Máis sobre a sinistralidade na Semana Santa.

Este é o informe da DGT sobre a campaña de Semana Santa.
Hai unha chea de estadísticas sobre accidentes por tipo de vía, titularidade da vía, tipo de vehículo, series temporales… Pero hai un dato moi interesante:

“El 38% de las víctimas mortales se ha registrado en accidentes en los que la velocidad era uno de los factores concurrentes”

A velocidade estivo presente, sin ser a única causa, en pouco máis de un tercio dos mortos nestas vacacións. A palabra alcohol non aparece mencionada nin unha soa vez en todo o informe.
Si a velocidade matou a un tercio dos viaxeiros (vamos a pasar por alto que ser “uno de los factores concurrentes” non é o mesmo que “ser a causa do accidente”) e do alcohol nin se fala… ¿Cal foi a causa dos dous tercios dos mortos restantes? ¿Sónalles a vostedes algunha outra causa nas campañas recientes de tráfico? Ah sí, o cinturón:

“El 27 % de los muertos en turismos no utilizaba el cinturón.”

Dato que se ofrece sin especificar cantos de esa porcentaxe teñen tamén a velocidade como factor concurrente. O 27 % son bastante menos dos que eu tiña entendido, que rondaba o 45-50 %, pero hai que lembrar que non levar posto o cinturón de seguridade é causa de morte en accidente (por iso hai que poñelo sempre), non causa de accidente. Así que a pregunta queda no aire, e sin retrancas: Si a velocidade está presente nun tercio dos mortos, e do alcohol non se fala… ¿Cal é a causa dos 66 mortos restantes? ¿De qué sirven os radares e o “si quieres correr haz footing” neses casos sin explicar, que son maioría? Volvo ó dito estes días: si vostede e máis eu non coñecemos a resposta a esa pregunta, non andamos seguros pola estrada. A educación para a seguridade vial empeza por coñecer a verdadeira causa das mortes, e a actual DGT non fala máis que de un tercio do problema.
Por certo, si se toman a molestia de botarlle unha ollada ó informe, na última páxina recórdanos que dende que entrou en vigor o carné por puntos hubo 350 mortos menos, para que non se diga que a DGT o fai todo mal, supoño.