CumpleApunta.
Eu non son moito de aniversarios. De feito, non son nada de celebrar que pase un ano, dous ou vinte. Pero sí teño o costumbre de parar e repasar a repetición das imaxes para estudiar o que pasou, e por qué; o dia que cumplo un ano abrigándome debaixo de este jalpón pode ser unha boa ocasión para iso.
No positivo:
1º) Os temas que tratei, en xeral, eran os que queria tratar.
2º) Hubo grandes acertos na forma en que tratei algún de eles, e sobre todo na oportunidade en que os tratei, obtendo un grato eco en medios como vieiros ou chuza! (unha das miñas grandes asignaturas pendientes, entrar a fedellar alí).
3º) Cumprironse as miñas espectativas en canto a número de visitas e comentarios (pregúntome cómo saber canta xente pode estar a ler o meu blog a través de un agregador rss, porque supoño que eses non contan como visita). A calidade dos comentarios, en moitas ocasións, superounas amplamente.
No negativo:
1º) Son todos os que están, pero non están todos os que son. Hai temas que non fun capaz de abordar, e aínda están pendientes de se empezar a desenrolar, ou xa lles pasou algunha oportunidade dourada.
2º) Contra as miñas pretensións, manteño a mesma plantilla que me deu blogsome. Non podo dicir que sexa fea porque, de aséptica que é, poucas cousas se lle poden criticar. Sigo sin estar en condicións de abordar o código html, pero non ten perdón que aínda non pensara qué foto poñer no sitio do chisme ese que hai.
3º) O que máis me doe. Eu lin o libro de Bruce Lee moito antes de que saira o famoso anuncio, así que podo decir que xa coñecía a filosofía do “Be water” e, sobre todo, as fondas raíces que ten. No meu cabezón de estudiante de enxeñería, trato de casar esa doctrina da “forma sen forma” coa deformación profesional de “cada cousa no seu sitio, un so sitio para cousa” e outros axiomas da orde, que non deberían estar en absoluto reñidas si tivese un claro dominio de ámbalas dúas. Nótase que teño madeira de filósofo en que me dou unha volta polo tema aínda que non estea moi claro por que, pero o caso e que temo que este blog lle falta fundamentalmente unha cousa: estructura. Fáltame regularidade no tempo, fáltame regularidade na expresión, fáltanme… moitas cousas, pero sobre todo, fáltanme unhas categorías decentes. Cando as escollín, tratei de curarme en saúde con uns termos tan ambiguos como abstractos; honestamente: non tiña nin idea de que poñer. Agora arrepíntome bastante.
Tentarei de poñerlle remedio a iso e outras cousas nas próximas tres semanas, en que deberán subsistir vostedes sin os meus posts. Non se trata de que vaia a coller blogo-vacacións, senón que lle vou a adicar tempo a cousas pouco visibles. Tratarei de cribar os links, de solucionar de algunha maneira o tema das categorías e, sobre todo, buscarlle un sitio ó blog no meu horizonte personal de este ano (tampouco son dado ós propósitos de aninovo, pero a natureza da vida é como a natureza da auga…).
Lean isto outra vez, con calma, e chegarán á conclusión de que a mensaxe é optimista e con vistas de futuro. Levo un ano de blog, e teño intención de seguir adiante por moito tempo, si Dios quere. E, sobre todo, teño intención de seguir porque a experiencia de este ano foi estupenda, GRACIAS ós que aquí veñen.
P.D.: A foto, que ten una calidade lamentable, é rigurosamente verídica. Foi tomada hai pouco menos de un ano en Laxe, no “Cafe Bar Atlantico” e téñoa gardada naquela carpeta de Cousas vistas por ahi. Desculpen fumadores e outros posibles aludidos, pero pareceume unha ilustración axeitada do meu particular “quero e non podo (pero puoco me falta)” blogueiro.
Muitos parabéns, Miguez!
Comecei a visitar o Apunta por altura dos posts sobre o Minifundio, desde logo apreciei a objectividade do engenheiro combinada com o espírito inconformista do filósofo que não aceita as coisas “porque é assim e não de outra maneira”.
