Operación Malladora. Episodio IV.

Hoxe chegou a Redondela esta dona.

Aquí a está.

Trátase de unha malladora Campeva que percorreu unha chea de kilómetros dende Vilalba hasta aquí e, aínda que non teño preparado nada que contar sobre ela (por iso titulo este post como “Episodio IV”, os anteriores aínda están por vir), non quero deixar de apuntar este feito, resultado de unha longa búsqueda (iso será o Episodio I) que me levou por case que media Galicia. Hai que restaurala, e prefiro non calcular a cantidade de horas que me van facer falta para poñela a andar de novo.
Quixera pensar que a truxen por algo máis que romanticismo, pero penso que as máquinas teñen moito de romántico: o papel que fan na vida das personas. Por iso me metín a estudiar enxeñería.

Accidente en Nixeria.

Onte produciuse un grave sinistro en Lagos (Nixeria) ó se incendiar un oleducto que estaba sendo saqueado. Fálase de cincocentas víctimas nun accidente que, nin é o primeiro, nin o máis grave de este tipo.
A tecnoloxía do petróleo, con máis de un século de historia, pódese considerar xa madura e experimentada; o feito de que, en todo este tempo, nunca deixasen de acontecer accidentes relacionados coa súa manipulación ou transporte deberíanos servir de aviso. A enxeñería non pode controlar absolutamente todo, antes ou despois xurde unha neglixencia, unha pillaxe, unha condición meteorolóxica extrema, un defecto nos materiais… e ocurre un accidente. Podemos querer crer que a enerxía nuclear vai ser unha excepción nun futuro próximo; que a tecnoloxía vai ser perfecta, a seguridade absoluta, e nunca vai (volver) acontecer un accidente grave, pero sería negar o evidente. O exemplo do petroleo, os seus accidentes e as súas consecuencias ambientais, deberíanos servir para valorar os riscos que podemos correr apostando pola enerxía nuclear. Tropezar dúas veces na mesma pedra demostraría o pouco listos que podemos ser.

P.D.: Nixeria tamén é exemplo de outro problema das enerxías de grande capital: o desigual reparto da riqueza.

P.D.: (28/12/06) O primeiro que vin hoxe pola mañán, na revista de prensa do telexornal foi isto:

Nuclear en Europa.

Pregúntome si será unha inocentada. Pregúntome, si poñemos un euro nun plato da balanza, cantas toneladas de sentido coumún hai que poñer no outro. Pregúntome cómo dicilo para que se me entenda.

Das festas.

Este ano, buscando un regalo para unha amiga miña que ten nove anos, e no drama típico de non saber que regalar, entendín dentro da miña cabeza que antes os regalos (ó longo da historia, non cando o “Un, Dos, Tres.” era en blanco e negro) tiñan un significado ben distinto ó de agura. Un neno recibía uns lápices de colores no seu cumpleanos e tiña asegurado ser o rei da clase durante unha semana; un home entregáballe un anel de ouro á súa namorada e esta gardábao como un tesouro vitalicio que se incoporaba ó patrimonio e a mitoloxía familiar. Agora, o anel vai parar ó caixon de complementos, sección “formal”; con sorte.
Vivimos tempos de despilfarro e esaxeración, non só polo consumismo máis que falado, sinon no hedonismo e a exaltación do inmediato. Un día festivo convírtese na “operación salida” de millons de paisanos que teñen a necesidade irrefrenable de viaxar a algures, cenamos ou comemos fora de casa un día si e outro tamén, a publicidade empéñase en que a felicidade absoluta é posible, eterna e está só a un pequeno pasiño de nos… e nos querémolo crer, porque é máis cómodo crer niso que nas miserias e no sufrimento.
Por iso chegan estas datas, e atopo que teño o humbral folgadamente rebasado, que non hai nada diferente que celebrar, nin nigunha xustificación para pensar que algún día de estes e diferente de calquera outro día do ano. Sin embargo, será que me queda algún ramalazo da infancia, será porque lle noto ós que me rodean a necesidade de que siga habendo algo especial, polo menos un día no ano, que non desisto en pensar que as cousas míranse como un quere miralas, e o que fai a unhas datas especiais é que un queira facelas especiais.
Cada quen á súa maneira, facendo aquilo polo que considera que o nadal pode ter algo especial, deséxolles que teñan unhas Moi Boas Festas.

