Levan as pontes II.

Para ilustrar o apuntado onte sobre o mantenimento das infraestructuras, apunto estas fotos das cunetas da N-550 ó seu paso por Redondela. Debaixo de ese manto vexetal, que delata un abandono xa crónico, difícilmente se pode adiviñar a forma da cuneta de formigón de unha estrada.

Cunetas I.

Na miña humilde opinión, o Ministerio de Fomento (e os Concellos, e as Diputacións…) deberían deixarse de construir máis e máis estradas e gastar os cartos en conservar en bo estado as que xa hai. As nosas vias de comunicación serían máis seguras e crearíanse postos de traballo directo; claro que algún perdería o suculento negocio da obra pública.

Cunetas II.

Só o estudio informativo de apenas uns kilómetros de vial de alta capacidade custa uns 900.000€; a min faime falta papel e lápis para botar a conta de cantos salarios de personal de mantenimento se pagan durante trinta anos con eses cartos.

6 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2006/10/26/levan-as-pontes-ii/trackback/

  1. As infraestructuras e unha das cousas que boto en falta dos EEUU.

    Comment by paideleo — October 30, 2006 @ 6:11 pm

  2. Aquí os das “Obras Públicas” cantan a de “sementar sementarei…” nas cunetas. Pero donde sementan é nos Bancos.

    Comment by susolista — October 30, 2006 @ 9:13 pm

  3. Acedre, eu coido que aínda que tiveras estado en Portugal, botarías de menos as infraestructuras; Galicia é unha reserva de subdesenvolvemento dentro de Europa, e o comentario de Suso da unha boa idea das causas.

    Comment by F. Miguez — October 31, 2006 @ 7:58 am

  4. 900.000 euros???? Moito me parece para un estudio polo que habitualmente pagan 90.000 euros. Eu estou convencido de que ese dato non pode ser correcto, ten que haber un cero que sobra.

    En canto ao suculento negocio da obra pública desde logo para min non o é dado que cobro menos que moitos camareiros despois de ter pasado pola universidade. Tampouco creo que sexa para os milleiros de peóns deste país que fan o que poden por levar un salario de apenas 1000 euros a casa nunca profisión de alto risco.

    Comment by mendinho — November 9, 2006 @ 7:15 pm

  5. Eu fáloche dun estudio con que traballa a Plataforma Cidadá Contra as Variantes de Redondel, licitado exactamente en 847.000€.
    O problema non son os que traballan nas infrestructuras (tanto na construcción como no mantenimento), o problema son os que mandan, que seguramente lle estean dando parte do teu sueldo a algún futbolista estelar, ou estarano gastando en gasoil para iates, ou calquera outra cousa das que a xente normal non aspira.

    Comment by F. Miguez — November 10, 2006 @ 9:13 am

  6. 847.000 euros é unha burrada. Xa pode ser un estudo do copón. Habitualmente págase 10 veces menos.
    E no das construcutoras vinculadas a clubes de futbol concordo plenamente.

    Comment by mendinho — November 10, 2006 @ 9:28 am

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.