Máis sobre a sinistralidade na Semana Santa.

Este é o informe da DGT sobre a campaña de Semana Santa.
Hai unha chea de estadísticas sobre accidentes por tipo de vía, titularidade da vía, tipo de vehículo, series temporales… Pero hai un dato moi interesante:

“El 38% de las víctimas mortales se ha registrado en accidentes en los que la velocidad era uno de los factores concurrentes”

A velocidade estivo presente, sin ser a única causa, en pouco máis de un tercio dos mortos nestas vacacións. A palabra alcohol non aparece mencionada nin unha soa vez en todo o informe.
Si a velocidade matou a un tercio dos viaxeiros (vamos a pasar por alto que ser “uno de los factores concurrentes” non é o mesmo que “ser a causa do accidente”) e do alcohol nin se fala… ¿Cal foi a causa dos dous tercios dos mortos restantes? ¿Sónalles a vostedes algunha outra causa nas campañas recientes de tráfico? Ah sí, o cinturón:

“El 27 % de los muertos en turismos no utilizaba el cinturón.”

Dato que se ofrece sin especificar cantos de esa porcentaxe teñen tamén a velocidade como factor concurrente. O 27 % son bastante menos dos que eu tiña entendido, que rondaba o 45-50 %, pero hai que lembrar que non levar posto o cinturón de seguridade é causa de morte en accidente (por iso hai que poñelo sempre), non causa de accidente. Así que a pregunta queda no aire, e sin retrancas: Si a velocidade está presente nun tercio dos mortos, e do alcohol non se fala… ¿Cal é a causa dos 66 mortos restantes? ¿De qué sirven os radares e o “si quieres correr haz footing” neses casos sin explicar, que son maioría? Volvo ó dito estes días: si vostede e máis eu non coñecemos a resposta a esa pregunta, non andamos seguros pola estrada. A educación para a seguridade vial empeza por coñecer a verdadeira causa das mortes, e a actual DGT non fala máis que de un tercio do problema.
Por certo, si se toman a molestia de botarlle unha ollada ó informe, na última páxina recórdanos que dende que entrou en vigor o carné por puntos hubo 350 mortos menos, para que non se diga que a DGT o fai todo mal, supoño.

4 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2007/04/12/mais-sobre-a-sinistralidade-na-semana-santa/trackback/

  1. Querido amigo:

    Lo que nunca diran las estadísticas (a propósito: Un amigo dice que, hay mentiras pequeñas, mentiras grandes y estadísticas) es que la gran mayoría de los/as que conducen, no tienen puta idea de circulación, automóviles, motos, bicicletas y demás artefactos que se mueven por las carreteras y calles. Con unos días de práctica y algo de teórica ya tienes tu licencia para matar, y eso matar o matarse, está inscrito en los genes del individuo.
    Ya empiezo a pensar: si conducir, ¿no será hacer la guerra de otra manera?

    Comment by ártabro — April 13, 2007 @ 1:24 pm

  2. Alguén dicía unha vez na miña parroquia que cando a Franco lle empezou a medrar a población española, plantexouse se facer outra guerra civil ou facer os coches asequibles á xente…
    No da formación, moito máis que de acordo. A medio plazo, porque quero facelo ben, estou a pensar nun post que debería poñer en evidencia algunhas cousas.
    Un placer velo de novo por aquí.

    Comment by F. Miguez — April 14, 2007 @ 3:03 am

  3. Os Yankis teñen a ANR de Charlton Heston, aquí hai a ANC (Asociacion nacional do coche), haber quen se atreve a criminalizala

    Comment by susolista — April 15, 2007 @ 5:58 pm

  4. Non sei si haberá que criminalizala, pero dende logo que hai que evitar que siga causando mortos… e outros “trastornos”.

    Comment by F. Miguez — April 16, 2007 @ 11:14 am

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.