A diversidade dos temas propostos, a bem fundamentada argumentação, as interrogações pertinentes, caracterizam o estilo dum blog personalizado, alimentado por um fio de ideias original. E há essa combinação poética, que chamarei cyber-rural, entre uma dinâmica “terceira vaga” à Alvin Toffler e uma autarcia rebelde à Thoreau.
Um abraço,
pepe
Comment by pepe — January 12, 2007 @ 10:28 am
Tres semanas pasan pronto, pero xa nos botarás de menos. Nós a ti tamén asique aprende moito e rápido, e de paso podiasnolo ir contando, porque o que ti ves coma negativo, eu tamén o teño, e asi, facíamos mudanza xuntos. Eu salvo darlle as teclas das letras, non sei facer mais. E as teclas, todas co indice da man dereita, menos a A que lle dou co indice da man esquerda. Xa ves.
Comment by susolista — January 14, 2007 @ 9:29 pm
Parabens, Miguez. Que dures moitos anos máis. Es un dos blogs favoritos e todo o peloteo habitual, que esta vez é verdadeiro.
Comment by pablo gonzalez — January 15, 2007 @ 3:56 pm
Unha vez mais, os comentarios poñenme colorado e superanme folgadamente.
Non vos vou botar moito de menos porque vou seguir a visitarvos con normalidade nas vosas casas, e seguir aprendendo con vos. De feito, esta semana penso ir ve-la casa nova do Pepe (prepare merenda
¿E que mais podo dicir? Pois, evidentemente, GRACIAS.
Comment by F. Miguez — January 15, 2007 @ 8:35 pm
Parabens e a seguir.
Comment by paideleo — January 15, 2007 @ 9:39 pm
A excelencia está no camiño e non na meta. Siga así e cumpla moitos máis.
Comment by bouzafria — January 16, 2007 @ 10:13 am
Parabéns por facer un blogue interesante durante un ano e pola intención de seguir.
Se decide meterse no fedello xa nos veremos tamén alí, e se non seguirei visitandoo na súa casa.
Unha aperta.
Comment by ghanito — January 16, 2007 @ 3:04 pm
A verdade e que con comentarios asi, sintome do mais motivado para seguir e esforzarme en tratar de facelo cada vez un pouco mellor.
Comment by F. Miguez — January 17, 2007 @ 8:11 am
Parabéns e que os teus “apuntes” non paren. Unha aperta.
Comment by mendinho — January 27, 2007 @ 12:15 pm
Cousas de O Grove, Crónicas de un pueblo.
Dirixentes do PP levan ao xulgado a dous blogs de Cambados e O Grove.
Desde fai xa algún tempo proliferan en Internet as páxinas web, blogs e foros nos que cuestiones de política municipal arousá son as protagonistas dos debates. Lugares nos que os veciños non teñen reparos á hora de criticar actitudes e obras dos gobernos locais e, ás veces tamén, dos partidos da oposición. Cambados e O Grove protagonizan un gran número destes espazos e, os seus dirixentes, a maioría das críticas. Pero o que a uns lles fai graza, a outros non lles gustou nin un pelo. Dirixentes do PP destas dúas localidades levaron ao xulgado aos blogs camba2.blogspot.com e ogrobe.blogspot.com.
O blog do Grove recolle noticias da información local, con comentarios que engade o propio autor da páxina. A eles súmanselles tamén as opinións dos internautas que, libremente, escriben en cada unha das noticias.
Comment by Sol Costas — January 28, 2007 @ 6:47 pm
É un estupendo post de autocrítica positiva de aniversario. Creo que se les o blog a través de lectores de sementes non contan como visitas pero non teño certeza ningunha de que sexa así. Saúdos.
Comment by X — February 3, 2007 @ 9:01 am
que ben lle senta o novo vestido!
Comment by torredebabel — February 5, 2007 @ 3:40 pm
Gústame moito a nova foto da cabeceira, o lugar, as cores…
Fermosa.
Comment by ghanito — February 6, 2007 @ 7:08 pm