¡Empezan os seráns!
Esta semana o blog tivo un tinte bastante negativo, así que vamos a ver de rematala con algo de chispa.
Este sábado, a partir das seis da tarde, gran Magosto-Serán na parroquia de Saxamonde, concello de Redondela. Xa sei que parece un pouco cedo para un serán, pero o ano pasado rematamos ás catro da mañán, así que, quen se sinta festeiro, cantareiro ou bailadeiro, que non lle tema á borrasca e se achegue á casa da cultura do Chan das Pipas porque está todo o mundo invitado.
Oxalá que teñades bo tempo, mas o que é aquí polo Norte non para de chover.
Comment by mendinho — November 25, 2006 @ 11:39 am
Non hai caso, o serán faise na “Casa da Cultura”, ou, mellor dito, no que hai feito de ela. Tellado, paredes, portas e ventanas ten, así que non vamos ter problema coa meteoroloxía.
Comment by F. Miguez — November 25, 2006 @ 7:11 pm
PRÓXIMO VENRES 2 DE NOVEMBRO A PARTIR DAS 20:30
SERÁN NO TORREIRO DE PARDERRUBIAS (SALCEDA DE CASELAS)
Comment by seran san tomé — October 29, 2007 @ 5:16 pm
Quero anunciar que o proximo 5 de Abril de 2008
a asociación cultural O Garabano,no CONCELLO DE CRECENTE,organiza un serán a partir das 22:00h
na PARROQUIA DE ANGUDES.estades todos convidados.
Este e o terceiro ano consecutivo que o facemos.
Agradeceria o anunciasedes.
Grazas.
Comment by Benigno López — February 15, 2008 @ 2:57 pm
O serán de ANGUDES,en CRECENTE,trasladase o dia 12 de abril.Animadevos e vide.
Comment by Benigno López — February 18, 2008 @ 2:45 pm