Aquí falta un par de Evos.

Cando falo sobre enerxía nuclear, suelo expoñer os dous motivos polos que estou en contra da súa proliferación: un son os riscos que encerra, e outro é a perda de unha grande oportunidade para dar un salto cara adiante no reparto da riqueza e xusticia social. Para abreviar, digamos que as centrais nucleares só as poden construir grandes empresas, que despois serán donas da enerxía que vostede necesita (logo son elas máis ricas que vostede), e ademáis correrá o risco de que lle toque apandar cos residuos; si vostede instala na súa casa un pequeno aeroxenerador, un panel solar ou unha planta de biomasa, a enerxía que produza será súa, e tamén a riqueza que esta xenere. De feito, moitas casas rurais galegas teñen unha pequena planta de biomasa dentro: esa cociña de ferro que queima madeira, moitas veces orixinaria de residuos de corta forestal ou de limpeza de propiedades. Pero este post non é sobre desenvolvemento rural.
A semana pasada, Evo Morales deu un exemplo de cómo se deben xestionar as riquezas de unha terra e de como esas riquezas deben servir para mellorar a vida das personas. Aquí ninguén foi capaz de agacharlle as orellas ós que se puxeron farrucos cando se falou de un canon para empresas que xeneran enexía a costa cos recursos galegos, e ninguén é capaz de remediar que os galegos teñamos un suministro enerxético propio de países en vias de dearrollo, cuios recursos son explotados por terceiros.
Poucos cambios precisa aquel “A terra é nosa, e non de Fenosa” a día de hoxe, na comunidade con maior xeneración eólica de España e colista en remuneración de esa actividade.
A estratexia está clara: a primeira xeneración de galegos do século XXI podemos facer que a nosa terra (fortaleza) se convirta nun referente mundial en enerxías renovables, alternativas ó horizonte nuclear que nos agarda tras do petroleo, e cunha total repercusión social da xeneración de esa riqueza (oportunidade), ou podemos seguir a ser os necios de sempre (debilidade) e deixarnos embaucar polas entidades que xestionan os nosos recursos en beneficio propio e co consentimento dos nosos repersentantes (amenaza).
Si Bolivia pode ¿por qué nos non? A min ocórreseme unha razón, pero coido que xa falei bastante por hoxe.

P.D.: Lástima non saber pegar este mapa aquí. Non deixen de visitalo, e de botarlle un ollo á taboa que está debaixo.

P.D.II: É de xusticia citar ó inventor do xogo de palabras.

7 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2006/11/01/aqui-falta-un-par-de-evos/trackback/

  1. Un par de Evos ben postos e o asunto cambiaría.
    En fin, graciñas polo teu apoio e facerche saber da miña ledicia pola solta do meu curmán.
    Un saúdo.

    Comment by paideleo — November 2, 2006 @ 9:48 am

  2. Nada Acedre, como dice Suso Lista, o que ten un par de evos tenos Roberto, e tédelos a súa familia.
    Unha aperta.

    Comment by F. Miguez — November 3, 2006 @ 1:10 am

  3. Moi boa reflexión, F. Míguez, e moi boa análise DAFO ;-)
    Pero dame no nariz que imos quedar coma sempre coas nosas debilidades e ameazas.

    Comment by Oskinha — November 3, 2006 @ 11:14 am

  4. Pasade un bo finde, pero sin acordarvos de fenosa nin de desarrollos eólicos, que pagan 28 euros o mes por virandoira aos propietarios dos terreos. E a luz sigue marchando.

    Comment by susolista — November 3, 2006 @ 8:30 pm

  5. Non pensedes que estamos a “loitar contra muiños de vento”, que esta vez sí que son xigantes os que están diante nosa. Xigantes económicos, pero xigantes, non muíños.
    Un saúdo a todos.

    Comment by F. Miguez — November 6, 2006 @ 11:35 am

  6. A nuclear e demais enerxia convencionais teñen os seus pros e os seus contras. A nuclear, os residuos, a seguridade menos xa está moi avanzado o tema, pero ninguén sabe que facer con residuos radiactivos que duran miles de anos.

    Comment by ricardo — November 10, 2006 @ 2:48 pm

  7. Tamén hai estudios sobre procesos para desactivar os residuos de longa duración, pero o que a tecnoloxía non vai solucionar nunca é que a enerxía se xestione con criterios de lle producir beneficios ás grandes empresas, no canto de atender a criterios sociais que nos beneficien a todos.

    Comment by F. Miguez — November 11, 2006 @ 2:04 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.