Suelo industrial (I).

Hai uns meses, un amigo meu, familia de promotores inmobiliarios, encomodouse conmigo por lle rebatir a afirmación de moda nos seus círculos:
-”Falta suelo industrial en Galicia.”
-”Non.”-Respondinlle eu.-”Falta suelo para recoller as migallas que caen arredor de Citroen. Pero en Galicia sobra o suelo industrial. Basta con ir de Vigo á Coruña cos ollos abertos para ver a cantidade de polígonos industriais que teñen a metade das parcelas valeiras: Sigüeiro, Ordes, Carral, Culleredo… eses porque se ven dende a N-550, si te vas a Lugo aínda é peor.”
A súa actitude o resto da conversa foi a de estar molesto, e eu arrepentinme un pouco, aínda que sei ter a razón do meu lado. Naturalmente, daquela conversa entre amigos non xurdiu ningún cambio na realidade do país, e no que vai de semana, a leria xa leva sonado bastante nestas latitudes.
Si se considera que a actividade económica Galega é insuficiente para vivir nos estándares europeos-occidentais, a culpa non a hai que buscar na falta de terreos, sinon na falta de ideas. A maioría das naves industriais dos nosos polígonos estan adicadas a actividades loxísticas, comerciais ou de servicios; en outras palabras, non producen nada. As que sí producen, son xeneralmente pequenas empresas auxiliares dos grandes sectores, sexa textil, automóvil, construcción… Pero apenas hai iniciativas verdadeiramente creativas; anos despois de inventar o conto do I+D, siguen sin xurdir en Galicia ideas que de verdade poidan xenerar riqueza por sí mesmas. Aquí o negocio faise a costa de manosear o que outros producen. (Volvan ver este enlace, fixándose agora nas estadísticas dos sectores solicitantes).
Loitar contra a deslocalización a través de medidas políticas severas coas grandes empresas, pode ser a maneira de conservar o pouco tecido productivo que temos, e que foi creado na súa totalidade de vinte anos para atrás. Fomentar unha verdadeira canteira de creación tecnolóxica, baseada máis nos novos productos que nos novos procesos productivos (xeneralmente demandantes de menos man de obra) perfílase como indispensable nun mundo no que a producción se polariza nun sudeste asiático co que non debemos competir, si non queremos vivir como chinos (prego desculpas se este grafismo fire algunha sensibildade); orientar as axudas económicas ós investigadores, deseñadores e técnicos, ou ós equipos que estes precisen, pode ser máis rentable neste senso que firmarlle cheques en blanco ó empresario. Do que digo, nada é novo, nin nada invento. Todo iso foi a base do milagro industrial xaponés, un país que se convertiu en potencia industrial mundial, non por dispoñer de moito territorio para implantar industrias, sinon por teren estas a innovación e a eficiencia (sobre todo dos directivos) como bases.
Apostar polos recursos naturais e tradicionais da nosa terra, como son a madeira, a agricultura, ou a pesca sostibles, amén das xenerosamente tratadas enerxías renovables, dándolle o recoñecemento laboral e social que merecen os seus traballadores, é o terceiro pilar que se debe cimentar para apoiar unha economía galega, con miras alén do curto plazo, ademáis de unha xusticia social e distribución da riqueza da que non os afastamos, porque non a tivemos nunca, pero que se afasta cada vez máis como obxetivo político na nosa terra.
Señores, señoras, en Galicia fan falta ideas e vontade, non terreos.

Falando da auga.

Este é un xardín calquera, contemporáneo, de unha cidade calquera.

Xardín.

E isto, o que acontece en Galicia si non se fai nada nun cacho de terra durante catro ou cinco anos.

Prado.

O xardín de arriba require unha instalación hidráulica para a súa supervivencia: tuberías, aspersores, temporizadores, bombas… e sobre todo auga; ningún xardín de céspede idílico, e flores ornamentais sobrevive a un verán seco sen botarlle auga. O de abaixo sí, son especies que nacen espontáneamente aquí porque as súas sementes e raíces levan en Galicia moitísimos anos, adaptadas ó noso clima, a nosa humidade e ás nosas condicións edafolóxicas. Para manter o xardín de arriba fan falta cartos, auga e enerxía; para manter o de abaixo só fan falta respeto e sentido común. A natureza pode regalarnos o que necesitamos, si sabemos coidalo e si sabemos aceptalo, e para alterar ese trato temos que gastar recursos necesarios para nos, como a auga. Si os espacios verdes das zonas urbanas se creasen imitando os bosques autóctonos, dexándolle facer á natureza, o aforro sería absoluto.
Velaquí outras dúas imaxes.