O precinto.

Unha das razóns polas que, con vinteoito anos, aínda estou de estudiante, sin ter rematado a miña carreira, foi que me deu o punto de me meter a traballar de mozo nun almacén de mobles de importación (antes, “de importación” significaba de unha calidade que non se acadaba aquí, pero eran outros tempos). Foi unha decisión moi discutible, como todas as que afectan ó futuro da vida, pero foron case dous anos dos que non me arrepinto en absoluto; cuestións personales aparte, coido que coñecer de primeira man o mundo da precariedade laboral ou ver por qué sitio pasan algúns empresarios aquilo da “Seguridade e Hixiene no Traballo”, en resumen, a vida e o traballo das personas que visten de azulina e cobran o tramo máis baixo dos salarios, ó meu entender, debería ser obligatorio para todos aqueles que aspiren a ter algún día unha responsabilidade dentro de unha empresa. Polo menos eu vivino así, e foi unha sensación intensa regresar ás aulas e atoparme con rapaces de vintecatro anos, con vocación de asumir esas responsabilidades, sostendo diante do profesor que os despidos son unha via aceptable para mellorar a rendibilidade de unha empresa. Que se jodan foron as palabras exactas de algún.
Ademáis de sensibilidades sociais, un adquire coa práctica habilidades propias da tarefa que desempeña, así que eu aprendin a topar pequenos defectos nos mobles, e a embalar estes de moitas maneiras. Calquera profano se sorprendería da pequena enxeñería que hai detrás do embalaxe: cómo protexer as esquinas, o uso do plástico de burbullas, os tipos de cartón… Son coñecementos que permanecen moito tempo despois de abandonar a práctica (pasa con todo o que se fai oito horas seguidas cada día) e sácaselle partido na vida cotidiana cando hai que facer unha mudanza, levar elementos mecánicos a un taller, acarrexar botellas de licor café entre provincias, ou calquera tarefa que implique protexer un obxeto para que non se deteriore nun transporte ou almacén, que é a finalidade da embalaxe.
Nunha lideira de esas, fun mercar un rollo de precinto a unha grande superficie comercial e topei dous tipos: un bastante caro e que me ía sobrar, e outro que non chegaba a un euro que me fixo pensar “para o que é, ha de valer ben”. Nos dous anos de embalador, traballei con moitas marcas de precintos, a maioría bastante ruíns, e aprendín que deben ter fundamentalmente dúas características: non romper cando se estira, e, sobre todo, ser adhesivo. Era evidente que aquilo de “para o que é”… pois non valía, non. Un precinto que non pega non sirve para nada, e ese foi o caso.

Menudo rollo.

Non é a primeira vez que merco algo nunha grande superficie ou nun pequeno bazar pensando iso de “aínda que sexa barato, para o que é, ha de valer ben” e despois non vale. Precintos que non pegan, trebellos que rompen ó montalos ou que, directamente é imposible que funcionen tal e como están feitos… un cabréase porque se sinte estafado, porque as cousas rompen cando se están a usar, e úsanse cando fan falta (por tanto, rompen cando fan falta) e quédase básicamente con cara de parvo. A solución personal, nun caso diferente ó do precinto, é tirar coa rebarbadora de seis euros no contenedor de inorgánicos e marchar a unha ferretería de confianza a comprar a-mellor-que-teñas-sí-esa-de-noventa-e-cinco-euros-que-se-van-enterar-quen-son-eu, para asegurarse de que nunca máis unha varilla se empeza a tronzar o sábado e non se remata hasta o luns (que abre a ferretería). Despois, superado o cabreo, póñome a pensar, e preocúpame a morea de productos baratos que se están a vender en grandes superficies, bazares, e incluso comercios especializados; productos que, pola miña experiencia, e supoño que a de case todos, teñen unha funcionalidade moi limitada e unha vida bastante breve, pero que consumiron na súa elaboración unha cantidade similar de enerxía e materias primas que os productos de calidade suficiente; recursos que saen da fábrica e chegan ó caldeiro do lixo en plazos que non se deberían permitir, nun mundo sensibilizado co risco de que eses recursos se esgoten nun tempo máis ou menos próximo.
Conto isto a propósito das datas en que andamos, datas que pasaron (polo que me contan na casa) de disfrutar da infinita felicidade de comer un bolo con frutas confitadas e recibir uns lápices de cores á locura colectiva de mercar de todo e por duplicado que temos hoxe en día. A propósito da cantidade de cousas inútiles que vostede e mais eu mercaremos, que pasarán os próximos 330 días no faiado, ou directamente o resto da eternidade no fondo dos fornos de SOGAMA. Conto isto porque é máis util regalar unha cea, un libro, unha viaxe ou unha aperta que un chisme que pensamos que podería ser util para eximirnos do compromiso.
Outro día apuntarei como foi de repartidor de guías telefónicas, porque aquilo gustoume bastante máis.

