¡Acendede as luces!
Recoñezo públicamente a ledicia que me poduce ler que a sinistralidade nas nosas estradas está a reducirse, e felicito ós responsables de que tal cousa aconteza, sin por iso retractarme da miña opinión de que o carné por puntos non vai conseguir que a xente mellore a súa habilidade ó volante, tome decisións máis conscientes cando conduza e a realidade do uso do automovil se corresponda co nivel tecnolóxico dos tempos en que vivimos.
Para mostra, un botón (con moralexa). O martes ó medio día, unha avería obrigoume a facer una parada de emerxencia na marxe do enlace da AP-9 entre Puxeiros e Peinador (Vigo). Solucionada provisionalmente a avería para saír do paso, dispúxenme a reincorporarme á circulación; era unha hora de tráfico denso, había unha chuvia torrencial, nevoeiro e os coches levantaban unha grande cantidade de auga, factores os tres que reducían a visibilidade moi considerablemente. Nesas circunstancias, coa atención posta no retrovisor para iniciar a maniobra, apreciei dous detalles moi preocupantes:
Entre o 5% e o 10% circulaban exclusivamente coas luces de posición acesas. As luces de posición indican a posición do vehículo cando está parado ou estacionado, e en ningún caso se poden utilizar para circular si non é acompañadas das de cruce ou as de largo alcance, xa que, de por sí a iluminación que producen é insuficiente para a sinalización do vehículo en marcha e menos en condicións de visibilidade tan reducida como a que se daba. Claro que tamén se pode dicir, si se entende mellor así, que está expresamente prohibido circular só coas luces de posición.
Pero peor todavía era o 20% que circulaba sin ningun tipo de iluminación exterior acesa. Duvido que faga falta explicar que as luces dun coche teñes dúas finalidades, iluminar a estrada para que o conductor vexa suficientemente durante a marcha e permitir que os demáis usuarios da vía poidan ver con facilidade a posición, dirección e velocidade do vehículo en calquer circunstancia. Non quero entrar a xulgar si é por ignorancia deste particular, si é porque hai moitos conductores que non saben evaluar correctamente as condicións de visivilidade ou, simplemente porque se conduce sin poñer atención no que se está a facer. Si boto en falta, xa dende tempo atrás, campañas ou medidas da DGT neste sentido; de feito, bastaría que fixesen propia unha campaña cidadá que invita a circular coas luces acesas as 24 horas do día para mellorar así a visibilidade dos vehículos e lograr unha certa reducción na sinistralidade.
Joder Miguez, sempre das no clavo tio. Tes toda razón e eu de feito xa o fago. Pois non lle teño chamado burros milers de veces a peña esa que pensa que acender as luces pasa coma na casa que corre o contador. De feito en Suecia, tan pronto encendes o coche zxa é obligatorio acender as luces. E moito mais seguro pra todos. As luces de cruce xa indican que o coche está en marcha. Haberá que poñer un mecanismo pra que, coma as motos, xa se acendan o arrancar.
Comment by susolista — October 5, 2006 @ 9:07 pm
Suso, macho, vasme poñer colorado (outra vez). Eu teño que recoñecer que aínda as empecei a encender “sin razon aparente” hai pouco, e non o fago sempre; teño que acostumbrarme á idea. Téñome fixado en outros conductore, e hai máis que as levan encendidas así, a plena luz do día, sobre todo camioneiros, ós que se lles supon unha grande cultura da estrada, digo eu.
Comment by F. Miguez — October 5, 2006 @ 9:51 pm