Resolucións, sancións, bombas e persoas.
Cada vez que paso uns dias alonxado do mundanal ruido (vamos, sin apenas tele, ou internet) acontece algo como que EE.UU. invade Afganistán ou que Corea do Norte proba unha bomba atómica.
Poderíamos entrar en debates sobre a lexitimidade ou non de Corea do Norte para posuir armamento nuclear, tendo en conta que o réxime de Pyongyang está no punto de mira xeoestratéxico norteamericano (sí, a península coreana é un lugar estupendo para vixilar de cerca á República Popular China), sobre a lexitimidade do propio réxime de Kim Jong Il ou sobre a lexitimidade dos estados pionerios na bomba atómica, os cinco membros permanentes do Consello de Seguridade da ONU, para decidir o que está ben ou o que está mal na antroposfera. Pero, como digo, estiven case unha semana de retiro espiritual e hoxe non regreso con mentalidade estratéxica nin política, sinon de persona.
De persona que non acaba de entender que diferencia hai entre eu, F. Míguez, que apunta aquí, vostede, que lé o que eu apunto, a veciña do lado, e as personas que deciden si hay que andar a xogar con bombas atómicas, andar a amenazar con embargos ou invadir países polo crimen de posuiren o petróleo que outros necesitamos. ¿Por qué pode Kim Jong Il mandar construir unha bomba atómica e facela estourar e eu non? ¿Por qué pode George Bush mandar invadir un país remoto? ¿Porque representan a un estado? No segundo caso, triste representación é esa de mandar unha chea de paisanos a morrer na guerra; do rimeiro caso, mellor xa nin falamos.
O estado, así como a patria ou a nación, son conceptos que me resultan un pouco borrosos, curiosamente máis turbios canto máis se usan. Segundo a Declaración dos Dereitos Humanos (artigo 15) todos temos dereito a unha nacionalidade, e pregunto eu ¿para qué? ¿Por qué teño eu o dereito de ter un estado que, no seu día, apoiou de xeito oficial, e contra a vontade da maioría dos que aquí vivimos, unha agresión militar ós que tiñan o dereito de ter outro estado, chamado Irak? ¿Qué dereito é ese de ser súbdito de Corea do Norte, e morrer de fame mentres o teu “lider” funde pasta a esgalla en construir inxenios atómicos, no mellor dos casos? Quizais o dereito a que outro estado, cuios habitantes malamente poden situarte no mapa, non teña dereito a atacarte como lle fixo ós irakíes, sin saber moi ben por qué motivo. Pero sobre todo, ¿por qué hai personas, coma min ou coma vostede, nacidos de pai e nai, que comen, beben, mexan e cagan, pero que teñen dereito a tomar decisións que poñen en perigo o noso futuro, sin que vostede ou eu, da misma condición humana, poidamos facer nada para impedirllo?
Igual me fago todas estas preguntas porque levo dentro un perigoso anarquista en potencia, ou un romántico apátrida. Igual pregunto todo iso porque son unha persona normal, fillo de pai e nai, que non comprende por qué hai personas que xogan coa vida do resto das personas, e aínda hai que darlles de comer. En fin, que apunto o consello de ler detidamente a Carta de Declaración dos de Dereitos Humanos e propoño como xogo tratar de atopar, entre os trinta artigos, algún que se cumpla. Eu, de momento, aínda non fun capaz, pero igual é porque me paro a preguntarme ¿por qué?