Como dicía Gloria Gaynor…

A insignificante tarefa de repoñer un módem queimado nun ordenador pode convertirse nun obstáculo insalvable si as circunstancias o impoñen. Os exámenes poden ser un bo exemplo de ese tipo de circunstancia. Por moito que un leve a tarefa adiantada, e por moito que teña estudiado antes dos días de pánico, é imposible chegar á ultima semana en non poñerse como unha moto. Sempre cabe a sensación de non ter estudiado bastante, e o peor é que a veces está no certo. Supoño que haberá a quen non lle pase tal cousa; un mestre meu, antigo alumno da propia escola, falábanos nunha ocasión do “famoso Franchesky“, un tipo, compañeiro seu, que segundo parece sacou matrícula de honra en tódalas asignaturas e incluso facía os exames a limpio, sin tachóns e todo iso.
Eu sí son humano, e bastante limitado, por certo. Así que, si me disculpan, agora voume desmaiar, e mañán tentarei ver por qué este modem non funciona tódalas veces, e despois, si sigue habendo alguén na casa.

Ordenata roto.

Será por ter sido “estudioso” da filosofía asiática, que collín o costumbre de ir resumindo mentalmente as miñas experiencias e aprendizaxes en forma de pequenos aforismos. “Unha máquina suele romper cando se está usando, e si rompe apagada, daraste conte de que está rota cando a vaias usar; ademáis, o normal e usala porque resulta necesario. Así que as averías aparecen sempre cando unha máquina é necesaria.”
Cando caiu aquel raio, o venres, non me fixo falta chegar onda o ordenador para saber que o seguinte post do blog o tería que escribir dende a sala de ordenadores da escola, aproveitando que viña falar con un profesor. Xa é casi rutina, aconteceume tódolos anos desde que teño internet na casa, que un raio remata a súa carreira dentro do meu módem, e este queda definitivamente inutilizado. Tamén é rutinario que a catástrofe sobreveña en vísperas de pontes, festivos e temporadas de axetreo académico (exames) ou calquera outra obriga que postpoña a reparación uns poucos dias. Tamén me pasa coa dor de moas.
Xa me estou vendo a semana que ven, co crisis superada, batindo o record mundial de entradas rss sin ler no agregador. Mentres tanto, poño nunha balanza si me apetece máis seguir a turrar coa tecnoloxía ou ceder a unha das tentacións de todo estudiante de enxeñería que se precie e marchar a vivir nun monasterio, facer viño e comer noces.

Conducción baixo choivas fortes.

Resumo aquí, atendendo ás circunsatancias, alguns consellos co fin de minimizar os riscos para a seguridade da conducción derivados de choivas intensas como as que estamos a padecer.

Antes de Sair:
1. A mellor forma de minimizar un risco é evitalo. Pense dúas veces si o desplazamento é verdadeiramente necesario e si xustifica o risco.

2. Valore o estado do seu vehículo. Si os neumáticos, luces, freos, limpiaparabrisas e o sistema eléctrico non están en perfecto estado, considere a posibilidade de non collelo.

