Estratexia do medo.
A guerra, na súa definición clásica, é un recurso político para impoñer o sometimento a través da violencia, utilizando esta para destruir a capacidade militar do contrario ou afogalo mediante a ocupación de enclaves estratéxicos. Por outra banda, o terrorismo tamén é unha ferramenta política, pero utiliza a violencia para provocar o medo entre a poboación, e facer que sexa esta a que condicione as decisións dos gobernantes, ou incluso forzar o cambio dos mesmos. Si o ser humano non tivese medo, o terrorismo non tería sentido.
É inevitable que teñamos medo, de feito é conveniente, porque o medo é un recurso natural que temos tódolos animais para afastarnos do perigo e, instintivamente, tratar de sobrevivir. Pero o medo pódenos xogar malas pasadas e, xestionado polos intereses oportunos, pódenos levar a cometer erros tan graves como tomar partido por aqueles que utilizan o medo para o seu fin político.
E como xa apuntara no seu día que miro para outro lado, agora non vou repetir o mesmo. Aínda máis, como eu, por insignificante que (eu) sexa, tamén teño medo, non vou dicir o que penso de verdade; está todo nas hemerotecas. Esta vez, os asasinos poden anotarse o punto.
tes toda a razón! o medo é vello coma a humanidade toda e moi efectivo ainda que conte con milleiros de anos. Non aprendemos tanto, despois de todo…
Comment by torredebabel — January 3, 2007 @ 6:44 pm
O malo e que hai quen aprende a controlar o seu medo, e hai quen aprende a contrloar o medo dos demais.
Un abrazo.
Comment by F. Miguez — January 4, 2007 @ 6:03 pm
Estupendo Tino, de los pocos comentaristas en la red que apunta algo poco subrayado, como es el punto que se anota una banda terrorista ahora en relativo ascenso.
Un abrazo
Sergio
Comment by Sergio — January 5, 2007 @ 12:28 am
A duda que me queda e ¿cales son os obxetivos de ETA? A sua estratexia non parece precisamente orientada a conseguir o que todos creemos. Polo menos, a min non me parece a forma mais intelixente, nos tempos que corren, de procurar nin a autodeterminacion do Pais Vasco, nin unha amnistia, nin o acercametno dos presos, nin nada. E non hai que esquecer que son terroristas, non parvos, e custame creer que actuen en contra dos seus intereses.
Comment by F. Miguez — January 5, 2007 @ 2:07 pm
¿Poderá ser que dentro de ETA haxa alguén que non queira a paz, pra que non se descubran complices, que os ten que haber necesariamente infiltrados nos dous bandos? non sei, pero dame que pensar, e mal.
Comment by susolista — January 8, 2007 @ 12:26 am
Eu penso que, na nosa sociedade, hai infiltrados que non lles interesa que haxa paz, nin estado de dereito, nin democracia. Troianos, Quinta Columnistas de un exercito que non da a cara.
Comment by F. Miguez — January 8, 2007 @ 6:30 pm