Operación Malladora. Episodio IV.
Hoxe chegou a Redondela esta dona.
Trátase de unha malladora Campeva que percorreu unha chea de kilómetros dende Vilalba hasta aquí e, aínda que non teño preparado nada que contar sobre ela (por iso titulo este post como “Episodio IV”, os anteriores aínda están por vir), non quero deixar de apuntar este feito, resultado de unha longa búsqueda (iso será o Episodio I) que me levou por case que media Galicia. Hai que restaurala, e prefiro non calcular a cantidade de horas que me van facer falta para poñela a andar de novo.
Quixera pensar que a truxen por algo máis que romanticismo, pero penso que as máquinas teñen moito de romántico: o papel que fan na vida das personas. Por iso me metín a estudiar enxeñería.
Feliciano, e se necesitas axuda pra restaurar o mecano ese, xa sabes, chamame e vou. Bicos
Comment by susolista — December 31, 2006 @ 5:04 pm
Vaia xoguete que che mandou o Santa Claus !. Eu mirei malladoras na finca Galea en Lugo. Se tivese o teu correo mandábache a foto.
Un saúdo e que teñas un bo 2007.
Comment by paideleo — January 1, 2007 @ 8:41 am
La malladora o sirve para hacer mallas de sacos o para machacar grano y separarlo de la cáscara… Será esta segunda cosa?
Por cierto, creer que es mujer, sí que es romántico. Te deseo suerte con ella
Feliz 2007
Sergio
Comment by Sergio — January 2, 2007 @ 3:54 pm
De un en un:
Si, Sergio, e das de malla-lo cereal para separar o gran da palla; cousas dos meus escarceos coa agricultura.
Acedre, miña direccion de correo e apuntablog “arroba” hotmail “punto” com (poñoa asi para evitar alguns posibles problemas); tamen a pods atopar arriba a dereita, onde pon “apunte vostede”, ainda que iso esta para se mudar. Si podes, contame algo de esa finca, que non conseguin entrar na web e igual me interesaba levar ala a unha amiga miña.
Suso, tomoche a palabra. Que non te sorprenda esa chamada.
A todos:
Feliz Ano 2007. Estades todos convidados a vir a Redondela cando queirades (e mirar a malladora si vos interesa, claro, je je).
Comment by F. Miguez — January 2, 2007 @ 5:24 pm
Que teñas bo, ano.
Estaremos atentos á restauración da máquina.
Saúdos:
XulioDRabal
Comment by XulioDRabal — January 2, 2007 @ 10:38 pm
Eu fun overán do 2005 e gustoume. É un pazo de turismo rural pero pode visitarse a finca pagando 2 euros, creo. Na finca ten espalladas esculturas pero o que máis me gustou foi o folón traballando para abrandar as peles e o ruido que fai. Logo hai unha barca de pedra que FLOTA. Fíxoa o dono da casa (non lembro o nome) que é un argallante e dixo que quería demostrar que o apóspölo Santiago podería navegar nunha barca de pedra, así que colleu un anaco de granito e foino vaciando ata que flotou e agora está aí. Logo hai un muiño e unha cociña con lareira e todo.
O sitio está ben e aparte a un paso da torre de Alfoz.
Comment by paideleo — January 2, 2007 @ 10:47 pm
Boas!! Noraboa polo da malladora…paréceme unha idea moi “romántica” a de restaurar un “animaliño” dese tipo… Por certo, en que te vas basear para restaurala? Conseguiches algún plano oficial de Campeva ou algo similar? Coñezo a outro “romántico” coma ti que tamén quere restaurar unha pero non sabe por onde empezar… Quizais me poidas dar algunha pista…
Comment by María — January 17, 2007 @ 2:19 pm
Pois cóntoche:
De momento, non teño ningúnha documentación de Campeva; supoño que vou intentar conseguir algo, pero temo que vaia ser difícil porque, segundo teño entendido, a empresa desapareceu hai anos.
Para me guiar á hora de montar o que a miña máquina ten desmotado, vou ver de estudiar outra que, si non é igual, é moi parecida, e está completa nun taller de Monfero. A miña intención é, máis adiante, achegarme hasta alá coa cámara e algun material máis, e copiar todo canto me faga falta. Sospeito que terei que facer máis de unha viaxe.
Polo demáis, coas festas e outros compromisos, aíndan non tiven tempo de mirala ben para me facer unha idea de por onde escomenzar. Supoño que polas rodas e o eixo, para poder movela con seguridade, e a partir de ahí, estudiala detidamente e facer un plan.
Gracias pola túa visita, procurarei ir contando o proceso aquí, que para iso está o blog. E si queredes poñervos en contacto conmigo, por si en algo pudera axudar, non dubidedes en me escribir a apuntablog “arroba” hotmail “punto” com.
Un saúdo.
Comment by F. Miguez — January 19, 2007 @ 6:28 am
Hola.
En primeiro lugar felicitarte polas ganas que lle votas. Non sei en que stado se atopa a malladora pero horas e paciencia fanche falta unhas poucas.
POr se che interesa eu tamén teño unha. Estaba funcionando ata hai 6 ou 7 anos. Ahora non se atopa moi ben, e xa non é a primera vez que discuto co vello pa que non lla venda o chatarreiro. Se precisas calquera cousa ou estas interesado ahi tes o meu mail. Está en Muiños en Ourense.
Un saudo
Comment by Antonio — July 13, 2008 @ 4:28 pm
He he. Ganas sí que lle boto, o que non teño é tempo.
Agradecido polo ofrecimento, poreime en contacto contigo si me fixera falla algo.
Unha aperta.
Comment by F. Miguez — July 14, 2008 @ 4:25 pm
teño uha igual funcionando,prepareina para mallar fabas, tiven que reducirlle potencia pa que non as rompa, ta okey, hoxe mesmo a estiven demontando das cribas para pintar,admiro os de talleres breamo,que eran os que as facian, pois peza a peza montadas e de facil desmonte e material facil de encontrar,moi ben estudiadas para aqueles tempos por camiños,pena qe non se fagan demostracions e non coñecer os fabricantes para felicitalos, saludos escribide se ueredes saber algo.
Comment by josé manuel — August 24, 2009 @ 10:13 pm