3. Obteña a maior información posible do estado das estradas (por exemplo, na web da Dirección Xeneral de Tráfico) e da previsión meteorolóxica (web do Instituto Nacional de Meteoroloxía e web de Meteogalicia).

4. Leve no coche prendas de abrigo, roupa seca (sobre todo calcetíns), e unha linterna, ademáis dos chalecos regulamentarios. Procure ter a batería do teléfono movil cargada. Coas adversidades meteorolóxicas aumenta a probabilidade de padecer algunha incidencia.

En ruta:
5. Circule sempre coas luces encendidas. Poida que non lle axuden a ver mellor, pero evitarán que outro choque con vostede por non telo visto.

6. Si o seu vehículo dispón de algún sistema de tracción integral ou especial conectable, esta pode ser unha boa ocasión para usalo. Consulte o manual de instruccións.

7. Aumente a distancia de seguridade co vehículo que o preceda, sin temor a esaxerar. Evite que a auga levantada polo que vai diante salpique o seu parabrisas e lle reduza todavía máis a visibilidade.

8. Aumente a súa zona de atención. Procure anticipar as súas reaccións mirando o máis adiante posible, de xeito que a súa vista e a súa comprensión do que hai na estrada vaian moito por diante do seu vehículo.

9. Evite circular en pelotón, risco moi frecuente en autopistas e autovías; créase unha nube coa auga levantada polas rodas dos vehículos e mérmase a visibilidade dos que están no medio e atrás, ademáis de ser maior o risco de colisión si algún dos vehículos perde o control. Reduza a velocidade hasta que o pelotón se alonxe de vostede e a visibilidade volva a ser a mellor posible.

10. Cando advirta un charco ou unha balsa de auga, levante o pe do acelerador e acaricie o freo suavemente, ou incluso reduza de marcha, antes de pisar a auga. Pase polo charco tan despacio como sexa necesario, sin pisar o freo nin o acelerador e movendo o volante o mínimo imprescindible, sempre con suavidade.

11. No caso de inundación, evite a toda costa meter o coche na auga; o risco máis pequeno que corre é avariar o motor. Si conduce vostede un todoterreno, valore a súa experiencia facendo vadeos, o seu coñecemento do terreo (unha arqueta aberta debaixo da auga pode facerlle unha mala xogada) e, sobre todo, a verdadeira necesidade de continuar por esa vía.

Sempre:
12. Faga máxima do sentido común. Si non pasan coches por algún lugar, seguramente haberá un motivo, non se crea máis listo que os demáis. A ousadía pode ser de utilidade en outras facetas da vida, pero fágalle caso a Napoleón Bonaparte cando dixo aquilo de “Unha retirada a tempo é unha victoria.”

Fosfuro de Aluminio.