Xardín.

Poño aquí estas catro fotografías para que comparen a calidade de distintos espacios verdes, e decidan si o gasto ambiental da xardinería urbana está verdadeiramente xustificado. Tal vez haberá quen non considere estético para nada un prado ou unha fraga, ou tal vez haberá quen, coma min, entenda que con moi pouquiños coidados se poderían conseguir da natureza entornos ben fermosos. Pero contar con feitos obxetivos, honestidade, e a vontade de facer as cousas ben, aínda que haxa que renunciar a criterios económicos ou electorais, son a única ferramenta necesaria para acadar un desenvolvemento sostible, entendido como a maneira de satisfacer as nosas necesidades sin poñer en perigo os recursos que necesiten para iso mesmo as xeracións futuras.

Bosque.

Nota: Pensar así é unha das razóns que levan anos afastándome do meu título de enxeñeiro. Pero teño un plan. Creo.

Dia Mundial da Auga en Galicia.

Supoño que a primeira vez que alguén pensou en adicar un día do ano a unha causa global o asunto debeu de ter bastante mercado, pero a día de hoxe hai tanto “Dia Mundial” que non resulta moi difícil despistarse do tema.
De calquera xeito, hoxe tócalle ser o Dia Mundial da Auga, no que se intenta concienciar á sociedade dos graves problemas de abastecemento hídrico que hai en certas partes do mundo, sin necesidade de chegar a países subdesenvolvidos ou en conflicto; problemas que, ademáis, se están a extender a outras zonas aparentemente menos críticas para a subsistencia humana.
Si eu quero facerme eco de este día, é para apuntar varios aforismos sobre a situación da auga en Galicia, sobre os que me gustaría que se reflexionase un pouco.

1º Galicia é diferente. Os acuíferos e embalses galegos non se poden tratar coas mesmas normas que os de outras zonas de España. Un botón de mostra: na miña casa temos unha traída dende un manantial en man común con outros veciños, en anos moi secos, o consumo por casa e día durante os meses de verán limítase a 500 litros; o resto do ano, os depósitos chegan a desbordar. A nosa auga é abundante, e un patrimonio común de unha sociedade veciñal. Falar de cargas económicas para fometar o aforro ou lerias semellantes non ten ningún sentido aquí. Fan falta políticas de conservación dos recursos e non de “concienciación” dos usuarios.

2º Os problemas de abastecemento de augas que hai en Galicia danse nos núcleos urbanos, e non se deben á escaseza de auga sinon ó exceso de xente. Demasiados anos con unha casta política local saída normalmente do escalón cultural máis baixo da nosa sociedade, e do menos honesto, déronlle preferencia ó desarrollismo, a masificación e o negocio inmobiliario fronte a racionalidade urbanística e a previsión dos servicios necesarios. Andados dous tercios da primeira década do S. XXI, os nosos políticos siguen ignorando que a “sostenibilidade” non foi inventada para alonxalos dos reloxios de ouro sinon para garantirlle auga e aire ós que veñan dentro de uns anos.

Fonte.

3º A dispersión xeográfica do rural non implica problemas de abastecemento; o que non está enganchado a unha traída ten un pozo ou un manantial. Iso como mínimo e ademáis probablemente con auga potable. En cambio, o saneamento sí que resulta case imposible nestas circunstancias, e ademáis, a acumulación de augas residuais constitúe unha das grandes cuasas de non potabilidade de moitos xacementos acuíferos, e tamén un potencial risco sanitario e un máis que evidente foco de molestias públicas.

4º Non só os restos fecais son contaminantes nas augas residuais. Moitos productos químicos de uso doméstico, particularmente deterxentes e lexívias, pero tamén disolventes e medicamentos, acaban marchando polo caño a algunha parte. ¿Onde? Ese é o problema.

