O verxel da AP-9.

Xa había algo de tempo que non transitaba eu pola AP-9, pero o outro dia tívena que coller por forza e descubrín que te está bien bonita. Podería facer una florida (e nunca mellor dito) ironía agradecendo esa clarividencia do liberalismo económico, esa imprevista disminución do impacto paisaxístico da autopista como feliz resultado da máis franca avaricia empresarial, pero non creo que sexa un asunto de facer gracia, precisamente.

Verde, que te quiero verde.

Non foi casualidade que lle puxese a este blog o título “Apunta, para non o esquecer.“; remexendo un pouco no historial, está este post, no que denunciei o perigosa que se fixera a autopista con apenas uns minutos de chuvia forte, e apuntei como posible causa á merma nas capacidades drenantes do pavimento por culpa da deixadez no mantenimento, ó permirti-la acumulación de materia vexetal que obtura os poros polos que se escurre a auga da superficie. Na foto, tomada esta fin de semana, constátase que, lonxe de se ter posto remedio a esa falta de mantenimento, o que hai uns meses eran musgo e herbeiras, agora xa vai camiño de ser mato. Este outono e inverno teñen pinta de ir a ser bastante chuviosos, polo que o problema das acumulacións de auga na autopista vai a pasar a ser tema do día en bares, descansos en horario laboral e conversas nas salas de urxencias hospitalarias. O peor vai ser que, si despois de un inverno chuvioso a vexetación permanece ahí, na primavera a nosa AP-9 vai ter que ser incluída na rede Natura 2000. Apuntado queda. Claro que, ó mellor, antes caelle unha man de herbicida e unha rozada, para que o problema desapareza… dos nosos ollos, porque a parte aérea das plantas non é o problema, sinon que son as raíces, metidas polos poros do asfalto, as que impiden que a auga se drene; eliminar as raíces e outras suciedades do asfalto drenante só é posible, hasta donde eu sei, mediante unha minuciosa limpieza con auga a presión.
Na miña humilde opinión, síntome timado cada vez que lle dou a AUDASA dez euros por circular por unha autoestrada máis irregular que algunhas pistas forestais, con colas de cinco minutos para pagar nas peaxes e con un mantenimento manifestamente nulo (agora que ardeu todo, acórdalles andar coa motoserra a tirar os pinos dos taludes). A título personal, non podo facer máis que modificar os meus hábitos de viaxe para poder evitar esta timoestrada, pero coido que se vai achegando o momento de lle suxerir ós meus/nosos representantes que, no meu/noso nome, lle retiren a concesión a esta siniestra empresa por incumplimento de contrato, sin darlle ningunha compensación económica nin política.

P.D.1: É impresionante ver como, sin unha terra da que alimentarse, só coas excepcionais condicións ambientais deste curruncho do mundo, poden medrar as plantas hasta no piche. Había que ver de implantar a agricultura en Galicia; pero igual tiña que chegar un inversor extranxeiro á nosa Terra, que a fixese un negocio rendible e logo levara para fora a maior parte da tallada.

P.D.2: O mesmo dia da foto, casualmente, tiven unha conversa con alguén que reventara os baixos do coche con un obxeto que estaba tirado na AP-9, e que non vai cheirar un euro de compensación por non ter chamado á Guardia Civil de Tráfico xusto alí, sinon na seguinte saída. Apuntado estaba.