Pere Navarro debe dimitir (II).
Non me gusta andar explicándome, dame a sensación de ser un entrenador de fútbol dun equipo perdedor, pero algún comentario feito dentro e fora de este blog fanme pensar que o post “Pere Navarro debe dimitir” non se interpretou correctamente.
Por iso aclaro: como dice a propaganda, Pere Navarro non pode conducir por nos. Non é culpa de Pere Navarro que os coches saian fora das estradas, choquen entre sí, ou atropellen peatóns. Son consciente de iso, e non creo telo ninsiquera suxerido en ningún momento.
O que dixen, e sosteño, é que ese señor ocupa un cargo público polo que percibe, naturalmente, un salario. Ademáis, xestiona uns recursos económicos (que pagamos entre todos), administrativos, e legais, cos que intentar reducir a sinistralidade nas estradas españolas. Na súa xestión, apostou por invertir eses recursos nunha estratexia que non está dando uns resultados en proporción ó gasto nin á repercusión mediática e social que está a ter. Por iso, dixen e soteño que Pere Navarro debe dimitir e deixar o seu cargo (co seu salario e os seus recursos) a disposición de unha persona menos dada a salir na televisión e máis coñecedora da realidade do transporte, da automoción e dos conductores.
Este post solo é unha aclaración. Xa levo tempo intentando achegar o meu minúsculo gran de area CONSTRUCTIVO á cuestión da seguridade vial, e penso seguir facéndoo, sin cargo oficial, sueldo, nin recursos públicos.