O lúpulo. 2ª parte, os meus avatares.

Cando apenas empezábamos a esbozar a idea de facer a nosa propia cervexa, comentei unha vez en voz alta que o problema sería conseguir o lúpulo, máxime tendo en conta que nin siquera sabíamos o que era. Un amigo meu pronunciou entón unhas palabras que tratei de facer máxima vital miña: “Só hai que ler un pouco e andar cos ollos abertos pola vida.” Dicíao porque él vira algunha imaxe do lúpulo en libros e xa o tiña atopado de cando en vez nos ríos; a diferencia era que a él nin pola cabeza se lle pasara facer cervexa na casa. Tempo despois, preparando o Redollo para sementa-lo centeo, descubrín por casualidade varias plantas de lúpulo sin flor, polo que debían de ser machos, e non me servían. Foi ó ano seguinte que, ademáis de andar cos ollos abertos, fixen outra cousa da que non suele haber moita costumbre, que é mirar para arriba. Eu estaba en terras coruñesas e enriba da miña cabeza estaba un ramo de flores (femia) precioso; mirei arredor e fun descubrindo cada vez máis, hasta poder chegar á conclusión de era unha planta moi abundante. En canto voltei a Redondela, fun correndo ás zonas sospeitosas e… o resto da historia xa está apuntada.

Colleita.

Estes días rematei o proceso co lúpulo que apañei para os experimentos cervexiles do ano que ven. Recollino en Cambre e máis en Redondela, na primeira quincena de septembro (igual un pouco tarde para o que sería ideal, pero o dos exames é un lío), tíveno a secar no faiado, e agora envaseino en bolsas de cierre “zip”. A ver que sae de ahí, que se suele dicir nestes casos.