5º O problema dos contaminantes químicos é todavía máis grave no tecido productivo. A agricultura, con un uso nada regulado e menos vixiado de agroquímicos e fitosanitarios, é unha boa fonte de contaminación de rios e manantiais. Peor aínda é o sector industrial, arrimado á neglixencia política exposta no punto 2º, tamén padece a dispersión de fábricas e talleres por calquera parte sin un tratamento correcto de augas. Pero sería un engano pensar que as zonas industriais concentradas son máis limpas; moitos polígonos de Galicia carecen de rede algunha de saneamente ou de tratamentos de augas axeitados para as industrias instaladas neles. Algúns tamén carecen de abastecemento de auga potable.

6º O tratamento de augas residuais é complexo, precisa de estudios rigurosos, fortes inversións económicas, espacio para a súa implantación, e capacidade de previsión para facer fronte a escenarios futuros. Lamentablemente, en Galicia carecemos dos catro, sendo un caso particular o do espacio, que máis que ser escaso, está a esperar pola primeira ordenación seria do noso territorio, adidada permantemente por intereses localistas, cando non individuais, hacia un horizonte de danos irreversibles en moitas áreas da nosa terra.

7º As obras do AVE e outras vias de transporte de alta capacidade están a acabar con manantiais e pozos de moitas parroquias polas qu pasan. Mal progreso, ese de mellorar as grandes comunicacións das cidades a costa das necesidade primarias do rural.

Resumindo: O problema de Galicia non é a escaseza de augas sinon os galegos e a irresponsable xestión que estamos a facer dun recurso no somos unha das primeiras potencias mundiais.

NOTA I: Que en Galicia haxa auga abondo non é excusa para que lla quiten ós que teñen para darlla a campos de golf, hoteis ou urbanizacións adventicias.

NOTA II: Paseos fluviais e marítimos, minicentrais, infrestructuras de transporte, recheos, vertedeiros, edificacións e outros abusos de excavadora e formigón (outra vez o político polo medio) están a ter un impacto en espazos dos que auga é protagonista, como rios, lagoas, marismas e rías, que merecería outro dia mundial (a escala galega) e bastantes tiróns de orellas.

Para non o esquecer.

