CumpleApunta.

Eu non son moito de aniversarios. De feito, non son nada de celebrar que pase un ano, dous ou vinte. Pero sí teño o costumbre de parar e repasar a repetición das imaxes para estudiar o que pasou, e por qué; o dia que cumplo un ano abrigándome debaixo de este jalpón pode ser unha boa ocasión para iso.

No positivo:
1º) Os temas que tratei, en xeral, eran os que queria tratar.
2º) Hubo grandes acertos na forma en que tratei algún de eles, e sobre todo na oportunidade en que os tratei, obtendo un grato eco en medios como vieiros ou chuza! (unha das miñas grandes asignaturas pendientes, entrar a fedellar alí).
3º) Cumprironse as miñas espectativas en canto a número de visitas e comentarios (pregúntome cómo saber canta xente pode estar a ler o meu blog a través de un agregador rss, porque supoño que eses non contan como visita). A calidade dos comentarios, en moitas ocasións, superounas amplamente.

No negativo:
1º) Son todos os que están, pero non están todos os que son. Hai temas que non fun capaz de abordar, e aínda están pendientes de se empezar a desenrolar, ou xa lles pasou algunha oportunidade dourada.
2º) Contra as miñas pretensións, manteño a mesma plantilla que me deu blogsome. Non podo dicir que sexa fea porque, de aséptica que é, poucas cousas se lle poden criticar. Sigo sin estar en condicións de abordar o código html, pero non ten perdón que aínda non pensara qué foto poñer no sitio do chisme ese que hai.
3º) O que máis me doe. Eu lin o libro de Bruce Lee moito antes de que saira o famoso anuncio, así que podo decir que xa coñecía a filosofía do “Be water” e, sobre todo, as fondas raíces que ten. No meu cabezón de estudiante de enxeñería, trato de casar esa doctrina da “forma sen forma” coa deformación profesional de “cada cousa no seu sitio, un so sitio para cousa” e outros axiomas da orde, que non deberían estar en absoluto reñidas si tivese un claro dominio de ámbalas dúas. Nótase que teño madeira de filósofo en que me dou unha volta polo tema aínda que non estea moi claro por que, pero o caso e que temo que este blog lle falta fundamentalmente unha cousa: estructura. Fáltame regularidade no tempo, fáltame regularidade na expresión, fáltanme… moitas cousas, pero sobre todo, fáltanme unhas categorías decentes. Cando as escollín, tratei de curarme en saúde con uns termos tan ambiguos como abstractos; honestamente: non tiña nin idea de que poñer. Agora arrepíntome bastante.

Tentarei de poñerlle remedio a iso e outras cousas nas próximas tres semanas, en que deberán subsistir vostedes sin os meus posts. Non se trata de que vaia a coller blogo-vacacións, senón que lle vou a adicar tempo a cousas pouco visibles. Tratarei de cribar os links, de solucionar de algunha maneira o tema das categorías e, sobre todo, buscarlle un sitio ó blog no meu horizonte personal de este ano (tampouco son dado ós propósitos de aninovo, pero a natureza da vida é como a natureza da auga…).
Lean isto outra vez, con calma, e chegarán á conclusión de que a mensaxe é optimista e con vistas de futuro. Levo un ano de blog, e teño intención de seguir adiante por moito tempo, si Dios quere. E, sobre todo, teño intención de seguir porque a experiencia de este ano foi estupenda, GRACIAS ós que aquí veñen.

Agradezcan las molestias.

P.D.: A foto, que ten una calidade lamentable, é rigurosamente verídica. Foi tomada hai pouco menos de un ano en Laxe, no “Cafe Bar Atlantico” e téñoa gardada naquela carpeta de Cousas vistas por ahi. Desculpen fumadores e outros posibles aludidos, pero pareceume unha ilustración axeitada do meu particular “quero e non podo (pero puoco me falta)” blogueiro.

Escombro.

