Mesa redonda en Corme.

Onte foi un día bastante orixinal, pola mañán chamáronme da Radio Galega para que explicara o contido de unha nota que, dende a Plataforma Cidadá de Redondela, lle íamos entregar ó noso alcalde, para que apunte e non esqueza que o medio de transporte terrestre máis seguro é o ferrocarril e non o transporte por estrada. Coido que a nota ten certo interese, e colgareina aquí en días próximos.
Nunca me fixeran unha entrevista nun medio de comunicación, nin nunca participara de ponente nunha mesa redonda. Cando, o martes, lin a invitación que me facía Suso Lista a participar nunha que organizaban na cofradía de pescadores de Corme, quedei un pouco abraiado. Para un que non está acostumbrado, coma min, é un orgullo que alguén queira escoitar o que teño para dicir. A mesa redonda, estaba incluída no programa de unha semana cultural organizada en Corme que, de quedarme máis cerca, tería seguido de cabo a rabo polo seu interese.
Despois de unha viaxe de varias horas, volvendo perderme en Santiago na procura da saída cara Santa Comba (¡incrible, por dous días non aconetce xusto na mesma data!), cheguei a Corme e coñecín a Suso Lista, un home hiperactivo que debe ser ben querido na súa terra. A outra persona que interviu na mesa redonda foi o biólogo Juan Freire, cuio blog sigo, casualmente, dende hai unhas semanas. Él expuxo ideas relacionadas coa historia, a tradición e a actividade pesqueira e marisqueira, sector no que traballa e que coñece a fondo. Tamén tratou de explicar a importancia que a comercialización ten dentro da cadea de valor, con vistas á inplantación de un sistema de subasta en tempo real, via internet, na lonxa de Corme.
A miña intervención foi un pouco menos específica, e tratei de deixar ben claro que o desenvolvemento sostible non é un idealismo romántico, como parecen outras vertentes do ecoloxismo, senon unha necesidade práctica tan seria como garantir as posibilidades de substencia no futuro. Expliquei que a única maneira de lograr un desenvolvemento sostible do planeta é empezar polas actividades locais, aquel “pensa globalmente, actúa globalmente“, e tamén tratei de ilustrar, con algún exemplo, que a sostenibilidade pode chegar a ser unha compoñente moi lucrativa, icluso a corto plazo, en calquera iniciativa económica que se emprenda hoxe en día.
O público, de idades variadas, e un pouco escaso dende o punto de vista de Suso Lista (para un novato coma min era abondo), estivo bastante atento, e participou na mesa con preguntas e observacións nas que predominaron dúas preocupacións: a influencia negativa de algúns aspectos idiosincráticos do galego, e o papel que xoga o estamento político no desenvolvemento económico en xeral, e no sostible en particular.
Foi todo un pouco precipitado, e non me deu tempo a preparar a miña intervención como tería desexado, pero coido que os puntos que tratei deixeinos máis ou menos claros.
Terminamos contra as oito da tarde, despedíndome de Suso, Freire, e outras personas alí presentes que quedamos mantendo unha pequna charla informal. Espero que a experiencia fose igual de interesante para os demáis que para min.
Saín de Corme desexando voltar pronto.

Nota: algún “bonus” en www.corme.net.

7 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2007/04/05/p248/trackback/

  1. Non me digas como cheguei a este blog … O certo é que é moi interesante, e mira ti por onde atopo unha noticia da miña bisbarra.

    Por si che interesa (non sei se xa a tes), mándoche un blog de puta madre … http://susolista.blogspot.com/

    Recoñécelo ???

    Ata logo …

    Comment by Spidy — April 7, 2007 @ 9:17 am

  2. Parece que Corme empeza a dinamizarse algo; Suso está movendo as cousas. Alégrome que estiveses a gusto na miña terra.Eu non puden ir…

    Comment by Ninsesabe — April 8, 2007 @ 9:33 am

  3. Venbido a esta casa, Spidy, e gracias. Sí, xa coñecía o blog de Suso Lista :D .
    Para min, unha ledicia que o blog me sirva de ponte con xente de Bergantiños e a Costa da Morte, porque son unhas terras que adoro e nas que me gustaría vivir (de feito, unha das fotos da cabeceira de este blog, a do tractor labrando, está tomada en Zas).

    Comment by F. Miguez — April 9, 2007 @ 2:51 pm

  4. Retomo hoxe a escrita, despois de unhas pequenas vacacións blogueras, e agradezoche moito a tua participación na Mesa Redonda. Espero contar contigo pra outras cousas que se organicen desde aquí, e estuven encantado con coñecerte personalmente. Xa sabes que tes unha casa cando queiras vir a Corme, ainda que te perdas por Santiago. Pero pra próxima xa sabes que é por donde estaba a Rua das Putas, todo seghido.

    Comment by susolista — April 9, 2007 @ 4:47 pm

  5. Será un placer voltar por Corme, Suso.

    Comment by F. Miguez — April 10, 2007 @ 4:46 am

  6. Levo tempo sen deixar pegada polos comentarios pero non esquezo espiar o teu blog…
    Fillo, avisa dos teus actos públicos porque ese día andiven pertiño de Corme e podía acercarme que teño ganas de escoitar o teu descurso (xa gostaba das tuas ideas deslabazadas no pupitre do colexio).
    Eu sempre gostei da Costa da Morte e agora tanme ensinando a namorarme de Bergantiños (onte fun ver dúas férvedas preciosas, non podes perdelas!), a ver se nuns anos acabamos de viciños e todo!!!
    Biquiños

    Comment by Iria — April 10, 2007 @ 2:19 pm

  7. Si tivese sabido, abofé que a tería avisado, porqe nin polos blogues nin por ningueres hai maneira de saber de vostede.
    Bicos.

    Comment by F. Miguez — April 11, 2007 @ 10:32 am

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.