O dolmen de Cabaleiros.

Tordoia é un concello que visito con certa frecuencia sin ningún outro motivo que o mero gusto. Dende a primeira vez, que cheguei deixándome ir pola estrada de Cerceda a Santa Comba, tratei de sondear a información existente na rede sobre esas terras, e foi así como supen da existencia do dolmen de Cabaleiros. A partir de esa ocasión, en cada visita sucesiva, tratei de seguir a sinalización existente para dar co monumento, pero sempre sin éxito. Certamente non sería viable que existise un letreiro en cada cruce de camiños para que ninguén se perdera, pero os que tiña topado foron sempre insuficientes para guiarme, facéndome chegar á conclusión de que debía de estar nalgún lugar perdido dos montes de Tordoia accesible só a pe.

Entrada.Por todo iso, non é difícil comprender que pensara aquilo de “si chegha a ser un can trábame” o día que atopei un letreiro da Deputación a medio cair, na beira da estrada que sae dende Cabaleiros a Ordes, que tamén teño máis que rodada. A primeira impresión que tiven foi que o letreiro indicaba a entrada de unha casa particular, e logo se veu reforzada por outro sinal todavía en peor estado, achatarrado no medio de unhas silvas. A experiencia ensina a abrir a mente e moverse polo mundo buscando respostas, así que decidín cruzar a estrada para mirar con unha perspectiva máis amplia. Xireime, mirei que non viñan coches da esquerda, mirei que non viñan coches da dereita, e ó mirar o frente dinme conta de que lle estivera dando as costas ó dolmen, situado na man contraria ós letreiros.

Dolmen.

Existe un recinto, cerrado por un pequeno muriño, con altas árbores e unha herbiña rasa, dentro do cal o monumento observa cara o este cómo pasa o seu tempo milenario. Contrasta a limpeza dentro do recinto co abandono da rotulación exterior, quizáis debida á escaseza de visitas.
Atopei o Dolmen de Cabaleiros un sábado de principios de primavera, contra as tres da tarde. A sombra das árbores, o piar dos paxaros, e o silencio do rural interior foron o marco ideal para uns minutos de intimidade coas raices da miña terra. Tranquilidade, paz e historia.

Letreiro.

9 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2007/04/20/o-dolmen-de-cabaleiros/trackback/

  1. Así anda todo, que lamarmetraje. Temos un patrimonio que nos mesmos infravaloramos, desprezamos.

    Comment by Ninsesabe — April 20, 2007 @ 3:16 pm

  2. Oiga! Empezo a sospeitar que nunha destas en lugar de coincidir pola coruña atoparémonos na estrada…
    Non fai nin unha semá que eu tamén me achegei o dolmen. Pese a dificultade para atopalo e a súa situación ó carón da estrada, qué diferencia con respecto a como teñen o de Dombate!!
    Por certo, home de mundo coma é vostede non sei se coñece outra paraxe ben bonita deste concello: a fervenza. Hai unha indicación pequena na mesma estrada e logo un desvío onde ten que coller un camiño que pon vertedoiro. Tan arranxando a zona e a férveda pódese ver dende unha ponte inmunda, pero sacando as súas dotes de cabra pode coller un caminiño que hai á esquerda antes de chegar a ponte e subindo entre as silvas chegar ás rochas do medio da fervenza. Bonitiño, bonitiño. E logo pode voltar polos muiños e achegarse ó embalse… Rutas hai a centos pola zona!!!
    Bicos!!

    Comment by Iria — April 20, 2007 @ 7:26 pm

  3. Ei de apuntar outro dia o que eu considero, hoxe en día, o maior exemplo de abandono do patrimonio galego. Pero a intención de estes posts non é tanto a denuncia, que tamén, como tratar de darlle ideas ó persnoal sobre as posibilidades que ofrece a nosa terra un sábado pola tarde, alén de lobotomizarse un pouco en calquera centro comercial. Porque, por mal coidado que estea, como dice a Iria (non coñezo a fervenza, pero todo se andará), ben merece sacar un pouco as dotes de cabra que levamos dentro e explorar un pouco eses recunchos de Galicia, que nos poden ofrecer un relax e unhas experiencias estupendas e de balde. Ademáis, coa nosa visita e o noso interese, cabe agardar que algún día as institucións competentes asuman a responsbilidade que lles corresponde.

