Almorzo con xoguetes.

Ultimate.

Aquí, un servidor, ten por costumbre erguerse ás sete da mañán, poñer o día un pouco a andar e almorzar ás oito e pico, co beneficio “colateral” de poder ver así un dos mellores programas que saen pola televisión. O Show da Pantera Rosa, con ese grafismo colorista, esa liberación respecto das leis da física, e esa incomparable obra de Henry Mancini (sobre todo a do Inspector Cluseau), crean un mundo no que me gustaría ter vivido.
Para ben ou para mal, non nacín debuxo animado sinon de carne e oso, así que hoxe, mentres negociaba a manteiga na última rebanada de pan rematou o programa e comenzou unha andanada de anuncios de xoguetes, que aínda duraba cando eu xa recollera a cociña. Desastroso exemplo para os nenos, ese bombardeo publicitario do que son obxeto dende meses antes da campaña de Nadal; sin entrar en fonduras de valores tradicionais nin pamplinas de estampa con pastorciños, dubido que sexa beneficioso para a sociedade que nenos e nenas reciban esa presión consumista de xeito tan persistente, anunciando ademáis productos de por sí evocadores á cultura do consumismo: monecas que van de compras, gamas de xoias, vestidos e maquillaxes…
Tal vez non sexa tan malo, tal vez as criaturas que agora teñen cinco anos, dentro de vinte estarán vacinados contra a publicidade e a compra compulsiva. Ou tal vez non coñezan outra forma de vida. ¿Serán os pais capaces de estar á altura?

2 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2006/10/31/almorzo-con-xoguetes/trackback/

  1. Espero que sexa unha vacina, aínda que eu témome o peor…

    Comment by Manuel Rivas — October 31, 2006 @ 10:32 am

  2. Eu tamén o espero, pero non so vai ser cousa de esperar; igual se pode compensar dende a educación, pero iso quen o ten que dictar é a sociedade.

    Comment by F. Miguez — November 1, 2006 @ 3:45 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.