A mangancha.

Tódolos dias lle adico un tempiño a teorizar mentalmente sobre os factores que fan a un blog interesante para alguén máis que o seu autor, e por iso é que ultimamente estou intentando especializalo un pouquiño (non sei si se nota). Non trata este de ser un blog tecnolóxico, nin de ecoloxía, nin sobre sociedade, nin sobre Galicia, sinon un blog onde plasmar como eses catro pilares van sustentando o meu pensamento. Por iso moitas veces non aparecen aquí reflexións sobre cuestións ou noticias que soen ter bastante eco en moitos blogues.
Hai dúas novas que pesan moitísimo nos informativos de hoxe á hora da bocadillo, e que seguramente cumplirán esa tendencia: o tiroteo na Universidade de Virxinia (EE.UU.) e a mangancha das papeletas en Melilla (España).
Fíxense que na primeira noticia puxen tiroteo e fíxeno deliberadamente, porque outros sustantivos máis espectaculares e sanguinolentos xa van quedar gastados para unha temporada polos efectistas profesionais (excepto os de Antena3 TV, que os renovan a diario). Os que vimos Bowling For Columbine, quedounos confirmada a opinión que tiñamos acerca dos motivos polos que un país aparentemente avanzado protagoniza, cada certo tempo, algún episodio de estes. Alén de iso, a humanidade e a conciencia sempre se resinten cando algo de isto acontece.
Tal vez por ese peso das nosas conciencias, esa clase de noticias sempre ensombrecen a outras que poderíamos calificar de máis cómicas ou folklóricas, porque parecen sacadas de un guión escrito para Miro Pereira en Pratos Combinados. De moita risa, iso de unha imprenta que falsifica impresos de voto por correo “para axilizar os trámites” por encargo de un partido, si non fora porque o motivo de mofa é a credibilidade do sistema democrático, probablemente o soño oculto máis covizoso da clase política española. A pequenos pasos, consiguen que os cidadáns vaiamos colléndolle noxo á partidocracia e lle deamos as costas ó panorama político, e ese é o grande logro: a indiferencia. Sabedores de que non está prevista, nin na constitución nin de ningún outro xeito, a posibilidade de anular a representatividade dos partidos sin anular implícitamente a democracia en sí mesma, o cal sería aínda peor, cada cidadán que se asquea e desconecta da política supon un control menos, unha nova opoprtunidade para esa casta viciada e corrupta, que está apoderada da nosa democracia, para campar ás súas anchas, facer e desfacer, partir e repartir… porque sí, admirados meus, xa dicía Enrique Lopez Veiga (disque tamén Zaplana, pero en primeira persona) que algunha xente está en política para enriquecerse, e outros porque ser ladrón é delito, engado eu.
Polo demáis, dixo Zapatero que 2006 foi o mellor ano económico da democracia. Neste enlace teñen unhas imaxes das celebracións desa noticia onte, en Cadiz.

5 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2007/04/17/a-mangancha/trackback/

  1. Neste pais é mais importante condenar un delito, ca facelo. Pero tamén depende do que haxa qie condenar. Por exemplo, condenar o Fasciosm o e os crimes dos fascistas españoles durante corenta anos, non se lle esixe a ningún partido pra non ilegalizalo, pero, como a democracia son eses precisamente, todo o que se meta con eles é antidemócrata, ou como eles din ahora “golpista”, hai que foderse, que pouca verghonza teñen.

    Comment by susolista — April 17, 2007 @ 10:13 pm

  2. desgraciadamente eu cada día estou máis asombrado dos políticos que queren representar este país. Como ben dis, “a indiferencia” é o gran logro, por eso creo que non debo caer nela, porque os grandes logros rematan en grandes fracasos …

    Comment by spidy — April 17, 2007 @ 11:15 pm

  3. Cando escribin “non está prevista … a posibilidade de anular a representatividade dos partidos sin anular implícitamente a democracia en sí mesma” dinme conta de que, sin querelo, abrira unha fronte hacia a lei de partidos, e empecei a tirar por ahí. Pero é unha esterqueira tan grande que tiven que borrar todo para non despistar do que máis quería dicir, precisamente a lectura que fai spidy: non podemos cair na indiferencia hacia a política, hay que participar e esixir. Polo demáis, esa lei de partidos é precisamente unha perversión e unha obscenidade dende o momento que é unha lei ad hoc. Ningún inconveniente en que a democracia se protexa dos elementos que tentan de destruila, pero en España os inimigos da democracia foron sempre os que son, e contra eses ninguén se atreve a aplicarlle lei de partidos ningunha.

    Comment by F. Miguez — April 18, 2007 @ 5:47 am

  4. Claro, clarísimo. Iso é o que buscan. Pero eu xa estou moi avisado. Tardei moito en poder votar, e agora, por moito que se empeñen, non vou deixar de facelo. E sei moi ben a quen non.

    Comment by Ninsesabe — April 18, 2007 @ 12:16 pm

  5. A min moito me entristece ter que votar por eliminación, a base de ir descartando opcións.

    Comment by F. Miguez — April 19, 2007 @ 5:15 am

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.