Feitos obxectivos sobre o cambio climático.
Aínda que sone contradictorio, espero que poñerme estricto axude a abrir un pouco os ollos e as mentes.
1º Falar do “Quentamento Global” está de moda.
2º O Quentamento Global non é unha realidade actualmente demostrable; é unha amenaza para as últimas décadas do século XXI.
3º A emisión de certos gases á atmósfera altera os mecanismos naturais de esta e resulta directa ou indirectamente perxudicial para os seres vivos. Este feito define a eses gases como contaminantes.
4º Unha das principais fontes de emisión de gases contaminates é o emprego de combustibles fósiles para obter a enerxía que precisan certas actividades humanas. Dos combustibles fósiles obtense a maioría de esa enerxía.
5º As consecuencias da emisión de gases contaminantes e a súa escaseza levan a pensar que non poderemos seguir utilizando combustibles fósiles, da maneira que o estamos a facer actualmente, nun prazo de aquí a finais do s. XXI.
6º A pesares dos feitos obxectivos nº 4 e 5, a demanda enerxética da humanidade sigue aumentando sin que se teña preparada unha alternativa inmediata ós combustibles fósiles.
7º Empresas con intereses na enerxía nuclear están intentando sacar beneficios de esta situación, sin que exista unha solución para o problema dos resíduos radiactivos, nin sexa posible garantir o 100% de seguridade das instalacións (como en calquera outra tecnoloxía).
8º Implantar tecnoloxías capaces de sustituir os combustibles fósiles sin recurrir á enerxía nuclear non é un problema técnico, é un problema de intereses económicos e políticos.
9º Ós políticos pode costarlles muito tomar medidas impopulares que poidan ir en contra dos seus resultados electorais, pero xamais tomarán unha medida perigosa para os benficios do poder económico.
10º Estanse adoptando medidas infantís ou de lavado de conciencia, como crear organismos sin poder executivo ou plantar árbores en países pobres, no canto de atacar o problema na orixe.
11º A verdadeira solución ó problema pasa por un forte cambio na actitude das sociedades ricas e o seu concepto de progreso e bienestar.
12º A democracia non se restrinxe ó dereito a emitir un voto, sinon que consiste en que sexa a sociedade a que dicte qué camiño quere tomar. Está nas mans de todos nos, na nosa forma de vida e na nosa responsabilidade, cambiar a situación que provoca o risco de colapso medioambiental.
Un blog non é exactamente un foro, pero desexaría que o espacio para os comentarios fose tamén un espacio para o debate.
Intereses dos grandes grupos á parte, creo que tamén se trata dunha cuestión de responsabilidade co futuro, de permitir que despois de nós continúe a vida.
Comment by X — February 11, 2007 @ 4:53 pm
Máis ben iso é o fundamental, darse conta de que a sostenibilidade, o ambientalismo e incluso o ecoloxismo non son só unha cuestión romántica e de amor polos paxariños; trátase de que vivir hoxe non supoña que vaia a ser penoso vivir dentro de unhas décadas.
Comment by F. Miguez — February 12, 2007 @ 7:37 pm
Eu son bastante pesimista con respecto o cambio climático.Os efectos xa se notan agora e penso que esto vai ir en progresión xeométrica e non haberá que esperar a finales de século para ver caomo cambia, para mal, radicalmente a faz do planeta.
Ou tomamos medidas xa e parece que os gobernos dos paises que máis contaminan non están pola labor ou vamos apañados.
Comment by O Raposo — February 12, 2007 @ 10:39 pm
Este é um tema complexo que também desperta polémicas azedas, a ponto pensar que interesses se pretendem atingir/defender por parte de certos sectores e fazedores de opinião.
Um dos problemas que vejo com maior dificuldade de solução, ou compromisso, são os interesses dos países em desenvolvimento (do qual nem incluo a China, pela sua dimensão demográfica e económica). Interesses lógicos e justos, no sentido de criarem riqueza e empregos para a sua população, mas eventualmente suicidários na lógica planetária.
Por outro lado, vejo com dificuldade o envolvimento de países que não tenham uma vivência democrática, pacífica e construtiva, no sentido duma evolução consensual, que privilegie o futuro a longo prazo do país e os cuidados necessários ao curto prazo.