Hoxe cúmplense catro anos do inicio da Guerra en Irak. Para min, a título personal, é unha data moi seria porque nos últimos anos de bacharelato e durante o COU, barallei a posibilidade de facer a carreira militar; sin entrar hoxe en fonduras, direi que participar en misións de paz, dar apoio a actividades humanitarias ou na axuda en catástrofes naturais (ou artificiais) parecíame un horizonte vital moi interesante. Meterme a estudiar enxeñería en vez de tirar para os cuarteles non foi propiamente unha decisión, sinon que era o camiño natural a seguir sin pensar que facer coa miña vida, adiando indefinidamente o momento de decidir “qué ía ser de maior”. O ano que me matriculei por primeira vez na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Vigo foi o mesmo ano que Xose María Aznar gañou as súas primeiras eleccións.
Aforrareilles ter que mezclar historia con matemáticas e direilles que van alá dez anos dende aquilo, e aínda me custa afirmar que quero ser o que me están a ensinar, pero teño claras dúas cousas: Unha déboma a min mesmo, e foi aprender que un enxeñeiro ten recursos para solucionar problemas propios e alleos, sendo o primeiro útil e o segundo… máis útil todavía. A outra débolla ós oito anos que gobernou o Partido Popular desde aquel 1996, nos que entendín perfectamente que non quero ser militar. Dito para que o entendan todos, a min daríame igual ter estado no sitio da soldado Idoia Rodríguez por unha causa suficientemente axustada ós meus principios, pero sentiríame traizoado polo meu goberno si me vise implicado na morte de unha soa persona, si esa morte a causan os intereses macroeconómicos, a Hallyburton, ou o ridículo delirio de grandeza de un inspector de facenda que xoga a ser unha mezcla de Churchill e Hitler, e non pasa de ser o pardillo da pandilla, que agradece hasta que o vacilen.
Dende esa óptica, que non pido que ninguén comparta, hoxe é un bo dia para afirmar que unha persona responsable de usar o nome de un estado, que lle outorgou a lexitimidade do poder democrático, e os seus recursos militares, para apoiar, a pesares da oposición maioritaria dos cidadáns, unha invasión declarada internacionalmente como ilegal (inmorales son todas) non pode quedar impune. O castigo político de que o seu partido perdera unhas eleccións non purga a responsabilidade moral de 700.000 mortos e a destrucción social de un país, nin apenas supón reproche por ter manchado de sangre inocente a bandeira (do estado estado español) que tanto abraza e exalta. A traición e a mentira non deben quedar impunes, os irakíes mortos que nunca ían vir facernos mal ás nosas casas, moito menos.
Polo demáis, e xa dende unha perspectiva menos personal, pregúntome si entre todos eses mortos estará algún dos analistas financieiros que, naqueles primeiros meses do 2003, afirmaban sin ningunha vergoña que unha intervención americana en Irak auparía o escenario económico, nin os que dicían carentes de pudor que a guerra faría baixar o precio do petróleo, asesorados seguramente pola mesma señora que lles mostrou as inexistentes armas de destrucción masiva ós iluminados: a codicia. Catro anos despois, sigue habendo mortos a diario nun Irak moito máis pobre, perigoso e inhumano que antes da ocupación, e os pais da criatura falan de paciencia e de unha guerra longa e necesaria. Abran todos os ollos: para haber unha guerra, ten que haber dúas partes en conflicto, un “inimigo”… Morto Saddam Hussein ¿pode alguén dicirme quén é agora o inimigo en Irak? ¿O islam? ¿Bin Laden? ¿O terror? ¿Ou simplemente haberá guerra mentres as disitintas faccións de oportunistas locales, que Hussein tiña sometidos, non se disputen entre eles o pastel que os Estados Unidos e compañía cren seu pola forza?
Gracias a todos os españoles que votaron ó Partido Popular nas eleccións xerais de 1996 e 2000 por me convencer de que o meu futuro está na enxeñería e non no exército.

Internacionalización da Amazonía.

Entre varios correos reenviados, recibin este que copio textualmente. Teño as miñas dúbidas da autenticidade da historia, pero como eu suscribiría unha por unha as propostas aquí feitas, fago Ctrl+C - Ctrl+V e maniféstome totalmente a favor.

“No todos los días un brasileño les da una buena y educadísima bofetada a los estadounidenses. Durante un debate en una universidad de Estados Unidos, le preguntaron al ex gobernador del Distrito Federal y actual Ministro de Educación de Brasil, CRISTOVÃO “CHICO” BUARQUE, qué pensaba sobre la internacionalización de la Amazonia.
Un estadounidense en las Naciones Unidas introdujo su pregunta, diciendo que esperaba la respuesta de un humanista y no de un brasileño. Ésta fue la respuesta del Sr. Cristóvão Buarque (un poco “polvo” pero “pa dejarlos secos” ):

