Empezamos morrendo demasiados.
Igual é un título demasiado distendido para unha cuestión tan seria. A primeira fin de semana de estas vacacións morreron 34 personas en accidentes de tráfico. Onte pola tarde, escoitei na radio a unha persoa que se acreditaba como instructor de conducción segura (non oín a súa presentación), que básicamente puxo a feder a Pere Navarro e a filosofía coa que está a gobernar a DGT. Eu suscribiría prácticamente todo o que dixo, extraíndo fundamentalmente catro ideas (non hai comillas porque non é unha transcripción literal):
-A DGT minte sobre as causas dos accidentes. Nas estadísticas formais, o “exceso de velocidade” non aparece apenas como causa de accidente pero logo, nos informes que publican, utilizan o concepto ambíguo de “velocidade inadecuada” no que se ocultan moitas veces outras causas. Esa velocidade inadecuada, aínda de existir como causa de sinistros, é intanxible; os radares só detectan e multan os que cirulen por enriba da velocidade permitida, pero non poden discernir si esa velocidade é a adecuada ou non.
- A maioría das personas obteñen o seu carné de conducir sin teren feito nin un só adiantamento durante a súa aprendizaxe. Á hora da verdade, sin ninguén cualificado ó seu lado que lle explique, os conductores teñen que aprender a calcular as distancias, as velocidades, a resposta do motor e demáis factores por sí sós. Si unha persona sufre un accidente por un adiantamento mal calculado, a DGT colocaráo na estadística de exceso de velocidade ou velocidade inadecuada. Evidentemente, hai que aumentar a velocidade para facer un adiantamento, pero esa non é a causa do accidente.
- Hoxe en día, ceñíndose ás própias estadísticas de Tráfico, as distraccións están presentes na gran maioría dos accidentes. As saídas da calzada e alcances prodúcense en moitos casos por falta de atención, e non por circular a unha velocidade á que un vehículo perde a estabilidade. Precisamente, as velocidades reducidas e a cirulación pesada que provoca o exceso de celo nas limitacións, provocan que a atención dos conductores nas súas accións vaia esmorecendo.
- As campañas de tráfico, tanto as publiciatrias como as policiais, estánse empeñando en criminalizar ós conductores. Parece como si o que se mata nun accidente de tráfico o fixera a propósito, ou por facerlle mal a alguén. Un non pretende sobrevivir nas estradas para ter contenta á DGT, ou para non perder os puntos.
Como dixen, suscribo estas afirmacións plenamente. Mesmo debo recoñecer que experimentei en primeira persona o punto referente ás distraccións; dende o inicio da cultura “Navarro” de represión ó conductor, saínme máis veces do meu carril (levemente, só unha vez tivo consecuencias), por mor de distraccións, que nos sete anos anteriores de franco desprecio polos límites de velocidade (non polos demáis usuarios da vía, nin pola seguridade, só polos límites de velocidade).
Xa falaremos á volta de vacacións con máis detalle. De momento, por favor, anden cos ollos abertos; conduzan como lle dea a gana, pero con coidado, pensando ben o que fan en cada momento.