¿Etica?
A primeira reacción que tiven ó ler que rodaran un documental no que aparecía xente suicidándose de verdade foi de noxo, moito noxo. Leo as razóns do pai da criatura e recibo a sensación de que o seu traballo vai ser de utilidade. Habería que ver “The Bridge” para poder tirar unha conclusión xusta, pero eu non teño ganas ningunhas de ver morrer xente de verdade (un, que é da aldea ou un pouco anticuado). Os argumentos lémbranme bastante ós que se usaron para defender o experimento sociolóxico do Gran Hermano. Como nunca fun seguidor de esa clase de fenómenos sociais, vou apuntar noutro sentido: por moita labor social que se faga, os promotores do invento suelen gañar unha pasta, e os beneficios para a intelixencia colectiva aínda están por chegar.