Mesa redonda en Corme.

Onte foi un día bastante orixinal, pola mañán chamáronme da Radio Galega para que explicara o contido de unha nota que, dende a Plataforma Cidadá de Redondela, lle íamos entregar ó noso alcalde, para que apunte e non esqueza que o medio de transporte terrestre máis seguro é o ferrocarril e non o transporte por estrada. Coido que a nota ten certo interese, e colgareina aquí en días próximos.
Nunca me fixeran unha entrevista nun medio de comunicación, nin nunca participara de ponente nunha mesa redonda. Cando, o martes, lin a invitación que me facía Suso Lista a participar nunha que organizaban na cofradía de pescadores de Corme, quedei un pouco abraiado. Para un que non está acostumbrado, coma min, é un orgullo que alguén queira escoitar o que teño para dicir. A mesa redonda, estaba incluída no programa de unha semana cultural organizada en Corme que, de quedarme máis cerca, tería seguido de cabo a rabo polo seu interese.
Despois de unha viaxe de varias horas, volvendo perderme en Santiago na procura da saída cara Santa Comba (¡incrible, por dous días non aconetce xusto na mesma data!), cheguei a Corme e coñecín a Suso Lista, un home hiperactivo que debe ser ben querido na súa terra. A outra persona que interviu na mesa redonda foi o biólogo Juan Freire, cuio blog sigo, casualmente, dende hai unhas semanas. Él expuxo ideas relacionadas coa historia, a tradición e a actividade pesqueira e marisqueira, sector no que traballa e que coñece a fondo. Tamén tratou de explicar a importancia que a comercialización ten dentro da cadea de valor, con vistas á inplantación de un sistema de subasta en tempo real, via internet, na lonxa de Corme.
A miña intervención foi un pouco menos específica, e tratei de deixar ben claro que o desenvolvemento sostible non é un idealismo romántico, como parecen outras vertentes do ecoloxismo, senon unha necesidade práctica tan seria como garantir as posibilidades de substencia no futuro. Expliquei que a única maneira de lograr un desenvolvemento sostible do planeta é empezar polas actividades locais, aquel “pensa globalmente, actúa globalmente“, e tamén tratei de ilustrar, con algún exemplo, que a sostenibilidade pode chegar a ser unha compoñente moi lucrativa, icluso a corto plazo, en calquera iniciativa económica que se emprenda hoxe en día.
O público, de idades variadas, e un pouco escaso dende o punto de vista de Suso Lista (para un novato coma min era abondo), estivo bastante atento, e participou na mesa con preguntas e observacións nas que predominaron dúas preocupacións: a influencia negativa de algúns aspectos idiosincráticos do galego, e o papel que xoga o estamento político no desenvolvemento económico en xeral, e no sostible en particular.
Foi todo un pouco precipitado, e non me deu tempo a preparar a miña intervención como tería desexado, pero coido que os puntos que tratei deixeinos máis ou menos claros.
Terminamos contra as oito da tarde, despedíndome de Suso, Freire, e outras personas alí presentes que quedamos mantendo unha pequna charla informal. Espero que a experiencia fose igual de interesante para os demáis que para min.
Saín de Corme desexando voltar pronto.

Nota: algún “bonus” en www.corme.net.