O verxel da AP-9.
Xa había algo de tempo que non transitaba eu pola AP-9, pero o outro dia tívena que coller por forza e descubrín que te está bien bonita. Podería facer una florida (e nunca mellor dito) ironía agradecendo esa clarividencia do liberalismo económico, esa imprevista disminución do impacto paisaxístico da autopista como feliz resultado da máis franca avaricia empresarial, pero non creo que sexa un asunto de facer gracia, precisamente.
Non foi casualidade que lle puxese a este blog o título “Apunta, para non o esquecer.“; remexendo un pouco no historial, está este post, no que denunciei o perigosa que se fixera a autopista con apenas uns minutos de chuvia forte, e apuntei como posible causa á merma nas capacidades drenantes do pavimento por culpa da deixadez no mantenimento, ó permirti-la acumulación de materia vexetal que obtura os poros polos que se escurre a auga da superficie. Na foto, tomada esta fin de semana, constátase que, lonxe de se ter posto remedio a esa falta de mantenimento, o que hai uns meses eran musgo e herbeiras, agora xa vai camiño de ser mato. Este outono e inverno teñen pinta de ir a ser bastante chuviosos, polo que o problema das acumulacións de auga na autopista vai a pasar a ser tema do día en bares, descansos en horario laboral e conversas nas salas de urxencias hospitalarias. O peor vai ser que, si despois de un inverno chuvioso a vexetación permanece ahí, na primavera a nosa AP-9 vai ter que ser incluída na rede Natura 2000. Apuntado queda. Claro que, ó mellor, antes caelle unha man de herbicida e unha rozada, para que o problema desapareza… dos nosos ollos, porque a parte aérea das plantas non é o problema, sinon que son as raíces, metidas polos poros do asfalto, as que impiden que a auga se drene; eliminar as raíces e outras suciedades do asfalto drenante só é posible, hasta donde eu sei, mediante unha minuciosa limpieza con auga a presión.
Na miña humilde opinión, síntome timado cada vez que lle dou a AUDASA dez euros por circular por unha autoestrada máis irregular que algunhas pistas forestais, con colas de cinco minutos para pagar nas peaxes e con un mantenimento manifestamente nulo (agora que ardeu todo, acórdalles andar coa motoserra a tirar os pinos dos taludes). A título personal, non podo facer máis que modificar os meus hábitos de viaxe para poder evitar esta timoestrada, pero coido que se vai achegando o momento de lle suxerir ós meus/nosos representantes que, no meu/noso nome, lle retiren a concesión a esta siniestra empresa por incumplimento de contrato, sin darlle ningunha compensación económica nin política.
P.D.1: É impresionante ver como, sin unha terra da que alimentarse, só coas excepcionais condicións ambientais deste curruncho do mundo, poden medrar as plantas hasta no piche. Había que ver de implantar a agricultura en Galicia; pero igual tiña que chegar un inversor extranxeiro á nosa Terra, que a fixese un negocio rendible e logo levara para fora a maior parte da tallada.
P.D.2: O mesmo dia da foto, casualmente, tiven unha conversa con alguén que reventara os baixos do coche con un obxeto que estaba tirado na AP-9, e que non vai cheirar un euro de compensación por non ter chamado á Guardia Civil de Tráfico xusto alí, sinon na seguinte saída. Apuntado estaba.
Non é por querer darlle a razón, pero onte (lin nun cartaz luminoso de aviso) Había unha balsa de auga no Km. 8 da AP9.
Mais ou menos cando vostede apuntaba isto
Comment by ghanito — October 11, 2006 @ 2:06 pm
O emoticono traizonoume, non quería sorrir, senon botar a lingua amosando o meu desagrado.
Comment by ghanito — October 11, 2006 @ 2:09 pm
Na Estrada chamada Autoestrada de Coruña Carballo, pagada cos cartos de todos, e na que tes que pagar 4 euros ida e volta por 30 km, se non queres tardar unha hora pola antigua e vella estrada, hai plantas, que creo que son cheirons, da altura dunha persona. Mais de unha vez, din un volantazo, denoite, pensando que era talmente un cristiano. ¿Sabedes quen lles dou a concesión a os que as “explotan”? ¿Porque ainda lla manteñen? ¿Se oubera que pagar algunha indemnización,porque non llas cobran aos que lles diron a concesión?
Comment by susolista — October 12, 2006 @ 11:07 am
O peor de todo é que o aquí apuntado é certo, e supoño que terá que morrer alguén para que tomen medidas. “Tipical Spanish”.
