Pere Navarro debe dimitir.

Van 102 mortos en accidentes de tráfico esta Semana Santa. Non sei si contarán os que morran aínda este Luns de Pascua, festivo tamén en algúns lugares, pero xa son mortos abondo para poder dicir que non hai unha diferencia significativa co ano pasado (104 mortos).
Por iso, o señor Pere Navarro, empeñado en acusar e incluso criminalizar ós conductores españoles durante toda a súa xestión, debe abandonar o seu cargo e ser sustituído por unha persona menos déspota, menos amiga da man dura encuberta e máis coñecedora da realidade do tráfico, a conducción e os accidentes.
Antes de comenzar as vacacións, dixo que si nesta volta non se baixaba dos 100 mortos, algo estaba fallando. Temos carné por puntos, temos campañas de persuasión e disuasión, temos radares fixos e móviles, temos o tema da seguridade vial tódolos días nos medios de comunicación… temos todo o que pediu o señor Navarro, e os mortos siguen sendo máis de 100 na Semana Santa. Pere Navarro é o que está fallando; que se vaia e lle deixelle o sitio a alguén con ideas constructivas.

8 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2007/04/09/pere-navarro-debe-dimitir/trackback/

  1. Pois síntoo moito, pero a culpa dos accidentes é nosa, polo menos na maioría dos casos. E a forma de que non conduzamos bébedos e de que respetemos o límite de velocidade e as distancias só pode cumprirse pola vía represora, é dicir, multas e multas.

    É un tema que me preocupa moito, xa que morreu moita xente á que non lle tocaba. Pero andando polas estradas calquera día pódense ver aberracións e condutores suicidas que andan, ou andamos, xogando co lume. Dalgún xeito temos que frear a sangría.

    Comment by A do outro lado — April 9, 2007 @ 7:26 pm

  2. Eu tampouco o teño tan claro coma ti. Acepto que hai que mellorar as estructuras viarias, a sinalización e todo o que queiras. Pero concordo bastante coa opinión de A do outro lado.
    Sejuramente o que está fallando é a educación viaria dende pequeniños. Dijo eu. ¿Ou non?

    Comment by Ninsesabe — April 9, 2007 @ 8:41 pm

  3. Eu tamén concordo con A do outro lado e con Ninsesabe, a responsabilidade última é d@s conductor@s. En canto á Educación viaria eu coido que é moi precaria na actualidade e coma toda obra ben feita hai que empezar desde abaixo pol@s máis pequen@s.
    Por certo un gusto pasear por aquí.

    Unha aperta.
    ;)

    Comment by Marinha de Allegue — April 9, 2007 @ 9:22 pm

  4. Tou recem chegado a casa depois de fazer mais de 2000 km em 6 días e 103 semelham poucos mortos com a cantidade de anormais que andam soltos polas estradas.
    O que hai que começar a fazer é castigar com dureza a todos os cafres do volante!

    Da exactamente igual o que faga a DGT, a responsabilidade é do que conduze.

    Comment by W. Sobchak — April 9, 2007 @ 9:42 pm

  5. A educación viaria é inexistente. Claro que a responsabilidade última é do conductor, pero: firmes en mal estado, mala sinalización, vehículos mal conservados, pouca cultura automovilística inflúen e moito.
    E o Navarro non dimite nin cheo de viño… a ver que nos conta agora.

    Comment by opaco — April 9, 2007 @ 9:53 pm

  6. ¡Que gusto tantos comentarios debatindo!
    Concordamos en que a responsabilidade última está sempre en mans do conductor, e en que a educación debe ser a ferramenta que permita exercer esa responsabilidade correctamente, incluso concordamos que hai certas actitudes que deben ser reprimidas en beneficio de todos. Supoño que tamén concordaremos que vivimos nun pais cuias estradas teñen un certo aire terceiromundista, abandonadas por completo no seu mantenemento e na súa mellora.
    Tal vez poidamos diferir en que a miña idea de “educación vial” non é tanto dicir “a 150 non se salva ninguén” (que ten tanto de verdade como dicir “a 80 non se salva ninguén”) sinon explicarlle ós conductores cómo se leva un coche a 150 Km/h sin matarse, que no estado actual da tecnoloxía non ten dificultade ningunha.
    Respecto ó Sr. Navarro, insisto en que leva tres anos de protagonismo mediático coas súas medidas e o resultado xa o estamos a ver: nulo. Sinal de que a súa xestión non é eficaz.
    Moi agradecido a todos pola visita, os comentarios, e os cumplidos.