“Realmente, como brasileño, sólo hablaría en contra de la internacionalización de la Amazonia. Por más que nuestros gobiernos no cuiden debidamente ese patrimonio, él es nuestro. Como humanista, sintiendo el riesgo de la degradación ambiental que sufre la Amazonia, puedo imaginar su internacionalización, como también de todo lo demás, que es de suma importancia para la humanidad.
Si la Amazonia, desde una ética humanista, debe ser internacionalizada, internacionalicemos también las reservas de petróleo del mundo entero. El petróleo es tan importante para el bienestar de la humanidad como la Amazonia para nuestro futuro. A pesar de eso, los dueños de las reservas creen tener el derecho de
aumentar o disminuir la extracción de petróleo y subir o no su precio. De la misma forma, el capital financiero de los países ricos debería ser internacionalizado. Si la Amazonia es una reserva para todos los seres humanos, no se debería quemar solamente por la voluntad de un dueño o de un país. Quemar la Amazonia es tan grave como el desempleo provocado por las decisiones arbitrarias de los especuladores globales. No podemos permitir que las reservas financieras sirvan para quemar países enteros en la voluptuosidad de la especulación.También, antes que la Amazonia, me gustaría ver la internacionalización de los grandes museos del mundo. El Louvre no debe pertenecer solo a Francia. Cada museo del mundo es el guardián de las piezas más bellas producidas por el genio humano. No se puede dejar que ese patrimonio cultural, como es el patrimonio natural amazónico, sea manipulado y destruido por el sólo placer de un propietario o de un país. No hace mucho tiempo, un millonario japonés decidió enterrar, junto con él, un cuadro de un gran maestro. Por el contrario, ese cuadro tendría que haber sido internacionalizado. Durante este encuentro, la ONU están realizando el Foro Del Milenio, pero algunos presidentes de países tuvieron dificultades para participar, debido a “situaciones desagradables ” surgidas en la frontera de los EE.UU.
Por eso, creo que Nueva York, como sede de las Naciones Unidas, debe ser internacionalizada. Por lo menos Manhattan debería pertenecer a toda la humanidad. De la misma forma que París, Venecia, Roma , Londres, Río de Janeiro, Brasilia… cada ciudad, con su belleza específica, su historia del mundo, debería pertenecer al mundo entero. Si EEUU quiere internacionalizar la Amazonia, para no correr el riesgo de dejarla en manos de los brasileños, internacionalicemos todos los arsenales nucleares. Basta pensar que ellos ya demostraron que son capaces de usar esas armas, provocando una destrucción miles de veces mayor que las lamentables quemas realizadas en los bosques de Brasil. En sus discursos, los actuales candidatos a la presidencia de los Estados Unidos han defendido la idea de internacionalizar las reservas forestales del mundo a cambio de la deuda. Comencemos usando esa deuda para garantizar que cada niño del mundo tenga la posibilidad de comer y de ir a la escuela. Internacionalicemos a los niños, tratándolos a todos ellos sin importar el país donde nacieron, como patrimonio merecen los cuidados del mundo entero. Mucho más de lo que se merece la Amazonia. Cuando los dirigentes traten a los niños pobres del mundo como Patrimonio de la Humanidad, no permitirán que trabajen cuando deberían estudiar; que mueran cuando deberían vivir. Como humanista, acepto defender la internacionalización del mundo; pero, mientras el mundo me trate como
brasileño, lucharé para que la Amazonia, sea nuestra. ¡Solamente nuestra!”

OBSERVACIÓN:
Este artículo fue publicado en el NEW YORK TIMES, WASHINGTON POST, USA TODAY y en los mayores diarios de EUROPA y JAPÓN. En BRASIL y el resto de Latinoamérica, este artículo no fue publicado.
Ayúdenos a divulgarlo.”

De arquivos e enmendas nos blogs.

Os que adiquen parte do seu tempo a escribir un blog saberán que, na rebotica destes trebellos, ofrécese algunha información sobre o camiño que seguiron os visitantes antes de chegar a ler o que hai escrito. Si chegou directo, si chegou a través de un enlace ou un comentario noutro blog, con unha pescuda nun buscador… Apunto hoxe, pese a que xa vai ben tempo (aínda non me pasou o trauma) que o record absoluto de visita absurda a este blog realizouse cando o Google mandou a alguén que pescudaba novas formas de placer (+18) a un artigo meu no que existía a frase “do ano pasado“.
Surrealismo verídico aparte, ultimamente esa utilidade estame dando una nova perspectiva do blog. Si nos primeiros meses a maioría das visitas ían parar ós post máis recentes, agora descubro que unha boa parte das lecturas efectúanse sobre posts antigos. É certo que cando lle puxen o título de Apunta, para non o esquecer. (ademáis de recurrir á nemotecnia como forma de márketing) xa aspiraba a que este blog tivera unha certa función de arquivo, pero para o meu uso; non contaba nin por asomo que fose frecuente a lectura de cousas escritas hai meses, por moito que algunhas manteñan o seu vigor.
Chégame esta apreciación despois de un par de días dándolle voltas a unha pequenez sobre un post de hai uns días que se titulaba “Cambio climático nas antípodas.”, no que decía respecto das lámparas de baixo consumo que “ó encender consumen un pico de potencia moito maior que cando están quentes, e si se andan a encender e apagar de seguido a súa vida útil cae en picado; por iso, en espacios nos que a iluminación só se precisa durante breves espacios de tempo e con certa asiduidade (por exemplo, as escaleiras de un edificio de vivendas, esas onde lle hai que pulsar de seguido si tes unha tertulia coa veciña) siguen sendo máis aconsellables as lámparas de incandescencia.” como limitación do seu uso. Lembrei esta semana que hai outra limitación: as bombillas de baixo consumo non se poden utilizar en instalacións de intensidade luminosa regulable (esas que moves o reostato para atenuar a luz para ver a tele ou crear un ambiente máis relaxado, por exemplo) ou con un suministro irregular.
Aí empezou o maniático que teño dentro a cavilar si debería facer outro post contando a película enteira, si facer unha fe de erratas ou, simplemente, correxir o post orixinal.
Os dous primeiros párrafos introducen a solución: enmendando o artigo, queda arquivado para eses futuros lectores que, con toda seguridade, han chegar algún dia a él; para os lectores habituais, que len os post cando saen, non creo que lles mereza a pena unha visita para unha mera fe de erratas ¿non si?