As concesións, témome que quedaron atadas e ben atadas. Como todo o mundo sabe, pero ninguén dice, as obras e as explotacións son asignadas nos grandes restaurantes (ou sitios peores, entre compadres. Como o compadre que pon os cartos (que non son seus) sabe que hoxe está, e mñán Dios dirá, asegúrase que existan unhas clúsulas compensatorias que máis merece a pena non cambiar nada, unha vez feito.
Para que vos fagades unha idea, no caso da circunvalación de Redondela, fálase de unha futura compesación política a AUDASA por abrir unha serie de peaxes nos próximos anos.
Comment by F. Miguez — October 12, 2006 @ 7:09 pm
eu tambén som dos que evitan as peajes podendo ir pola estrada normal, hai tramos nos que é posible acurtar e transitar com milhor firme…o carrejo que une a corunha e carbalho cobrando é um dos piores, máis caros e de erario público, é uma salvajada que cobren por jogar-te a vida nesas curvas de pago…
Comment by txari — October 15, 2006 @ 7:41 pm
É unha salvajada que destrocen a paisaxe para construilas, é unha salvajada que che cobren por usalas e, o peor de todo, é que aínda por riba, sexan perigosas.
Comment by F. Miguez — October 16, 2006 @ 8:03 pm
Pois eu necesito moverme rapido, osea que non me queixo da ap9, as cousas son asi, en todos os sitios cobran, e tranquilos que o dia que sea gratis xa no lo quitaran do lombo…, apuntade pa non esquecer……que nesta vida todo se paga, da igual o que e a quen, as estradas gratis non se fan….digo eu
Comment by ainda asi — November 7, 2006 @ 7:48 pm
Estamos de acordo en que as estradas non se fan solas, e os que as fan teñen que darlle de comer ós seus fillos. Pero iso non quita que che cobren máis de dez euros por 150Km de unha autoestrada que, en ocasións, parece máis un camiño de cabras con dous carriles por cada sentido. Si AUDASA cobra un servicio, está obligada a dar ese servicio. E a XUNTA e o Ministerio de Fomento, responsables de velar por que ese servicio satisfaga ós cidadáns, e sobre todo, velar por que a falta de mantenimento no produza situacións de perigo para a circulación.
Comment by F. Miguez — November 8, 2006 @ 9:44 am
Estou dacordo en que AUDASA fixo o negocio do século pero debemos voltar a vista atrás e darnos conta que naquel momento, nos finais dos 70, a administración estaba nun momento político e económico moi duro. Non había un peso e só houbo unha concesionaria, só unha, que se arriscou a por os cartos por adiantado para construir a A-9. Por non ter cartos daquela agora pagamos con intereses o que custou.
Tamén é xusto recordar que os que protestaran naquel momento polo “navallazo espetado na terra”, contra a súa construcción, hoxe recoñecen que foi o motor económico da faixa atlántica. O único que podemos facer é, ou pagar o que resta da concesión, ou presionar para que AUDASA mellore as condicións de seguridade da vía.
Comment by mendinho — February 8, 2007 @ 10:00 am
Estamos de acordo en que non se poden valorar as decisións de hai máis de vinte anos coas circunstancias de hoxe. Ademáis da cuestión económica (pese a que a min me doe que haxa empresas con máis recursos que o estado), tamén aceptamos que a perspectiva medioambiental de aquela época distaba moito da de hoxe. Non se podía agardar da mentalidade dos 70-80 (¡aínda eran tempos da guerra fría!) que se evitase ese “navallazo” e se tivese apostado por potenciar a liña férrea xa existente como motor económico(e de paso incluir no eixo a comarca do Salnés, que quedou fora a AP-9), pois o navallazo perdurará na paisaxe moito despois de que o modelo de transporte actual acabe de caducar polos seus elevados custes económicos e ambientais.
O que sí se pode reclamar é o que pasa hoxe en día. AUDASA tómanos o pelo por partida doble: por un lado, o treito VIGO - A CORUÑA ten unhas peaxes tan caras que, no total do traxecto, supoñen un gasto maior que o coste do combustible empregado por un coche moderno para esa viaxe. Polo outro lado, eses cartos non se ven en ningunha parte: o mantenimento brilla pola súa ausencia, son frecuentes as colisións con obxetos tirados no asfalto, as dotacións das peaxes non sempre se corresponden co tráfico existente…
E xa dende unha perspectiva próxima, paréceme sangrante que se proxecte construir novas vias de alta capacidade (novos navallazos) coa que está a cair en cuestión de insostenibilidade do transporte, coa excusa de que os treitos con peaxe son un lastre social.
Comment by F. Miguez — February 8, 2007 @ 10:40 am