Lamentable suceso, a morte de dúas nenas cordobesas e a convalecencia dos seus pais, debida probablemente a unha intoxicación provocada por un axente químico de uso agrícola chamado fosfuro de aluminio, reincidente xa nas páxinas de sucesos dos xornais.
Sería pouco riguroso aproveitar esta noticia para facer un alegato a favor da agricultura ecolóxica, pero sí que me invita á seguinte reflexión: A vida está chea de riscos e de circunstancias perigosas, sería un engano tratar de vivir nun mundo no que nada malo nos puidese pasar xamáis. Moitas veces, os riscos ós que se expoñen as personas teñen como orixe actividades ou medios artificiais. O automóvil é un exemplo evidente, pero tamén o son os productos químicos, as liñas eléctricas as máquinas… cousas que se inventaron e se usan respondendo a unha necesidade, das que é moi difícil prescindir. Conscientes do perigo que estes usos pode encerrar, técnicos, administracións e outros partícipes do sistema, redactan normas ou recomendacións para que a súa utilización encerre os mínimos riscos posibles. Desafortunadamente, ningún equipo técnico pode cotrolar o e cen por cento das casuísticas no cen por cento dos casos e, sexa por descoñecemento ou inobservancia das normas, sexa por defectos nos equipos, por circunstancias ambientais extremas, ou polo que sexa, prodúcese un accidente.
Hai que ser realista e asumir que, digámolo coloquialmente, non somos tan listos como creemos, e antes ou despois algo pode saír mal. Dende esa óptica, o máis intelixente é afrontar a resolución dos grandes problemas da sociedade eludindo as alternativas de maior risco, aquelas cuios fallos e accidentes poidan ter consecuencias máis nefastas. Poño duos exemplos:
1-. Apostar pola enerxía nuclear vai ser igual que asumir a posibilidade de que, a medio plazo, algo vaia mal e se produza un accidente; negar esa posibilidade é mirar para outro lado diante de unha realidade incómoda pola pérdida de negocio que supón e polo sacrifio colectivo que temos que afrontar de cara á reducción do consumo enerxético.
2-. A agricultura ecolóxica, como medio de producción masiva para facerlle frente a toda a demanda alimentaria mundial, parece unha utopía a día de hoxe. As utopías son cousas ás que hai que tender, e oxalá chegue un tempo no que sexamos capaces de garantizar a producción do agro sin precisar de venenos nin productos contaminantes. Pero mentras facemos o camiño, convíñanos abrir os ollos á realidade do excedente alimentario no mundo desenvolvido e tomalo como un comodín que permita ir arriscándonos a renunciar ós productos máis agresivos. Dito de outro xeito, a productividade agrícola parece unha asignatura ampliamente superada (a nivel global) e este podería ser un bo momento para empezar a apostar pola calidade e a sanidade ambiental, a pesar do pau económico que poida sufrir a industria química.
Cando fixen o curso de Técnico Básico en Prevención de Riscos Laborales, apreciei certo énfasis en facernos entender que a mellor maneira de previr un risco é quitándoo, sempre que sexa posible; por exemplo, podendo escoller entre darlle unha mascarilla a un operario, ou evitar que se expoña a determinado producto tóxico, a segunda medida vai ser sempre máis eficaz. Apostar por tecnoloxías que non encerren riscos ambientais e, por tanto, para a saúde das personas, vai ser posible sempre que haxa vontade de facelo. Non me fagan o feo de me convertir no típico vello (si chego alá) que berra “eu xa o sabía, eu xa dicía que aljún día habería unha derjracia”.

Cada día, máis ricos.

Levo uns dias lendo e escoitando noticias que me ían pasando desapercibidas, pero que me quedaron no fondo do oido como si foran pezas de un puzle. A economía española medra aínda máis do que estaba previsto, a bolsa está en máximos históricos, os bancos e as eléctricas aumentan os seus beneficios por enriba do 40%. Un puzle que encaixaría moi ben, si non fora que algunhas pezas semellan estar do revés: O soldos están pésimamente repartidos entre homes e mulleres, hai comunidades nas que se cobra menos que en outras, e en Galicia cóbrase menos que en calquera outra, a quinta parte dos españoles viven na pobreza (sí, un de cada cinco) ¡e non topo ningún titular sobre que temos o mesmo poder adquisitivo que no ano 1997!, ainda que aparece citado en algunha das noticias.
Agora podería facer a típica demagoxia de dicir que o crecimento económico só lle beneficia ós máis ricos, ou contar o chiste aquel de un partido que se dicía Socialista e de esquerdas, pero a cousa non ten gracia ningunha. Así que empezo a pensar que teñen razón os curas, e Deus nos castiga por ser malos; por comulgar con rodas de muíño, ter permitido certa sintonía entre os representantes dos traballadores e os do capital, convertirnos en consumidores antes que traballadores…
Quizáis estea unha tarde de sábado demasiado boa como para pensar agora niso, ou quizáis teño moito que facer, así que limitareime a queixarme un pouco e mañán todo seguirá igual.

A hostias berros no Concello de Redondela.