Todos contra o canon (menos eu).

Supoño que de un tempo a esta parte, vostedes igual ca min, terán recibido algún correo electrónico invitando a asinar contra o famoso canon dixital. Os argumentos de eses textos parécenme moi convincentes pero, tras unha pequena reflexión, coido que eu non vou firmar en contra do canon dixital.
Nos meus soños máis secos, aspiro a ter algunha propiedade protexida, o que se coñece máis oficialmente como “propiedade industrial protexida” ou “patente” que me permita gañarme a vida con algo que eu invente (acéptanse suxerencias) sin que outros leven despois o proveito. Quizáis desde esa perspectiva egoísta, entendo que por moita vocación artística que teñan un escritor ou un músico, tamén teñen dereito a recibir unha prestación económica polo seu traballo (e con eles, os editores, os impresores, e toda a xente que contribúe á distribución da obra). Por iso, procuro mercar obras orixinais sempre que a calidade/interese o xustifican, e mo permite a miña condición de pésimo estudiante sin un euro. Tamén procuro acudir a concertos e obras de teatro, outra forma de que os artistas reciban cartos polos seus talentos e o seu traballo sin SGAE de por medio.
Supoño que nin os máis aférrimos opositores ó canon dixital disentirán conmigo en que o artista debe recibir un pago pola súa obra; a cuestión é cómo se realiza ese pago. Si hasta o de agora un realizaba ese pago coa compra de material orixinal, a partires do día que se estableza canon algún, entendo eu que o pago está feito.

(xuiz) - Está vostede acusado de posuir copias ilegais de material suxeito a os dereitos do autor.
(F. Miguez) -Verá vostede, eu xa paguei eses dereitos a principio de ano en forma de canon, e o Sr. p2p só se encarga de darme acceso a esa propiedade que paguei, faga uso de ela ou non.

Así de sinxelo. Será problema dos autores esixirlle contas a esas sociedades de xestión que tanto dicen defendelos, e será problema de productores e editores asegurarse que as obras orixinais conteñen algún verdadeiro valor engadido que xustifique a súa compra. Porque si se chega a aprobar a implantación do canon dixital, o Sr. Miguez non pensa volver comprar nin un so CD ou DVD orixinal que non o teña máis que moi merecido. E así o apunto, para que non me esqueza.
Queda para outro día poñernos a tirar do carrete para ver qué diferencia hai entre a propiedade intelectual de “artistas de moda” que venden CDs a máis de 20€ e a propiedade intelectual, por exemplo, de The Who e o seu Tommy orixinal a 11€, penúltimo mercado por un servidor.

Umbral da pobreza.