    Comment by F. Miguez — April 10, 2007 @ 5:17 am

  7. F. Miguez,

    | A metade dos mortos da Semana Santa non levaban o cinto. Iso non é culpa de Navarro.
    | As carreiras que se fan de madrugada en distintos puntos da cidade da Coruña as fins de semana (non sei se se fan noutras cidades) non son culpa de Navarro.
    | Matarse a 200 coma o fixo un rapaz en Betanzos hai un tempo non é culpa de Navarro.
    | Matarse sendo menor de idade e matar á túa nai coma sucedeu no Salnés non é culpa de Navarro.
    | Dicir que é o mesmo “a 150 non se salva ninguén” ca “a 80 non se salva ninguén” é unha falacia. E o “suposto control” e a nula “dificultade” que ten ir a esas velocidades tamén. Prefiro a un “novato” que vai a 80 á un “experto que controla perfectamente a súa máquina” a 150. Desconfío totalmente da xente “Eu conduzo moi ben e controlo perfectamente esas velocidades”. Sintóo moito, pero non o cres nin ti. Esta mentalidade é o problema.
    | NON se pode explicarlle a ninguén cómo se conduce un coche a 150 sinxelamente porque está PROHIBIDO ir a esa velocidade, por moito que controles, non podes ir a esas velocidades.
    | O problema é que hai moito descerebrado por ahí. O problema é que vivimos nunha sociedade na que o coche e a velocidade son signos de distinción e estatus. Se non somos quen de entender isto, imos ter mortos para rato.

    Comment by Oskiña — April 10, 2007 @ 3:28 pm

  8. Benquerido Oskiña:
    Por partes. Os catro primeiros puntos non son culpa de Navarro, nin ningún si me apuras. A responsabilidade de Navarro era que algo tivese cambiado nos tres anos que leva de xestión, e as estadísticas de esta Semana Santa, mesmo os casos que tí expós demostran que non o conseguiu, logo manteño que Pere Navarro non está seguindo o camiño correcto.
    Non vamos a entrar a discutir o que eu creo ou deixo de crer, pero direiche os “crash test” dos coches son a 60Km/h, e hai poucos anos que a maioría dos vehículos do mercado garanten a seguridade dos ocupantes a esa velocidade.
    Terceiro, e coa ciencia na man, dígoche que para a maioría dos turismos actuais, a única diferencia entre 120 e 150 está na mentalidade do lexislador. Non é unha cuestión de “eu controlo”; os coches son os mesmos, e as leis da física son as mesmas, para as dúas velocidades. O problema está en que ninguén lles explica ós conductores, xa non as leis da física, sinon o uso correcto dos recursos dun vehículo, empezando polo acelerador e o freo.
    Un descerebrado, é descerebrado a 200 e é descerebrado a 50. Non fai falta infrinxir un límite de velocidade para poñer en perigo ós demáis usuarios da vía (o que faga cada un coa súa vida é asunto seu), e ahí está unha das grandes eivas da política de Pere Navarro: aínda aceptando como mera hipótesis que superar os límites de velocidade é perigoso, en tres anos de Navarro, nun hubo nin unha sola palabra sobre “respetar os pasos de peatóns”, “respetar as preferencias nas interseccións”, “mirar ben cara os dous lados antes de incorporarse”, “adiantar so en lugares de visibilidade axeitada” ou “non entorpecer o tráfico con velocidades anormalmente reducidas ou actitudes despistadas”. Todo radares e alcoholemia.
    Esa clase de cousas son a diferencia entre “eu controlo” e “eu conduzo ben” (póñoo entre comillas por que é unha cita, non unha afirmación en primeira persona).
    Un saúdo, Oskiña, e aínda que como ves non estea plenamente de acordo co que dis, agradézoche moito o teu comentario.

    Comment by F. Miguez — April 11, 2007 @ 5:19 am

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.