Aquí falta un par de Evos.
Cando falo sobre enerxía nuclear, suelo expoñer os dous motivos polos que estou en contra da súa proliferación: un son os riscos que encerra, e outro é a perda de unha grande oportunidade para dar un salto cara adiante no reparto da riqueza e xusticia social. Para abreviar, digamos que as centrais nucleares só as poden construir grandes empresas, que despois serán donas da enerxía que vostede necesita (logo son elas máis ricas que vostede), e ademáis correrá o risco de que lle toque apandar cos residuos; si vostede instala na súa casa un pequeno aeroxenerador, un panel solar ou unha planta de biomasa, a enerxía que produza será súa, e tamén a riqueza que esta xenere. De feito, moitas casas rurais galegas teñen unha pequena planta de biomasa dentro: esa cociña de ferro que queima madeira, moitas veces orixinaria de residuos de corta forestal ou de limpeza de propiedades. Pero este post non é sobre desenvolvemento rural.
A semana pasada, Evo Morales deu un exemplo de cómo se deben xestionar as riquezas de unha terra e de como esas riquezas deben servir para mellorar a vida das personas. Aquí ninguén foi capaz de agacharlle as orellas ós que se puxeron farrucos cando se falou de un canon para empresas que xeneran enexía a costa cos recursos galegos, e ninguén é capaz de remediar que os galegos teñamos un suministro enerxético propio de países en vias de dearrollo, cuios recursos son explotados por terceiros.
Poucos cambios precisa aquel “A terra é nosa, e non de Fenosa” a día de hoxe, na comunidade con maior xeneración eólica de España e colista en remuneración de esa actividade.
A estratexia está clara: a primeira xeneración de galegos do século XXI podemos facer que a nosa terra (fortaleza) se convirta nun referente mundial en enerxías renovables, alternativas ó horizonte nuclear que nos agarda tras do petroleo, e cunha total repercusión social da xeneración de esa riqueza (oportunidade), ou podemos seguir a ser os necios de sempre (debilidade) e deixarnos embaucar polas entidades que xestionan os nosos recursos en beneficio propio e co consentimento dos nosos repersentantes (amenaza).
Si Bolivia pode ¿por qué nos non? A min ocórreseme unha razón, pero coido que xa falei bastante por hoxe.