiuse asambleariamente non aceptar como alternativa trazados que, aínda que non afectaran a vivendas ou propiedades, estragasen o noso entorno natural.
Amiel: a miña benvida a esta casa. Cando escribín o post do dolmen da Cabaleiros, pensaba que me alegraría moito coñecer o parecer de alguén de Tordoia. Así foi, e visitarei con atención a dirección que me mandas. Perdoa que non teña tempo a respostarche a tódolos comentarios que deixaches, pero agradézochos moitísimo. A fraga da ultima foto do post Falando da Auga, pola que me preguntas, está en Coiro, Laracha. Din con ela de casualidade perdido nun camiño.
Un saúdo a todos.
Comment by F. Miguez — April 24, 2007 @ 5:30 pm
Hai quen pensa que o que é de todos, podese destruir, porque tamén é do destruidor, O meu Tronzador, leva os árboles do xardín pra arder na lareira, porque dí, que o xardín ao ser de todos, tamén é del, e polo tanto… Saludos
Comment by susolista — April 24, 2007 @ 9:03 pm
Je je. Había hai anos unha pintada na Coruña que dicía “La calle es de todos. Destroza tu parte.” e tes razón que algúns se toman esa teoría ben en serio.
Unha aperta.
Comment by F. Miguez — April 25, 2007 @ 4:52 am
É que aquí, se nom nos tocam directamente no património particular, nom há tutia…sentido do social, abur. O que nom pode ser é que umha plataforma com intuitos pretensamente conservacionistas se convirta numha simples comissom de afectados.
Comment by tangaranho — April 25, 2007 @ 8:34 am
Bueno, honestamente, estas plataformas empezan primeiro por cousa dos afectados e o conservacionismo chega despois. Nos fumos collendo cada vez máis conciencia de que o problema era para todos, non só para os eventuais expropiados, que nun principio eran o centro do movimento. Hoxe en día, un dos lemas internos é que todos somos afectados de unha ou outra maneira.
Comment by F. Miguez — April 25, 2007 @ 1:35 pm