Accidente en Nixeria.
Onte produciuse un grave sinistro en Lagos (Nixeria) ó se incendiar un oleducto que estaba sendo saqueado. Fálase de cincocentas víctimas nun accidente que, nin é o primeiro, nin o máis grave de este tipo.
A tecnoloxía do petróleo, con máis de un século de historia, pódese considerar xa madura e experimentada; o feito de que, en todo este tempo, nunca deixasen de acontecer accidentes relacionados coa súa manipulación ou transporte deberíanos servir de aviso. A enxeñería non pode controlar absolutamente todo, antes ou despois xurde unha neglixencia, unha pillaxe, unha condición meteorolóxica extrema, un defecto nos materiais… e ocurre un accidente. Podemos querer crer que a enerxía nuclear vai ser unha excepción nun futuro próximo; que a tecnoloxía vai ser perfecta, a seguridade absoluta, e nunca vai (volver) acontecer un accidente grave, pero sería negar o evidente. O exemplo do petroleo, os seus accidentes e as súas consecuencias ambientais, deberíanos servir para valorar os riscos que podemos correr apostando pola enerxía nuclear. Tropezar dúas veces na mesma pedra demostraría o pouco listos que podemos ser.
P.D.: Nixeria tamén é exemplo de outro problema das enerxías de grande capital: o desigual reparto da riqueza.
P.D.: (28/12/06) O primeiro que vin hoxe pola mañán, na revista de prensa do telexornal foi isto:
Pregúntome si será unha inocentada. Pregúntome, si poñemos un euro nun plato da balanza, cantas toneladas de sentido coumún hai que poñer no outro. Pregúntome cómo dicilo para que se me entenda.
Desafortunadamente parece que non se trata dunha inocentada. Eu escoiteino na radio cando ía para o traballo.
Comment by mendinho — December 28, 2006 @ 7:02 pm
Seguro que no-la montan en Galiza, e seguiremos sin luz.
Comment by susolista — December 28, 2006 @ 9:11 pm
Eu incluso temería que a monten no mar (no noso) para non ter que pagarnos nada. Dádelles tempo, porque si isto non é unha inocentada, dende logo que están acostumbrados a tomarnos por inocentiños… e alo de razón non lles ten faltado.
Comment by F. Miguez — December 28, 2006 @ 11:34 pm