Conducción baixo choivas fortes.
Resumo aquí, atendendo ás circunsatancias, alguns consellos co fin de minimizar os riscos para a seguridade da conducción derivados de choivas intensas como as que estamos a padecer.
Antes de Sair:
1. A mellor forma de minimizar un risco é evitalo. Pense dúas veces si o desplazamento é verdadeiramente necesario e si xustifica o risco.
2. Valore o estado do seu vehículo. Si os neumáticos, luces, freos, limpiaparabrisas e o sistema eléctrico non están en perfecto estado, considere a posibilidade de non collelo.
3. Obteña a maior información posible do estado das estradas (por exemplo, na web da Dirección Xeneral de Tráfico) e da previsión meteorolóxica (web do Instituto Nacional de Meteoroloxía e web de Meteogalicia).
4. Leve no coche prendas de abrigo, roupa seca (sobre todo calcetíns), e unha linterna, ademáis dos chalecos regulamentarios. Procure ter a batería do teléfono movil cargada. Coas adversidades meteorolóxicas aumenta a probabilidade de padecer algunha incidencia.
En ruta:
5. Circule sempre coas luces encendidas. Poida que non lle axuden a ver mellor, pero evitarán que outro choque con vostede por non telo visto.
6. Si o seu vehículo dispón de algún sistema de tracción integral ou especial conectable, esta pode ser unha boa ocasión para usalo. Consulte o manual de instruccións.
7. Aumente a distancia de seguridade co vehículo que o preceda, sin temor a esaxerar. Evite que a auga levantada polo que vai diante salpique o seu parabrisas e lle reduza todavía máis a visibilidade.
8. Aumente a súa zona de atención. Procure anticipar as súas reaccións mirando o máis adiante posible, de xeito que a súa vista e a súa comprensión do que hai na estrada vaian moito por diante do seu vehículo.
9. Evite circular en pelotón, risco moi frecuente en autopistas e autovías; créase unha nube coa auga levantada polas rodas dos vehículos e mérmase a visibilidade dos que están no medio e atrás, ademáis de ser maior o risco de colisión si algún dos vehículos perde o control. Reduza a velocidade hasta que o pelotón se alonxe de vostede e a visibilidade volva a ser a mellor posible.
10. Cando advirta un charco ou unha balsa de auga, levante o pe do acelerador e acaricie o freo suavemente, ou incluso reduza de marcha, antes de pisar a auga. Pase polo charco tan despacio como sexa necesario, sin pisar o freo nin o acelerador e movendo o volante o mínimo imprescindible, sempre con suavidade.
11. No caso de inundación, evite a toda costa meter o coche na auga; o risco máis pequeno que corre é avariar o motor. Si conduce vostede un todoterreno, valore a súa experiencia facendo vadeos, o seu coñecemento do terreo (unha arqueta aberta debaixo da auga pode facerlle unha mala xogada) e, sobre todo, a verdadeira necesidade de continuar por esa vía.
Sempre:
12. Faga máxima do sentido común. Si non pasan coches por algún lugar, seguramente haberá un motivo, non se crea máis listo que os demáis. A ousadía pode ser de utilidade en outras facetas da vida, pero fágalle caso a Napoleón Bonaparte cando dixo aquilo de “Unha retirada a tempo é unha victoria.”
Consellos para a conducción baixo choivas fortes.
Valiosos consellos no Apunta,… sobre como comportarse ao volante (e antes de collelo) co fin de minimizar os riscos para a seguridade da conducción derivados de choivas intensas como as que estamos a padecer.
Trackback by chuza.org — December 7, 2006 @ 11:08 pm
Bos consellos, non hai dúbida.
Comment by mendinho — December 9, 2006 @ 10:25 am
Nin a meu propio pai se lle ocurriría darme estes consellos tan bos. Gracias
Comment by Susolista — December 11, 2006 @ 11:21 pm