Para min, hai un momento cumbre no cine que é a resolución da triloxía “Star Wars” cara o final de “O Retorno do Jedi.” Nun escenario, as forzas rebeldes atacan desesperadamente a estación de combate imperial, agardando que na lua de Endor, segundo escenario, Han Solo e compañía desarmen o escudo da segunda Estrela da Morte. Dentro de ela, nun terceiro drama, Anakin Skywalker loita contra o Lado Escuro, cumplíndose finalmente a profecía, ó ver o seu fillo Luke como víctima do Emperador. Tres narracións que ben poderían dar unha película, cada unha por sí sola, pero que xuntas se convirten nunha apoteose coral de loitas comúns con frontes e personas diferentes, unidas polo destino.
Superado arranque friki do mes, vou apuntar que onte pola tarde eu quedara a estudiar na casa, e dicidín mandarlle unha pregunta á conselleira de Política Territorial, nun encontro virtual celebrado na web da Voz de Galicia. Quería preguntarlle qué opinaba da oposición dos veciños de Redondela ó proxecto que ten o Ministerio de Fomento de pasar unha autovía para chegar a Puxeiros polo noso concello (explicarei ese choio con máis detalle noutra ocasión). Foi unha loita sin cuartel. Nin Opera, nin Firefox, nin Internet Explorer; non hubo maneira de sair do “listo pero con errores en la página” e foime imposible mandar pregunta ningunha.
Pero mentras eu fracasaba no meu intento, outra xente da Plataforma Veciñal de Redondela, e veciños alleos a esta, asistían a un pleno que se celebraba no Concello. Entre outras cousas, tratábanse as alegacións para a declaración de impacto ambiental da citada autovía. O grupo de goberno presentaba unha alegación de unha carilla decindo que todo moi ben, e que desexaban que se fixera co menor dano posible. A Plataforma presentara outra alegación argumentando o dano que esa infraestructura vai provocar no noso concello, o innecesaria que é, e que alternativas hai, pero que non foi aceptada a debate. Por último, o PP, na oposición, tamén tiña a sua propia alegación, que sí se ía presentar no pleno. A xente quedou un pouco perplexa cando a voceira local do PP empezou a ler a “sua” alegación, xa que, resultou sospeitosamente clónica da que fixera Plataforma. Poderíamos discutir si moi ben, que un partido faga súas as reclamacións veciñales, ou moi mal, que os políticos traten de poñerse na primeira fila da foto, de feito, na Plataforma discutímolo tódolos días e aínda non estamos de acordo, pero o caso e que o pleno non durou moito máis. Cando o alcalde quixo falar, algún veciño empezou a increpalo, a cousa foi a máis e dado por suspendido o pleno, os concelleiros topáronse con que os veciños lles pecharan as portas para que non abandonasen os seus postos. Hubo nervios, empurróns, gritos e, que non falte, algún oportunista político. O alcalde dice que levou unha patada, pero non dice que, cando logrou saír do salón de plenos, fixo o ridículo de volver a entrar e, fronte a tódolos veciños (da Plataforma ou non) que berraban “¡Autovía non, autovía non!”, púxose a berrar (el so) “¡Autovía sí, autovía sí!”, nin explica qué clase de argumento é dicirlle a un veciño “¡Que sepas que me vou volver presentar, e vou volver gañar!”.
En realidade, todos gañaron: O PP poderá dicir que o alcalde se escaqueou de debatir sobre a autovía e o alcalde (PSOE) poderá dicir que os que se lle opoñen á autovía son uns energúmenos, ademáis de efectivamente escaquearse do debate.
Porque ese é o problema. Seguramente haberá xente polo mundo adiante que queira esa autovía, non o discuto; o que non pode dicir o alcalde de Redondela é que todo o mundo a quere cando moita xente do seu concello saiu a berrar nas rúas todo o contrario. É unha lástima que, coas municipais á volta da esquina, non haxa un só partido político que de verdade supoña unha opción de voto interesante.

Nota:A información do Faro de Vigo antes referida ten un erro. Os veciños de Redondela non se opoñen á A-57 (Pontevedra- O Confurco), sinon á autovía que a vai enlazar co nudo Peinador-Puxeiros.
Nota 2: Que non haxa un movimento veciñal contra a A-57, non quere decir que non sexa unha aberración que vai destruir o interese paisaxístico dos concellos de Soutomaior e Pazos de Borbén, importante baza para aqueles que quixeran explotar o turismo rural, cultural ou ecolóxico na zona. Mágoa que os montes non se poidan negar a ser expropiados.