Porque os países democráticos e desenvolvidos, dos Estados Unidos à Comunidade Europeia, já estarão envolvidos no debate e em políticas mais ou menos eficientes (ainda que não suficientes). Aí o poder político agirá de acordo com as pressões do eleitorado/opinião pública, assim como dos lobbies.
Pelo que sei, o desenvolvimento de alternativas aos combustíveis fósseis é uma necessidade cada vez mais urgente, pelo que o nuclear voltou a ganhar algum sentido (mas sem apresentar soluções para os famigerados resíduos, entre outras velhas questões a este respeito).
Enquanto falamos, o tic-tac da “bomba” ambiental continua. Mas para certos sectores de opinião, de actividade económica, este é um “papão” semelhante às previsões catastrofistas dos anos 60 sobre a fome do mundo nos finais do sec.XX.
Comment by pepe — February 12, 2007 @ 10:44 pm
Curiosamente, á hora de tomar decisións, non fai falta saber si é real a amenaza do cambio climático ou non. ¿Corremos algú risco si abandonamos os combustibles fósiles e nos pasamos a fontes renovables? NON ¿Corremos algún risco (é dicir, un problema potencial) si seguimos dependendo das fonte de enerxía convencionales? SI. A decisión debería tomarse sola, desde o sentido común.
Os países en vías de desenvolvemento, en realidade, son os que o teñen máis fácil, a pouca vontade e imaxinación que lle boten os seus dirixentes, porque teñen a oportunidade de ir cubrindo as súas necesidades con enerxías sostibles desde o principio, no canto de invertir agora en tecnoloxías que están en franca decadencia.
O verdadeiro problema estaría entón, como dice O Raposo, nos países que máis contaminan/contaminamos, porque a dificultade de implantar un novo modelo enerxético é menor que a de desplazar un xa existente, por desfasado que estea.
Comment by F. Miguez — February 14, 2007 @ 6:38 am
eu mirei hai uns cantos meses o documental “una verdad incómoda”, non é que crea todo o que di Al Gore coma se fose un deus, pero por suposto que a maioria das cousas que di son certas, pode que a forma de apresentalas sexa un pouco alarmista ou catastrofista, pero o cambio climático é algo que xa estamos a notar e que penso empeorará có tempo, non quero imaxinarme o noso planeta dentro de cincuenta anos, pode ser terrible, nas nosas mans está darlle un golpe de timón a esta deriva que estamos a sofrer, como non comecemos a tomar decisións importantes en canto aos temas ecolóxicos, cecais dentro duns anos xa non teña remedio.
un saúdo.
Comment by breogain — October 27, 2007 @ 5:05 pm
Coa ciencia na man, a cuestión do cambio climático e un pouco diferente a como se vende nos medios de comunicación (creo eu). Efectivamente, a dia de hoxe observanse anomalías ambientais, relacionadas co clima, pero carecemos de datos históricos para avaliar si esas anomalías se producen agora por primeira vez ou xa teñen acontecido. De entrada, sábese que na idade media hubo un período no que as temperaturas acadaron unhas medias máis altas das normais, pero despois todo volveu á rutina climática dos últimos milenios.
Con esa falta de experiencia, non se pode afirmar si a anomalía climática actual (que, si se fan observacións máis globais, as cousas non sempre son tan anómalas) vai perdurar o suficiente para provocar as alteracións no entorno que nos están a avisar. Pero tampouco se pode afirmar que non vai pasar nada.
Por tanto, o cambio climático e o quencemento global son, en rigor, un risco no plazo de entre cinco e dez décadas. O que está nas nosas mans é curarnos en saude, e tomar agora as decisions necesarias para que ese risco non chegue a convertirse nun verdadeiro problema. Non perdemos nada por acercarnos a unhas posturas máis ambientalistas. Como moito, que algún empresario zoquete deixe de gañar tantos cartos durante un ou dous anos, porque xa hoxe hai moita xente gañando moitísimos cartos coa industria “verde”.
Comment by F. Miguez — October 28, 2007 @ 6:25 am