Outro accidente ferroviario.

Hoxe hubo outro accidente ferroviario en España, afortunadamente sin consecuencias graves. Unha vez máis, liñas férreas vetustas pola falta de unhas inversións que se van a outros proxectos máis resultóns de novas infraestructuras, e a falta de mantenimento crónica do patrimonio viario (sexan estradas, vías de ferrocarril, etc.) convírtense nunha amenaza para os usuarios.
A política de Fomento sigue a ser gastar millóns e millóns, dos nosos impostos e dos fondos europeos, en grandes contratos a grandes constructoras, en obras cuia necesidade ninguén consigue explicar máis que apelando a palabras sin significado técnico como “modernidade” ou “progreso“. De esta política, os cidadáns pagamos o coste económico, e pagamos o risco, a ruleta rusa da fatalidade que esta vez foi benévola e a impotencia.

Condena a Sadam Hussein.

Disque durante o proceso de Nuremberg, un xeneral aliado dixo estar completamente seguro de que, de teren gañado a guerra os outros, él estaría entre os xulgados. Deixando para outro debate o caso do camarada Stalin, é aceptado de xeito case unánime en todo o mundo que, no proceso xudicial que seguiu á Segunda Guerra Mundial, o banquiño dos acusados estivo ocupado polas personas correctas. Pouco extrapolable ós tempos modernos resulta aquel paradigma de bos e malos que foi a Segunda Guerra Mundial, e pouco tivo que ver a causa contra Sadam Hussein (e outros) cos procesos do Tribunal Penal Militar Internacional en Nuremberg.
Dende o meu punto de vista, os responsables (que non é exactamente o mesmo que culpables) de unha boa parte dos males de este mundo, son as personas que nalgún momento ostentan ou ostentaron algunha forma de poder, mandato ou “representación”. Por iso, a esas personas non se lles debe de xulgar do mesmo xeito que ós demais, e os castigos recibidos, non polos seus erros, sinon pola súa mala fe deben de ser exemplarizantes para outros que estean expostos á mesma tentación.
Hasta ahí, todo fácil. Decidir qué é mala fe, e qué non, xa parece un pouco máis difícil; si está claro para todo o mundo que matar a os que aspiran a que perdas o poder require mala idea, parece haber dúbidas respecto a si “trabucarse” á hora de interpretar o papel dun estado no terrorismo internacional, e ordenar unha invasión con 50.000 mortos é propio de líderes iluminados ou de verdadeiros cabróns.
Dende logo, que a pena de morte é unha opción pésima dende a perspectiva de unha civilización que mereza un mínimo de respeto. Pero a veces, eu teño dúbidas de si non merecería a pena facer unha excepción con aqueles que, precisamente, amosan un grande desprecio hacia a civilización e a vida humana, e dende esa optica, unha escoria como Saddam Hussein xa hai tempo que debería ter sido axusticiado; pero pensando que a sentencia a morte para o ex-dictador iraquí non é máis que un logro de outros, que carecen igualmente de respeto por nada que non sexan as súas avaricias, e xustifican co nome da xusticia as súas tropelías, inclínome pola opción de que ou todos, ou ningún. Que suban ó cadalso todos os culpables do martirio do pobo iraquí (e coido que todos poderíamos nombrar de memoria, polo memos, a catro) sería facer verdadeira xusticia internacional. Que aforquen só a Saddam Hussein, vai supoñer que os que se beneficiaron de él algún dia, se beneficien unha vez máis da morte e a violencia (interesante coincidencia, esta das eleccións nos USA). E así, xustifícase cada vez máis a lexitimidade das armas e a violencia, e o mundo faise un lugar cada vez máis inxusto, máis inhumano, e máis víctima dos egoístas de sempre.