Ordenata roto.

Será por ter sido “estudioso” da filosofía asiática, que collín o costumbre de ir resumindo mentalmente as miñas experiencias e aprendizaxes en forma de pequenos aforismos. “Unha máquina suele romper cando se está usando, e si rompe apagada, daraste conte de que está rota cando a vaias usar; ademáis, o normal e usala porque resulta necesario. Así que as averías aparecen sempre cando unha máquina é necesaria.”
Cando caiu aquel raio, o venres, non me fixo falta chegar onda o ordenador para saber que o seguinte post do blog o tería que escribir dende a sala de ordenadores da escola, aproveitando que viña falar con un profesor. Xa é casi rutina, aconteceume tódolos anos desde que teño internet na casa, que un raio remata a súa carreira dentro do meu módem, e este queda definitivamente inutilizado. Tamén é rutinario que a catástrofe sobreveña en vísperas de pontes, festivos e temporadas de axetreo académico (exames) ou calquera outra obriga que postpoña a reparación uns poucos dias. Tamén me pasa coa dor de moas.
Xa me estou vendo a semana que ven, co crisis superada, batindo o record mundial de entradas rss sin ler no agregador. Mentres tanto, poño nunha balanza si me apetece máis seguir a turrar coa tecnoloxía ou ceder a unha das tentacións de todo estudiante de enxeñería que se precie e marchar a vivir nun monasterio, facer viño e comer noces.