Escombro.
Entre toda a información que se deu estes días sobre o atentado en Barajas, e nesa afinidade xornalística polas cifras, falouse de que o aparcamento da terminal T4 estaba convertido en unhas trinta mil toneladas de escomboro (corenta mil, segundo outros medios) que haberá que retirar. Parecen moitas, pero son bastantes menos das que xenerou, por exemplo, o edifio Windsor (con cen mil toneladas) ou o World Trade Center, onde creo lembrar que se amorearon mais de un millon de toneladas de cascallos.
Os restos de estes derrubes están compostos de unha certa variedade de materiales, con distintos tratamentos. Os aceiros estructurales son os máis fáciles de recuperar e reciclar, mentres que o formigón, no caso ideal recíclase como árido (previo moido) para futuras construccións ou como recheo en cimentacións e obras; no caso menos ideal, vértese nunha escombrera ou no sellado de algunha canteira. Como queira que os casos citados, e tantos outros, non son demolicións controladas, as estructuras caen con todo o que teñen dentro e vehículos, equipos informáticos, material eléctrico e un sin fin de cousas outrora útiles, emulsionanse nunha mestura de sustancias químicas, metais pesados e materiales de difícil identificación e tratamento, sendo un potencial perigo ambiental.
A xestión dos productos unha vez acadan o final da súa vida util é unha das grandes eivas do noso modelo de desenvolvemento, pero esa non é a inquedanza central de este post.
As estructuras de aceiro e de formigón armado democratizaron, no século XX as grandes construccións. Si antano había que ser faraón, emperador, sumo sacerdote ou papa para plasmar o nome propio nunha construcción gandiosa, digna de aclamación secular, hoxe en día sobran as oportunidades para arquitectos, enxeñeiros, promotores, e políticos de calquer rango para tentar plasmar a dimensión do seu ego e da súa ambición en edificios e construccións titánicas. A Cidade da Cultura pode ser un exemplo bastante evidente. Tamén o foron no seu dia o WTC, o edificio Windsor ou (bastante recientemente) a T4 de Barajas. Agora son, todo ou parte, escombro. Residuos que supoñen un problema para os que viñeron detrás dos que se luciron construíndoo (coa T4 como excepción e a Cidade da Cultura como confirmación).
O ser humano resístese a aceptar a súa finitude, a súa fugacidade neste mundo, e empéñase en levantar grandes pilares de cemento, en alterar a paisaxe e en crear símbolos do seu explendor individual, amparándose no colectivo. Chocan os egos e as ambicións, e os símbolos, canto máis grandes, máis ruido fan ó cair. Por iso son un obxetivo tan suculento nos tempos de odio e violencia. E despois do drama, so queda iso: escombro, que outros terán que limpar mentres, nalgures, alguén non aprendeu a lección e sigue querendo desafiar as leis da vida construíndo máis alto, máis grande, máis impresionante… sin pensar en que algún dia serán cascallos que alguén terá que retirar.
Certamente estas edificacións megalómanas estanse a reproducir coma fungos… agora tódolos políticos (da man dalgún arquitecto de sona) tentan pasar á posteridade grazas o que eles chaman EDIFICIOS SINGULARES…!
Pero non fai falla ir tan lonxe… en VIGO temos un bo exemplo de Edificio Singularmente Inútil: O museo do Mar que ven de ser transferido á Consellería de Cultura para ver se desta vez é quén de darlle algún contido museistico…
O Museo do Mar de Vigo, é un atentado ecolóxico na mesma liña da praia do matadeiro en Alcabre (praia da miña infancia escarallada xa para sempre), calquera pode ver a megalomanía dos arquitectos (Cesar Portela incluído) que non se apiadaron nin da praia nin da liña de costa cando construiron un peirao tan MEGALÍTICO coma inútil xa que nel nin siquera pode atracar un veleiro de 16 metros por falta de calado… Un gran Museo do Mar MORTO…!
