…e comendo con iso do Jalogüin.
Si non cabe dúbida de que o Nadal é, dende tempo atrás, a principal celebración no calendario consumista-occidental, alegar que a nosa ascendencia celta xa celebraba o Samain hai miles de anos para xustificar a incorporación do Halloween a ese calendario, é unha trapallada.
En Galicia, mantívose apenas intacta a tradición ancestral tal e como eu a entendo, aproximarse ó mundo dos que xa non están en base á raiz animista e ó profundo respeto polos finados da nosa cultura. Tamén había esparcimento para os cativos nunha noite de velada e candeas polos camiños, pero nada ten que ver iso con disfraces para nenos, artigos-de-todo-a-cien e festas de entroido importados polos medios de comunicación, que unha vez máis afogan a nosa herdanza cultural e étnica nunha mezcla do paletismo, variante lo vi en la tele, e a necesidade de buscar negocio donde non o había, nin falta que facía.
Será mellor que non vexa máis televisión polo que queda de hoxe, porque non teño un bo dia :S
A analise é moi acertada ó meu entender, por desgraza.
Comment by Ghanito — November 4, 2006 @ 7:19 pm
Pouco reconfortante, levar a razon en cousas que nonche gustan ¿verdade?
Comment by F. Miguez — November 6, 2006 @ 11:30 am