Fosfuro de Aluminio.
Lamentable suceso, a morte de dúas nenas cordobesas e a convalecencia dos seus pais, debida probablemente a unha intoxicación provocada por un axente químico de uso agrícola chamado fosfuro de aluminio, reincidente xa nas páxinas de sucesos dos xornais.
Sería pouco riguroso aproveitar esta noticia para facer un alegato a favor da agricultura ecolóxica, pero sí que me invita á seguinte reflexión: A vida está chea de riscos e de circunstancias perigosas, sería un engano tratar de vivir nun mundo no que nada malo nos puidese pasar xamáis. Moitas veces, os riscos ós que se expoñen as personas teñen como orixe actividades ou medios artificiais. O automóvil é un exemplo evidente, pero tamén o son os productos químicos, as liñas eléctricas as máquinas… cousas que se inventaron e se usan respondendo a unha necesidade, das que é moi difícil prescindir. Conscientes do perigo que estes usos pode encerrar, técnicos, administracións e outros partícipes do sistema, redactan normas ou recomendacións para que a súa utilización encerre os mínimos riscos posibles. Desafortunadamente, ningún equipo técnico pode cotrolar o e cen por cento das casuísticas no cen por cento dos casos e, sexa por descoñecemento ou inobservancia das normas, sexa por defectos nos equipos, por circunstancias ambientais extremas, ou polo que sexa, prodúcese un accidente.
Hai que ser realista e asumir que, digámolo coloquialmente, non somos tan listos como creemos, e antes ou despois algo pode saír mal. Dende esa óptica, o máis intelixente é afrontar a resolución dos grandes problemas da sociedade eludindo as alternativas de maior risco, aquelas cuios fallos e accidentes poidan ter consecuencias máis nefastas. Poño duos exemplos:
1-. Apostar pola enerxía nuclear vai ser igual que asumir a posibilidade de que, a medio plazo, algo vaia mal e se produza un accidente; negar esa posibilidade é mirar para outro lado diante de unha realidade incómoda pola pérdida de negocio que supón e polo sacrifio colectivo que temos que afrontar de cara á reducción do consumo enerxético.
2-. A agricultura ecolóxica, como medio de producción masiva para facerlle frente a toda a demanda alimentaria mundial, parece unha utopía a día de hoxe. As utopías son cousas ás que hai que tender, e oxalá chegue un tempo no que sexamos capaces de garantizar a producción do agro sin precisar de venenos nin productos contaminantes. Pero mentras facemos o camiño, convíñanos abrir os ollos á realidade do excedente alimentario no mundo desenvolvido e tomalo como un comodín que permita ir arriscándonos a renunciar ós productos máis agresivos. Dito de outro xeito, a productividade agrícola parece unha asignatura ampliamente superada (a nivel global) e este podería ser un bo momento para empezar a apostar pola calidade e a sanidade ambiental, a pesar do pau económico que poida sufrir a industria química.
Cando fixen o curso de Técnico Básico en Prevención de Riscos Laborales, apreciei certo énfasis en facernos entender que a mellor maneira de previr un risco é quitándoo, sempre que sexa posible; por exemplo, podendo escoller entre darlle unha mascarilla a un operario, ou evitar que se expoña a determinado producto tóxico, a segunda medida vai ser sempre máis eficaz. Apostar por tecnoloxías que non encerren riscos ambientais e, por tanto, para a saúde das personas, vai ser posible sempre que haxa vontade de facelo. Non me fagan o feo de me convertir no típico vello (si chego alá) que berra “eu xa o sabía, eu xa dicía que aljún día habería unha derjracia”.
Os fabricantes do veneno, vanche propoñer, a medida contraria da mascarilla, osea, non teñas fillos.
Comment by susolista — December 4, 2006 @ 7:49 pm
:D Si non temos fillos, pouco lles vai durar o negocio ós fabricantes todos.
Comment by F. Miguez — December 5, 2006 @ 6:44 am