Manifestación contra as variantes de Redondela.

¡Manifestación!

Esta semana, en que a Plataforma Cidadá Contra as Variantes de Redondela lle fixo entrega ás administracións pertinentes das arredor de 10.000 firmas que se recolleron en contra do proxecto de circunvalación/autovía de Redondela, vai rematar con unha grande manifestación este venres, ás oito da tarde.
Manifestámonos, os veciños de Redondela e todos os que queiran vir, porque estamos en contra de que unha decisión tomada a centos de kilómetros das nosas casas nos arruíne o lugar en que vivimos.
Manifestámonos en contra de que se nos presentase o conto da circunvalación para aliviar o tráfico na nosa vila cando, en realidade, se trata de unha especie de Cabalo de Troia para unha autovía que vai separar en dúas illas ós veciños de este concello.
Manifestámonos porque pensamos que as autovías eran progreso a mediados do século XX, pero no 21 ten moito máis valor o desenvolvemento sostible, o transporte público, a calidade de vida das personas, e un largo etcétera de motivos polos que o resto de Europa se está a arrepentir de teren apostado tanto polo uso masivo do automóvil privado. (Lamentablemente, algúns empéñanse en que collamos o progreso pola cola, e cometamos os mesmos erros que os demáis cometeron no pasado para non seguir sendo “atrasados”.)
Manifestámonos porque os nosos representantes políticos están a outra cousa, que non é defender a calidade de vida dos Redondeláns, e estamos aburridos de eles.
Redondela xa está afectada polo aeroporto de Peinador, pola AP-9 (cuio peaxe pagamos igual), pola vía do tren, polas tres estradas nacionais que aquí conflúen e polo futuro AVE; non queremos outras infrestructuras que ninguén pode xustificar razonadamente, que nos quitan máis calidade de vida da que nos dan.

¡Transporte público XA!

AVISO:
A Plataforma Cidadá Contra as Variantes de Redondela, é consciente de que esta protesta vai causar graves problemas de tráfico, en toda a zona. Por iso, prégase que se lle dea a maior difusión posible ó asunto, para que todos tomen as medidas oportunas e eviten cair nas retencións que se preveen. Si vostede vai transitar por Redondela este venres á tarde (ou coñece a alguén que o vaia facer) pregámoslle que considere outros itinerarios ou que COLLA O TREN para evitarse as máis que probables dúas horas de retención. :D Anímese a vivir en Europa por un dia.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2006/11/08/manifestacion-contra-as-variantes-de-redondela/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.