Outro accidente ferroviario.

Hoxe hubo outro accidente ferroviario en España, afortunadamente sin consecuencias graves. Unha vez máis, liñas férreas vetustas pola falta de unhas inversións que se van a outros proxectos máis resultóns de novas infraestructuras, e a falta de mantenimento crónica do patrimonio viario (sexan estradas, vías de ferrocarril, etc.) convírtense nunha amenaza para os usuarios.
A política de Fomento sigue a ser gastar millóns e millóns, dos nosos impostos e dos fondos europeos, en grandes contratos a grandes constructoras, en obras cuia necesidade ninguén consigue explicar máis que apelando a palabras sin significado técnico como “modernidade” ou “progreso“. De esta política, os cidadáns pagamos o coste económico, e pagamos o risco, a ruleta rusa da fatalidade que esta vez foi benévola e a impotencia.

7 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2006/11/06/outro-accidente-ferroviario/trackback/

  1. Vetustas e antiguas son esas palabras sen significado técnico. Vetusto é “modernidade” vetusto é “progreso”. De todas maneiras aquí na Costa da Morte non temos ese problema. Non temos tren… nin tranvia.

    Comment by susolista — November 6, 2006 @ 9:47 pm

  2. O problema, Suso, terédelo (si non o tedes xa) cando vos chegue un iluminado a traervos a “modernidade”, o “progreso” e a “sacarvos do atraso histórico”, porque alguén creerá en él, e entón poderá facer o que lle dea a gana.

    Comment by F. Miguez — November 7, 2006 @ 6:09 am

  3. Miguez ojalá te equivoques. Ainda que xa sabemos como as gastan eses “iluminados” con electricidade do Macro parque eólico (a 28Euros mes por virandoira)

    Comment by susolista — November 7, 2006 @ 9:53 pm

  4. Alguén veu algunha vez un político que viaxe a Madrid en tren? Recordo as palabras de Paco Rodríguez na primeira lexislatura en Madrid que iba ir en tren sempre. Pero agora ben que vai en bussiness. Se os líderes non cren nese medio de transporte, dificilmente vai mellorar.

    Comment by Ollador — November 8, 2006 @ 9:46 am

  5. Estamos no de sempre, unha clase política inútil e ignorante. Unha clase política que, polo que parece, non sabe que o tren (non o AVE) é a mellor solución de transporte que existe. Claro, cando o problema é o transporte; si o problema é gastar miles de millóns de impostos e fondos europeos, atender ós clientes políticos (que non son paisanos de boina, como en Galicia, sinon os magnates do formigón) e ademáis sair na foto cortando unha cinta, porque nas eleccións importa o que se máis o que se fixo, que o que se fixo ben…

    Comment by F. Miguez — November 8, 2006 @ 10:21 am

  6. E os accidentes que virán…

    “A Galiza mandan o material ferroviario que xa non queren noutros sitios”
    http://www.vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=52132

    Comment by andaime — November 9, 2006 @ 7:29 pm

  7. Si che sirve de consuelo, eu tiña un amigo traballando nun taller ferroviario en outra comunidade e tampouco falaba demasiado ben. Pero iso non é escusa; para min, hai dous culpables de que aconteza o que acontece: a Xunta de Galicia por non facer absolutamente nada por un servicio de ferrocarril rexional do que podíamos tirar grandes beneficios, e o conxunto da sociedade, por lle virar as costas ó tren e non reclamar o que debíamos.

    Comment by F. Miguez — November 10, 2006 @ 9:01 am

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.