Agora tócalle ó mesmo arquitecto ROMPER o skyline (horizonte) da bahía de Vigo co novo Pazo de Congresos (Hotel) e súmanse voces electorais coma o propio Abel Caballero candidato á alcaldía promovendo outros tantos EDIFICIOS SINGULARES na Beiramar desta cidade castigada coma poucas polo urbanismo especulativo que agora travistese de ‘modernidade’ cara ó ceo…!
Pero tes razón cando vaticinas que algún día serán ESCOMBROS que todos teremos que recoller e limpar.
Comment by Erasmo — January 8, 2007 @ 8:13 pm
O teu comentario produceme unha gran ledicia porque vexo que o expliquei exactamente como o penso. Si en Vigo hai iso (e pode que algo mais), tras case un cuarto de seculo de Paco Vazquez, A Coruña ten a sua propia coleccion de escombro e paisaxes escaralladas. A nova arquitectura “tipica” de Galicia.
Comment by F. Miguez — January 9, 2007 @ 8:30 am
Xa que estamos falando deste asunto coméntovos que atopei un lugar na rede que parece querer promover unha alternativa para Galiza… o que aínda non fixen foi probar se os que alí se integran están pola labor crítico ou se trata de máis autobombo para o goberno bipartito actual… Pero igual se podía probar a levar alí este conxunto de reflexións sobre o futuro de Galiza…
http://gl.politics.wikia.com/wiki/Portada
Certamente eu penso que se lles deixamos as mans libres ós novos gobernantes encherán a costa de Edificios la mar de Singulares… o mesmo que fixeron os anteriores…!
Só que agora as cousas chámanse doutra maneira: desenvolvemento sustentable, novas tecnoloxías, domótica…etc.
Pero básicamente consiste en seguir a construir con cartos públicos aquelo que explotarán compañías privadas en lugares privilexiados da nosa xeografía urbana e rural… Un saúdo.
Comment by Erasmo — January 9, 2007 @ 7:27 pm
En Vigo hai outra estuctura abraiante: estou a falar do edificio-armatoste da illa de Toralla. Nun paraxe fermoso unha especie de cadaleito vertical esgazando o ceo e a vista.¿Cántas toneladas de cascallos haberá que retirar o día que o derruben? ¿E quen foi o figura que autorizou semellante aberración?
Comment by O Raposo — January 9, 2007 @ 9:14 pm
Dunha maneira singular (solo pra eles) quere fenosa encher o mar, de edificios pra producción da enerxía que queren levar pra Madrid e Francia. Xogando cas palabras de Erasmo, digo esto, e cando sean cascallo ninguen os vera porque estaran “en el fondo del mar materile rile rile”.
Comment by susolista — January 9, 2007 @ 10:23 pm
Estiven a ver iso do “Can de palleiro” e parece unha iniciativa interesante, na que abofe o blogomillo tera bastante que aportar. Tamen teño que dicir que me inqueda un pouco que todalas personas asinantes vivan fora de Galicia.
Respecto dos escombros, seguides dando no clavo do que eu penso: a liña de costa e unha grande afectada historica, e o entorno das cidades tamen. Suso cita algo que eu pasara un pouco por alto, o escombro industrial: efectivamente, os muiños quedaran para que outros os retiren, igual que as minas de Meirama e As Pontes seran un problema para xeneracions que non viron nin unha sola luz acesa con carbon que ali se sacou.
Comment by F. Miguez — January 10, 2007 @ 8:13 am
Creo que xurde presa recuperar Toralla para os cidadans, pero non mediante a “desedificacion” da illa senon coa recuperación dos seus fermosos arenais, o campus mariño e o prometido paseo litoral que permita o seu disfrute e coñecerla. No tocante a “mole” da Illa de Toralla, non podo estar maís en desacordo. Pareceme un fermoso punto caracteristico do Sky-line vigues, e maís son totalmente partidario de que no seu día ergase un novo “rañaceos” xa que non perxudica a ninguen e lle da ese toque eco-urbanita a cidade que tanto ben lle fai.
Comment by Ruben — February 14, 2007 @ 6:08 pm