Incendio na refinería da Coruña.

Foron un par de días complexos, pero quero apuntar, antes de que me esqueza definitivamente, que me enterei o outro día, pola TVG, de que hubera un incendio na refinería que ten Repsol na Coruña.
Os que sexan lectores habituales de este blog, xa saberán que este tipo de incidentes inducen unha conclusión recurrente do autor:
Si unha tecnoloxía con século e medio de historia como a do petróleo, sigue a padecer accidentes por neglixencia, abandono, ou simplemente por cinrcunstancias imponderables (dito sexa de paso que a refinería da Coruña está considerada un referente en materia de siguradade laboral) ¿Ten sentido pensar que, de conferirlle á enexía nuclear o peso que hoxe soporta o petróleo, nunca vai acontecer ningún incidente do que nos arrepintamos durante séculos? ¿Imaxinan as consecuencias de un só accidente da magnitude do que padecera o Prestige, no ámbito da enerxía nuclear?
Anticípome ós que crean que me opoño ó progreso, ou a aqueles que teñen máis fé ca min na ciencia e a tecnoloxía: Francia xenera unha parte importantísima da enerxía que consume con reactores nucleares, ós que non se lle coñece incidencia grave algunha (e cuios residuos roemos en España). ¿Quén ten o valor de dicir que ten fe en que sigan ese mesmo palmarés as centrais que se instalen en algúns países que todos sabemos, e mellor non nombrar por respeto? Eu non.