Entre toda a información que se deu estes días sobre o atentado en Barajas, e nesa afinidade xornalística polas cifras, falouse de que o aparcamento da terminal T4 estaba convertido en unhas trinta mil toneladas de escomboro (corenta mil, segundo outros medios) que haberá que retirar. Parecen moitas, pero son bastantes menos das que xenerou, por exemplo, o edifio Windsor (con cen mil toneladas) ou o World Trade Center, onde creo lembrar que se amorearon mais de un millon de toneladas de cascallos.
Os restos de estes derrubes están compostos de unha certa variedade de materiales, con distintos tratamentos. Os aceiros estructurales son os máis fáciles de recuperar e reciclar, mentres que o formigón, no caso ideal recíclase como árido (previo moido) para futuras construccións ou como recheo en cimentacións e obras; no caso menos ideal, vértese nunha escombrera ou no sellado de algunha canteira. Como queira que os casos citados, e tantos outros, non son demolicións controladas, as estructuras caen con todo o que teñen dentro e vehículos, equipos informáticos, material eléctrico e un sin fin de cousas outrora útiles, emulsionanse nunha mestura de sustancias químicas, metais pesados e materiales de difícil identificación e tratamento, sendo un potencial perigo ambiental.
A xestión dos productos unha vez acadan o final da súa vida util é unha das grandes eivas do noso modelo de desenvolvemento, pero esa non é a inquedanza central de este post.
As estructuras de aceiro e de formigón armado democratizaron, no século XX as grandes construccións. Si antano había que ser faraón, emperador, sumo sacerdote ou papa para plasmar o nome propio nunha construcción gandiosa, digna de aclamación secular, hoxe en día sobran as oportunidades para arquitectos, enxeñeiros, promotores, e políticos de calquer rango para tentar plasmar a dimensión do seu ego e da súa ambición en edificios e construccións titánicas. A Cidade da Cultura pode ser un exemplo bastante evidente. Tamén o foron no seu dia o WTC, o edificio Windsor ou (bastante recientemente) a T4 de Barajas. Agora son, todo ou parte, escombro. Residuos que supoñen un problema para os que viñeron detrás dos que se luciron construíndoo (coa T4 como excepción e a Cidade da Cultura como confirmación).
O ser humano resístese a aceptar a súa finitude, a súa fugacidade neste mundo, e empéñase en levantar grandes pilares de cemento, en alterar a paisaxe e en crear símbolos do seu explendor individual, amparándose no colectivo. Chocan os egos e as ambicións, e os símbolos, canto máis grandes, máis ruido fan ó cair. Por iso son un obxetivo tan suculento nos tempos de odio e violencia. E despois do drama, so queda iso: escombro, que outros terán que limpar mentres, nalgures, alguén non aprendeu a lección e sigue querendo desafiar as leis da vida construíndo máis alto, máis grande, máis impresionante… sin pensar en que algún dia serán cascallos que alguén terá que retirar.

Estratexia do medo.

A guerra, na súa definición clásica, é un recurso político para impoñer o sometimento a través da violencia, utilizando esta para destruir a capacidade militar do contrario ou afogalo mediante a ocupación de enclaves estratéxicos. Por outra banda, o terrorismo tamén é unha ferramenta política, pero utiliza a violencia para provocar o medo entre a poboación, e facer que sexa esta a que condicione as decisións dos gobernantes, ou incluso forzar o cambio dos mesmos. Si o ser humano non tivese medo, o terrorismo non tería sentido.
É inevitable que teñamos medo, de feito é conveniente, porque o medo é un recurso natural que temos tódolos animais para afastarnos do perigo e, instintivamente, tratar de sobrevivir. Pero o medo pódenos xogar malas pasadas e, xestionado polos intereses oportunos, pódenos levar a cometer erros tan graves como tomar partido por aqueles que utilizan o medo para o seu fin político.
E como xa apuntara no seu día que miro para outro lado, agora non vou repetir o mesmo. Aínda máis, como eu, por insignificante que (eu) sexa, tamén teño medo, non vou dicir o que penso de verdade; está todo nas hemerotecas. Esta vez, os asasinos poden anotarse o punto.