A hostias berros no Concello de Redondela.
Para min, hai un momento cumbre no cine que é a resolución da triloxía “Star Wars” cara o final de “O Retorno do Jedi.” Nun escenario, as forzas rebeldes atacan desesperadamente a estación de combate imperial, agardando que na lua de Endor, segundo escenario, Han Solo e compañía desarmen o escudo da segunda Estrela da Morte. Dentro de ela, nun terceiro drama, Anakin Skywalker loita contra o Lado Escuro, cumplíndose finalmente a profecía, ó ver o seu fillo Luke como víctima do Emperador. Tres narracións que ben poderían dar unha película, cada unha por sí sola, pero que xuntas se convirten nunha apoteose coral de loitas comúns con frontes e personas diferentes, unidas polo destino.
Superado arranque friki do mes, vou apuntar que onte pola tarde eu quedara a estudiar na casa, e dicidín mandarlle unha pregunta á conselleira de Política Territorial, nun encontro virtual celebrado na web da Voz de Galicia. Quería preguntarlle qué opinaba da oposición dos veciños de Redondela ó proxecto que ten o Ministerio de Fomento de pasar unha autovía para chegar a Puxeiros polo noso concello (explicarei ese choio con máis detalle noutra ocasión). Foi unha loita sin cuartel. Nin Opera, nin Firefox, nin Internet Explorer; non hubo maneira de sair do “listo pero con errores en la página” e foime imposible mandar pregunta ningunha.
Pero mentras eu fracasaba no meu intento, outra xente da Plataforma Veciñal de Redondela, e veciños alleos a esta, asistían a un pleno que se celebraba no Concello. Entre outras cousas, tratábanse as alegacións para a declaración de impacto ambiental da citada autovía. O grupo de goberno presentaba unha alegación de unha carilla decindo que todo moi ben, e que desexaban que se fixera co menor dano posible. A Plataforma presentara outra alegación argumentando o dano que esa infraestructura vai provocar no noso concello, o innecesaria que é, e que alternativas hai, pero que non foi aceptada a debate. Por último, o PP, na oposición, tamén tiña a sua propia alegación, que sí se ía presentar no pleno. A xente quedou un pouco perplexa cando a voceira local do PP empezou a ler a “sua” alegación, xa que, resultou sospeitosamente clónica da que fixera Plataforma. Poderíamos discutir si moi ben, que un partido faga súas as reclamacións veciñales, ou moi mal, que os políticos traten de poñerse na primeira fila da foto, de feito, na Plataforma discutímolo tódolos días e aínda non estamos de acordo, pero o caso e que o pleno non durou moito máis. Cando o alcalde quixo falar, algún veciño empezou a increpalo, a cousa foi a máis e… dado por suspendido o pleno, os concelleiros topáronse con que os veciños lles pecharan as portas para que non abandonasen os seus postos. Hubo nervios, empurróns, gritos e, que non falte, algún oportunista político. O alcalde dice que levou unha patada, pero non dice que, cando logrou saír do salón de plenos, fixo o ridículo de volver a entrar e, fronte a tódolos veciños (da Plataforma ou non) que berraban “¡Autovía non, autovía non!”, púxose a berrar (el so) “¡Autovía sí, autovía sí!”, nin explica qué clase de argumento é dicirlle a un veciño “¡Que sepas que me vou volver presentar, e vou volver gañar!”.
En realidade, todos gañaron: O PP poderá dicir que o alcalde se escaqueou de debatir sobre a autovía e o alcalde (PSOE) poderá dicir que os que se lle opoñen á autovía son uns energúmenos, ademáis de efectivamente escaquearse do debate.
Porque ese é o problema. Seguramente haberá xente polo mundo adiante que queira esa autovía, non o discuto; o que non pode dicir o alcalde de Redondela é que todo o mundo a quere cando moita xente do seu concello saiu a berrar nas rúas todo o contrario. É unha lástima que, coas municipais á volta da esquina, non haxa un só partido político que de verdade supoña unha opción de voto interesante.
Nota:A información do Faro de Vigo antes referida ten un erro. Os veciños de Redondela non se opoñen á A-57 (Pontevedra- O Confurco), sinon á autovía que a vai enlazar co nudo Peinador-Puxeiros.
Nota 2: Que non haxa un movimento veciñal contra a A-57, non quere decir que non sexa unha aberración que vai destruir o interese paisaxístico dos concellos de Soutomaior e Pazos de Borbén, importante baza para aqueles que quixeran explotar o turismo rural, cultural ou ecolóxico na zona. Mágoa que os montes non se poidan negar a ser expropiados.