Multas e carreiras ilegais.

Entre o mércores e o xoves, foi noticia en diveros medios o paso por España de unha carreira ilegal de millonarios en coches capaces de alcanzar os 300Km/h. Hai moitas películas moi graciosas sobre este tipo de carreiras, pero non suelen reflexar suficientemente o peligroso efecto que os egos desmedidos, a prepotencia e a insensatez lle poden provocar a terceiras partes non implicadas voluntariamente.
Iso cae de caixón, e non merece máis palabras. O que me moveu de verdade a escribir este post é a indignación de oir, tanto a membros da policía como a participantes da carreira que estes non tiñan problema en pagar multas de 3000€ ou máis (Antena3 dixit) en metálico e no acto, para poder continuar co que estaban a facer. Unha, xa evidente, era que deberíaselle propinar unha labazada na cara ó lexislador que permite este pagar por poder facer mal, (que lembra ós resultados do “quen contamina paga” pero poñendo os pelos de punta). Outra, sobre todo, redescubrir aquilo de que “todos somos iguais diante da lei, pero uns máis que outros” sentindo que, co que cobraba no meu antigo traballo (de corenta horas semanais) tería que non gastar absolutamente nada durante case medio ano para poder pagar unha multa de esas; si ma puxeran agora, tería que coller unha calculadora para saber que recargo vou acumular antes de que a poida pagar. Eu nada, porque son unha ovella desacarriada pero… ¿canto lle doería a algún dos meus ex-compañeiros, pai de dous fillos, pagar unha multa de 300 € (en torno á metade do salario mensual)? seguramente as consecuencias familiares fosen bastante máis duras que o que lle custa a un fachendón conductor de Lamborghini sacar 3000€ do peto e darllos a un guardia.
Para que todos sexamos iguais ante a xusticia, suponse que as penas deben de ser iguales para todos os culpables dos mesmos delitos, pero o raseiro debería de estar nas posibilidades de cada un. Xa vai sendo hora de que as multas, de tráfico ou de calquera outro ámbito legal, se fixen proporcionalmente á renta ou ós ingresos das persoas.