Contra a violencia de xénero.

Hoxe celébrase o día mundial contra a violencia de xénero, que é un problema social de ámbito internacional, interxeneracional, intercultural… en resumidas contas, un problema tan amplio no espacio e no tempo como para que haxa que tomar medidas para remedialo.
Igual a miña postura ó respecto choca un pouco, e igual caio na desgracia de ser mal entendido, pero eu teño que dicir que non me solidarizo, para nada coas mulleres. Non me solidarizo coas mulleres, nin cos negros, nin cos maricóns… nin con nada, porque considero que eu estou exactamente no mesmo saco que calquer persona que sexa algunha vez víctima de unha agresión producida por outra persona. Un cabrón capaz de pegarlle a unha muller, e igual de capaz de pegarme a min si tropezamos pola rúa, temos un incidente de tráfico ou lle pido que non fume no autobús. Os malnacidos que se cren máis que os outros, aqueles convencidos de que outra persona lle debe rendir algún tipo de sometimento polo feito de estar casada con él, polo feito de compartir un salario, ou polo feito de terlle contratado uns servicios sexuais, non son un problema por atacar ás mulleres, son un problema porque non respetan á condición humana. E nese saco estamos todos.
Hoxe non hai que dicir “pobriñas, as mulleres maltratadas”, hoxe (e tódolos días) hai que poñerlle mala cara ós intolerantes, ós chulos, ós incívicos, ós arrogantes, ós prepotentes. Hoxe, e tódolos días, deberíamos ser unha sociedade suficientemente forte como para arrinconar e quebrar no máis fondo do seu ego a tódolos cabróns que algún día se sentiron tan machos como para levantarlle a man ó próximo. É unha cuestión de valentía colectiva, na que nos temos que implicar todos, alén da condescendencia con víctimas en terceira persona.

6 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2006/11/25/contra-a-violencia-de-xenero/trackback/

  1. o malo é que eses que mallan na muller, que a deixan derrumbada no chan logo de ferir non so o seu corpo senon e sobre todo a sua autoestima, a sua psiquis e a sua dignidade, polo xeral son homes moi amabeis e civilizados na sua vida fora do fogar. Ese “cabrón capaz de pegarlle a unha muller”, coma dis, non é nada capaz de pegarte a ti se tropezades pola rúa… Ese é un dos verdadeiros problemas. E non o único…

    Comment by torredebabel — November 25, 2006 @ 10:36 pm

  2. Non eres pra nada malentendido. Eu fun victima da violencia de unha muller, co problema añadido, que, o ser home causaba risa cando o contaba. Hoxe gracias a axuda sicolóxica teño superado pero por veces ainda recordo, e poñome a temblar. É contra a violencia e a tortura contra quen hai que loitar, non contras os homes, os blancos ou os heterosexuales…

    Comment by susolista — November 26, 2006 @ 5:05 pm

  3. Carallo!

    Como estás Tino, mira que hacía tiempo que no sabía nada de tí.

    ¿Te acuerdas de mi? Soy Sergio, aquel chico de gafas con el que te fuiste un dia al Bierzo…Aun hoy lo recuerdo con cariño.

    Ha sido emocionante leerte en algunos de tus posts, somos como escribimos y la verdad, me alegra ver que sigues siendo el gran Tino de siempre.

    Espero que estés bien.

    Yo, buscando empleo ahora mismo, después de mis aventuras por Santander, Barcelona y… París! :-)

    Algún comentario a tu post: Aunque la causa que apuntas (No respetar la condición humana, como brutalidad universal) me parezca una síntesis fantástica, circunstancia que todo explica, nada explica. O resulta, como mínimo, poco útil para aproximar una solución. Me explico.

    Las apelaciones de la sociedad a sectorializar las solidaridades (Negros, mujeres, etc.) tienen la utilidad de describir los complejos mecanismos que hacen que , desde la sonriente foto del nacimiento, la humanidad se deslice a veces hacia la violencia y la barbarie, hacia el aplastamiento del otro. Sectorializar permitiría comprender, por ejemplo, cómo la repetición implícita y explícita de ciertos mensajes, sus justificaciones y su eventual aceptación como ciertos hace que en un momento dado sea gay esté visto como enfermedad o como normalidad capaz de formar una familia con todas las de la ley. Si no se sectorializan, no pueden hacer fuerza, oír su voz, tener iconos como Mercury o Mandela, etc.

    Ya ves :-)

    Te envío un abrazo muy fuerte y si puedes, mandame noticias tuyas, de la gente de la escuela, alguna foto tuya y de tu novia con la ría al fondo… lo que quieras :-)

    Cuídate artista

    Sergio

    Comment by Sergio — November 26, 2006 @ 7:44 pm

  4. ¿Qué queredes que vos diga? Teño poucos “comentaristas”, pero cos que teño podo dicir que ter un blog é algo máis que unha verdadeira satisfacción. Cada un dos vosos comentarios aportou tanto como para deixar o meu artigo pequeno. Gracias.
    Sergio, é unha alegría volver ter noticias túas. Logo me poño en contacto contigo.

    Comment by F. Miguez — November 27, 2006 @ 9:39 pm

  5. Estou de acordo contigo: a violencia e o abuso deben ser erradicados. As víctimas poden ser mulleres, nenos, animais, anciáns, etc. Sexa quen sexa a víctima, o abuso e a violencia son aberrantes.

    Comment by paideleo — November 27, 2006 @ 10:39 pm

  6. Muy tuve gusto de ver el suyo blog. Usted tiene cosas muy bonitas. Voy a agregarle a los acoplamientos de la mina. ¡Poco se besa y continúa!

    www.bijuteriacata.blogspot.com

    www.colaresebijuteria.blogspot.com

    Carla

    Comment by CARLA — November 30, 2006 @ 1:05 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.