    Comment by F. Miguez — April 21, 2007 @ 1:42 pm

  4. Certamente o mal estado e abandono dos sinais contrasta coa beleza do dolmen.

    Comment by O Raposo — April 21, 2007 @ 10:22 pm

  5. Parabéns pola anotación. Era unha das que tiña en retagarda ;-)

    Outro lugar de obrigada visita no mesmo concello de Tordoia, non lonxe de Cabaleiros, é o Monolito que probablemente deu nomou a un apelido moi común na zona (Parafita, Perafita, Pedrafita). Atópase na estrada que vai cara ao Sur desde Pontepedra cara a Trazo e Compostela, nun desvío a man esquerda (cara á dereita no mapa) en Seixán:

    http://maps.google.es/maps/ms?ie=UTF8&hl=gl&msa=10&z=15&ll=43.084593,-8.550196&spn=0.016737,0.044889&t=h&om=1

    Comment by Calidonia — April 22, 2007 @ 12:08 pm

  6. Raposo: iso que dices ten máis miga do que parece. En xeral, o respeto e a tención que os galegos lle prestamos ó noso patrimonio (cultural, ambiental…) contrasta bastante co nivel que este ten.
    Pois nin coñecía a fervenza nin o Monolito, en Tordoia, e sorpréndeme que haxa comentarios con tanto coñecemento de ese concello que a min tanto me gusta. Podedes ter seguro que os visitarei en canto me cadre a andar otra vez por alí preto.
    Calidonia, lamento terme adiantado co meu post, pero iso non quita que vostede o publique de todos xeitos. Estaría ben coñecer a impresión de outra persona sobre o mesmo particular.
    Un saudo a todos.

    Comment by F. Miguez — April 23, 2007 @ 11:42 am

  7. Por desgracia esta situación de falta de respeto pola nosa cultura é unha constante que tivemos que sufrir e sufrimos os galegos. Respecto a fervenza é moi bonita, pero foi moi afectada nos incendios do verán 2006 que castigaron as nosas terras duramente. Teño un blog no que podedes atopar mais información sobre o patrimonio desta nosa terra que é Tordoia(ainda que todavía non teño por exemplo como se pode chegar a fervenza, pero mais ou menos sí para chegar o domen e se ademais os axudades con “via michelin” por exemplo ), espero que no verán entre uns cuantos terminemos unha web na que se incluirán estudios históricos un pouco mais elaborados dos que ata agora se fixeron por parte do Concello (é sin animo de rivalizar con eles, pero sí de colaborar a difundir a nosa cultura). O blog é este, espero que os sirva de axuda: http://tordoia.wordpress.com/
    E por favor, agradecería a todos de corazón que seades pulcros e respetuosos co entorno e restos arquitectónicos. Moitas gracias e perdoade o meu “castrapo”

    Comment by Amiel — April 24, 2007 @ 7:55 am

  8. Los gallegos terminareis como los catalanes odiados por el resto de españa,el idioma es importante,cada dia os vais separrando masis de spain,es una pena que os aisleis despues de tanto luchar para evitar vuestra aislanizacion cada cual tiene lo que se merece.

    Comment by Castellano — June 9, 2008 @ 11:15 am

  9. Gracias por tu comentario, Castellano, pero creo que debo darte mi punto de vista sobre lo que dices.
    1º Los prejuícios que pueda haber hacia catalanes y/o gallegos no tienen su origen en el hecho de que nos sintamos orgullosos de nuestra cultura, que no es igual a la castellana, a la andaluza ni, por poner otro ejemplo, a la tibetana.
    2º El idioma forma parte de esa cultura y como tal lo tratamos. Asumo que no sea fácil de entender para personas originarias de lugares monolingües, pero aquí hay dos idiomas. El nuestro, el que usamos para comunicarnos muchos de nosotros con nuestra familia y parte de nuestras amistades, y el castellano, lengua oficial del estado español, del cual formamos parte.
    3º Los gallego-hablantes no exigimos a personas de otras culturas que se expresen en nuestro idioma, salvo cuando quieren integrarse en este entorno, del mismo modo que un gallego habla castellano cuando se va a vivir a Segovia o a Caracas, o tendría que hablar alemán si quisiese asentarse en Berlín. No existe ninguna justificación para que se intente sostener lo contrario, y exigir a los gallegos que nos expresemos en un idioma diferente del propio.
    Un cordial saludo.

    Comment by F. Miguez — June 9, 2008 @ 12:27 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.