Hoxe dice o 20 minutos que en Galicia “400.000 personas cobran menos de 350 euros al mes”.
A lectura do artigo da alguns datos máis que eu quixera completar, dende o que eu coñezo:
Moita desa xente situada por baixo de ese umbral de pobreza son pensionistas, sexa por xubilación ou incapacidade laboral, ou traballadores sin formación específica, que subsisten en parte gracias a productos agrícolas da súa propia colleita.
A agricultura profesional é un sector estratéxico na nosa terra, que se está coidando con parches que lembran a eses de nicotina que os fumadores empregan para ilo abandonando pouco a pouco. Pero, por outra parte, aínda persiste en Galicia unha agricultura de subsistencia e minifundio que cubre as necesidades básicas de miles de familias cuios ingresos, como se di no artigo citado, se sitúan por debaixo dos humbrales da pobreza. Sería un exercicio de honestidade e de verdadeira compresión da realidade galega darlle recoñecemento social e económico a esa agricultura, e sustentala sin que resulte lesiva para os agricultores profesionais, pero si unha inversión estratéxica de cara a calquera eventual crisis económica futura. Crisis na que viven cotidianamente 400.000 galegos, cuia única saída suele ser unha economía sumerxida da que outros sacan mellor tallada.

Estrés e telecomunicacións.

O outro dia fun ó médico. Dende hai uns meses, os meus párpados vanse alternando un extraño mal que lles confire pasaxeiramente a apariencia de unha guinda en augardente, tanto na forma, como na textura, como na cor. Atentísimo, explicoume todo o que precisaba saber sobre glándulas e nervios hasta chegar ó meollo da cuestión: teño estrés. Eu xa o sabía, pero non podía imaxinar que chegara hasta o extremo de me producir tales afeccións; como cada un está feito do leite que mama, rápidamente fixen unha lista (mental) das posibles causas do meu estrés e as súas solucións. Naturalmente que non me vou poñer a contar aquí o meus problemas, agás un, que quizáis teña algo de interese colectivo.
Imaxinemos unha tarefa cotidiana de unha persona normal de estes días, o que algún autor chamou a “cibermisa diaria” (ollo ós comentarios, he he): consultar o correo, revisar unhas cincuenta entradas rss, ler algunha nova, consultar a previsión meteorolóxica… Agora, nun novo esforzo mental, imaxinemos que leva menos tempo coller un coche, viaxar uns quince kilómetros en coche hasta o campus da Universidade, facer alí tarefa e volver polo mesmo camiño, que poñerse a facer esas cousas tan normales (para os tempos que corren) na casa propia. Eu non teño que imaxinalo; ese é o meu caso.
Non son o único en Galicia que está condenado a acceder ás autopistas da información a través de un camiño de cabras (Oiaweb e Mariano Grueiro), pero iso non me sirve de consuelo; que unha actividade cotidiana, de apenas media hora nun país civilizado, demande case dúas horas nalgures de Galicia, no máis occidental de Europa Occidental, estrésame, e moito. Estrésame porque Telefónica se nega a darme banda ancha; e porque Tele2 asegurou que sí tiña cobertura e resultou que, enriba de non mellorar, agora teño unha conexión que vai a tiróns e se corta cando lle peta, entre outras deficiencias do servicio telefónico. Estrésame ser un de tantos puteados porque a tecnoloxía e o coñecemento non son patrimonio de todos, sinon de uns poucos que se forran de explotalos arbitrariamente.
Non podo renegar de toda a tecnoloxía porque é a que marca o mundo no que me tocou vivir, e unha ferramenta que se inventou por algo; nin vou renegar de vivir no rural porque na miña casa lavamos os pes con unha auga mellor que a que mercan embotellada para beber a maioría dos urbanitas con ADSL de 20Megas (non busquen nisto unha afrimación despectiva). Pero sí me entran ganas de renegar de un sistema económico que pon ó mercado por enriba de todo, e de un sistema político que llo consinte.
En fin, que o meu médico me dixo que tomara as cousas con calma, pero mentres siga tendo que agardar tanto diante do ordenador para que se carguen as cousas, o que lle vou ter que tomar son unhas cervexas.

Entrevista a Labordeta.

Hoxen pola mañán, estaban entrevistando en TVE a Jose Antonio Labordeta, que dixo isto:

-”A mi nunca me habían insultado por la calle. Pero en las ultimas semanas me han llamado hijo de puta varias veces.”

Como non puiden apuntalo no momento, igual xa non o escribín coas palabras exactas, pero a mensaxe era esa. Iso é todo o que fai falta dicir do que está a pasar en España. De momento.