E agora…
¡Un forte aplauso para Xosé Luis Rodriguez Zapatero e Emilio Perez Touriño!
¡Un forte aplauso para Magdalena Álvarez, ministra de Fomento!
¡Un forte aplauso para María Xosé Caride, conselleira de Obras Públicas e Política Territorial!
¡Outro para ADIF, RENFE e demáis empresas públicas e privadas con negocio nas infraestructuras de transporte!
¡Que non nos esquezan as cámaras de comercio e asociacións de empresarios e partidos políticos!
¡Un aplauso tamén para o Faro de Vigo, La Voz de Galicia e tódolos que levan anos falando do AVE e da necesidade imperiosa de construir novas grandes infraestructuras en Galicia!
Para rematar, e por petición do público (véxanse os comentarios) ¡Un aplauso tamén para todos os presidentes, ministros, directores xerales, secretarios de estado, delegados provinciales, e toda a calaña que tivo algunha vez a responsabilidade de manexar os nosos cartos e non os empregou para evitar mortes máis que previsibles e evitables!
Noraboa a todos eles, porque todos eles teñen hoxe parte de mérito na morte de tres galegos nun novo accidente nun paso a nivel.
Cada céntimo de euro que se gasta no AVE e en novas autovías e autopistas sae de uns presupostos xerais do estado que, ano tras ano, abandonan crónicamente o mantenimento e a seguridade das infraestructuras existentes. Ano tras ano siguen morrendo personas en puntos negros das estradas e en accidentes en pasos a nivel.
Eu sí cuestiono esa necesidade tan imperiosa do AVE, autovías e demáis; pero este post non vai adicado a políticas de desenvolvemento sostible ou tan siquera mínimamente racional. Vai adicado ó sentido común: o de non permitir que sigan morrendo personas en España porque se lle da prioridade á construcción de novas obras fronte a un mantenimento que é imprescindible para evitar que as xa existentes, igual de necesarias que as novas ou máis, sigan sendo unha fábrica de mortos que se podían ter evitado.
Apóstolles o que sexa a que, en menos de unha semana, sairá algún abandeirado do progreso e o crecimento económico a protestar polo retraso do AVE a Vigo, a paralización do porto exterior de Ferrol ou o algunha outra galiña dos ovos de ouro. Lémbrense entón de que os cartos que está a demandar ese tipo podían ter evitado as mortes de hoxe en Valga. Pense que por culpa de esa xente morren galegos e españoles a cotío, e que calquera día podería ser vostede.
A asunto éncheme de carraxe, e seguramente este non pasará á historia como o meu post máis brillante ou máis lindo de ler. Desculpen que non teña agora a imaxinación pendiente de enlazar os meus artigos sobre a materia de xeito creativo. Estaban apuntados para non os esquecer:
Perdonen que sexa pesado…
Att. do Excmo. Sr. Alcalde de Redondela:
Outro accidente ferroviario.
Accidente ferroviario.
Nota: No momento de apuntar esta entrada, a última información da que dsipoño nin confirma nin desminte a posibilidade de que exista unha cuarta víctima de este accidente.