Pere Navarro debe dimitir (II).

Non me gusta andar explicándome, dame a sensación de ser un entrenador de fútbol dun equipo perdedor, pero algún comentario feito dentro e fora de este blog fanme pensar que o post “Pere Navarro debe dimitir” non se interpretou correctamente.
Por iso aclaro: como dice a propaganda, Pere Navarro non pode conducir por nos. Non é culpa de Pere Navarro que os coches saian fora das estradas, choquen entre sí, ou atropellen peatóns. Son consciente de iso, e non creo telo ninsiquera suxerido en ningún momento.
O que dixen, e sosteño, é que ese señor ocupa un cargo público polo que percibe, naturalmente, un salario. Ademáis, xestiona uns recursos económicos (que pagamos entre todos), administrativos, e legais, cos que intentar reducir a sinistralidade nas estradas españolas. Na súa xestión, apostou por invertir eses recursos nunha estratexia que non está dando uns resultados en proporción ó gasto nin á repercusión mediática e social que está a ter. Por iso, dixen e soteño que Pere Navarro debe dimitir e deixar o seu cargo (co seu salario e os seus recursos) a disposición de unha persona menos dada a salir na televisión e máis coñecedora da realidade do transporte, da automoción e dos conductores.
Este post solo é unha aclaración. Xa levo tempo intentando achegar o meu minúsculo gran de area CONSTRUCTIVO á cuestión da seguridade vial, e penso seguir facéndoo, sin cargo oficial, sueldo, nin recursos públicos.

4 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2007/04/11/pere-navarro-debe-dimitir-ii/trackback/

  1. Entendo perfectamente o que dis, e pode ser que teña que dimitir, non digo que non. Pero entre as posibilidades dese home non está a de mellorar as redes viarias no tocante a eliminar puntos negros, señalización etec. ¿Non? Pregunto sen ironía, pois non sei ben, e vexo que ti si, as competencias da Dirección Xeral de Tráfico.
    Eu opino que a dimisión dese home non solucionará o problema, independentemente de que deba ou non dimitir. Sigo pensando que hai un factor principal na causa de tanto accidente, e outros que axudan. O principal é, na miña opinión, a irresponsabilidade dos conductores, e non vexo outra solución que educación viaria dende pequechos. As outras que axudan teñen que ver coa sinalización inadecuada, o mal estado das estradas (sobre todo das secundarias), etc.
    Pero penso que si, por exemplo, todo o mundo tivese a sensibilización que ti mostras pola circulación viaria, os accidentes de tráfico deixarían de ser un problema gravísimo. Por eso insisto: educación, educación, educación…Sen deixar de lado ningunha outra cousa.
    Perdoa polo “rollo”.

    Comment by Ninsesabe — April 11, 2007 @ 3:20 pm

  2. Estou con Ninsesabe. Oxalá todo o mundo tivese a túa preocupación por este tema, iso si que axudaría. Apertas varias, dimita o Pepe ou non ;)

    Comment by A do outro lado — April 11, 2007 @ 5:13 pm

  3. Desde que este home chegou á DGT o que está a facer baséase en perseguir e castigar ao infractor nomeadamente ao que se excede da velocidade máxima autorizada a base de campañas publicitarias millonarias. E anque posiblemente conseguise que a velocidade media en autoestradas se reducise, el mesmo deunos a entender que a súa política fracasou a base de cifras de falecidos. Algo falla na DGT, ou non?

    Comment by opaco — April 11, 2007 @ 8:22 pm

  4. Vexo que desta me expliqeui mellor. :)
    As compentencias da DGT telas nesta páxina:
    http://www.dgt.es/la_dgt/funciones/regimen_competencial.htm e sí dice algo sobre “mejora de la seguridad vial en las vías donde la Dirección General de Tráfico ejerce las citadas competencias”. O que pasa é que a execución das obras depende do Ministerio de Fomento ou da administración autonómica/provincial pertinente.
    Respecto da responsabilidade dos conductores, deixando de lado as actitudes evidentemente incívicas, a ensinanza das autoescolas está moi regulada, e nela, o referente a tecnicas de conducción e seguridade na conducción (non na circulación) non pasa de uns escasos comentarios teóricos. Moi escasos. Polo demáis, quizáis un pouco máis de curiosidade, de ganas de ganas de saber, non viña mal.
    Ninsesabe, de rollo nada, os comentarios están para que todos poidades apuntar, para non o esquecer.

    Comment by F. Miguez — April 12, 2007 @ 5:30 am

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.