Pavimento provisional na N-550.
Sobre a Velocidade:
O día once de outubro morreu un rapaz, e outro resultou ferido, nun accidente de tráfico na estrada Nacional 550, á altura de Carracedo, no concello pontevedrés de Caldas de Reis. Segundo a información, o velocímetro do coche sinistrado marcaba 205Km/h, polo que parece evidente que o accidente se debeu a unha saída da estrada pola impericia do conductor. Impericia e insensatez, xa que a todas luces parece esa unha velocidade pouco axeitada para circular por unha zona poboada como é Carracedo.
Ese tramo da N-550, entre as vilas de Valga e Caldas de Reis, é ben coñecido polos que circulamos por esa estrada, xa que se trata de unha zona que mezcla partes de boa visibilidade con curvas cerradas e conta con numerosos límites de 50Km/h, frecuentados polas patrullas-radar da Guardia Civil de Tráfico. O accidente co que introducín este artigo sírveme para ilustrar en qué medida considero eu pouco eficaces as medidas de represión e disuasión nas que se sigue a basear a política de seguridade vial seguida en España. “Descerebrados haberáos sempre”, será un argumento de réplica. ¿Intentou alguén crear unha cultura de uso responsable do automóbil alén das multas e os puntos? será a miña contra. O día que a velocidade sexa tratada como unha posibilidade tecnolóxica e non como unha emoción forte ou como exaltación da sensación de control, por unha parte, e como un tabú pola outra, os conductores aprenderemos a decidir qué ritmo de marcha é o axeitado en cada circunstancia.
Pavimento provisional:
Por outra banda, e para cuestionar a responsabilidade das autoridades implicadas, cabe denunciar que hai xa varias semanas que a N-550 está en obras en todo o seu paso polos concellos de Valga e Caldas de Reis, uns vinte kilómetros de estrada con un pavimento que, por irregular, induce a pensar que é provisional, está sin pintar, e resulta excepcionalmente perigoso para circular de noite ou con chuvia. A velocidade coa que circulaban os malogrados mozos, exime parcialmente de culpa ós responsables de esta obra, pero (salvo que algunha condición non evidente do proxecto o impoña) parece unha neglixencia manter esa perigosidade durante tanto tempo, nun tramo tan longo de una estrada tan sensible como é a N-550. Dende o punto de vista da seguridade vial, parecería máis aconsellable ir abordando a obra por tramos máis curtos, de maneira que esa perigosa provisionalidade de obra estea moito máis acotada.
De todo o que falas no artigo interesame suliñar o que ti tamen descacas en negriña: a importancia de crear unha cultura da responsabilidade ó volante.
Ocurre normalmente que os políticos non son moi dados a abordar medidas a longo plazo. Eu enténdoos, están sempre coa premura dos votos. Pero para min que non hai outra solución. Así que, educación vial dende pequechos nas escolas (agora tiro para min, que son mestre)
Comment by Ninsesabepuntocom — October 23, 2006 @ 2:01 pm
Eu téñome plantexado varias preguntas nese sentido. Despois de toda a vida a estudiar, pregúntome por qué ninguén me ensinou cómo facer un trámite nun xulgado, nin a linguaxe dos xordomudos (no sitio do latín), nin tantas cousas que fan falta para andar polo mundo adiante, no sitio de mil formalismos académicos repetidos hasta o aburrimento (por exemplo, o análisis sintáctico, que se estudiaba case tódolos cursos).
Comment by F. Miguez — October 23, 2006 @ 8:21 pm
Hoje cheguei aqui via Vieiros.com: é bom para a comunidade que os blogs com preocupações cívicas e enfoque local sejam conhecidos. Boa iniciativa da Vieiros e um abraço ao Miguez!
Comment by pepe — October 25, 2006 @ 8:47 am
Foi unha honra para min que vieiros me aludise, e un pracer volver velo a vostede por esta leira. Um abraço.
Comment by F. Miguez — October 26, 2006 @ 6:29 am