Condena a Sadam Hussein.
Disque durante o proceso de Nuremberg, un xeneral aliado dixo estar completamente seguro de que, de teren gañado a guerra os outros, él estaría entre os xulgados. Deixando para outro debate o caso do camarada Stalin, é aceptado de xeito case unánime en todo o mundo que, no proceso xudicial que seguiu á Segunda Guerra Mundial, o banquiño dos acusados estivo ocupado polas personas correctas. Pouco extrapolable ós tempos modernos resulta aquel paradigma de bos e malos que foi a Segunda Guerra Mundial, e pouco tivo que ver a causa contra Sadam Hussein (e outros) cos procesos do Tribunal Penal Militar Internacional en Nuremberg.
Dende o meu punto de vista, os responsables (que non é exactamente o mesmo que culpables) de unha boa parte dos males de este mundo, son as personas que nalgún momento ostentan ou ostentaron algunha forma de poder, mandato ou “representación”. Por iso, a esas personas non se lles debe de xulgar do mesmo xeito que ós demais, e os castigos recibidos, non polos seus erros, sinon pola súa mala fe deben de ser exemplarizantes para outros que estean expostos á mesma tentación.
Hasta ahí, todo fácil. Decidir qué é mala fe, e qué non, xa parece un pouco máis difícil; si está claro para todo o mundo que matar a os que aspiran a que perdas o poder require mala idea, parece haber dúbidas respecto a si “trabucarse” á hora de interpretar o papel dun estado no terrorismo internacional, e ordenar unha invasión con 50.000 mortos é propio de líderes iluminados ou de verdadeiros cabróns.
Dende logo, que a pena de morte é unha opción pésima dende a perspectiva de unha civilización que mereza un mínimo de respeto. Pero a veces, eu teño dúbidas de si non merecería a pena facer unha excepción con aqueles que, precisamente, amosan un grande desprecio hacia a civilización e a vida humana, e dende esa optica, unha escoria como Saddam Hussein xa hai tempo que debería ter sido axusticiado; pero pensando que a sentencia a morte para o ex-dictador iraquí non é máis que un logro de outros, que carecen igualmente de respeto por nada que non sexan as súas avaricias, e xustifican co nome da xusticia as súas tropelías, inclínome pola opción de que ou todos, ou ningún. Que suban ó cadalso todos os culpables do martirio do pobo iraquí (e coido que todos poderíamos nombrar de memoria, polo memos, a catro) sería facer verdadeira xusticia internacional. Que aforquen só a Saddam Hussein, vai supoñer que os que se beneficiaron de él algún dia, se beneficien unha vez máis da morte e a violencia (interesante coincidencia, esta das eleccións nos USA). E así, xustifícase cada vez máis a lexitimidade das armas e a violencia, e o mundo faise un lugar cada vez máis inxusto, máis inhumano, e máis víctima dos egoístas de sempre.
Creio que os factos que foram julgados no tribunal iraquiano referem-se a uma época em que Saddam era apoiado pelos Estados Unidos. E na época esses e outros massacres já eram bem conhecidos.
Quanto à pena de morte pergunto: serve para quê? Preferia ver o Saddam condenado a trabalho social.
Comment by pepe — November 7, 2006 @ 11:06 am
eu estou contra da pena de morte até en casos extremos coma este, estou máis na liña da solución que apunta pepe, para que expiase toda a vida os seus graves crimes. agora, tampouco se me oculta que a cabeza de Saddam é máis un trofeo de caza electoral para Bush que unha acción de xustiza, e a súa condea a morte non a decidiu realmente este xuízo (por moito que nos queiran facer crer), senón o goberno dos EEUU. Pareceríame menos malo que fose o pobo iraquí quen, logo dunha revolución, se cargase a Saddam, pero digo menos malo, quede claro.
Comment by Henrique — November 7, 2006 @ 9:42 pm
Eu teño serias dúbidas de que os crimes contra a humanidade se poidan resarcir, nin coa pena de morte, nin con nada. Teño claro que non se debería permitir ós bancos ocultar os patrimonios de estes crminais (véxase o caso Augusto Pinochet); teño claro que por cada criminal encausado, hai unha chea de cómplices que sacan proveito hasta o final e quedan indemnes; e teño claro que as penas impostas para crimes contra a humanidade, sobre todo os crimes feitos dende o estado, deben de ter penas verdadeiramente exemplarizantes, orientadas a disuadir ós que teñan escuras tentacións.
Comment by F. Miguez — November 8, 2006 @ 9:51 am