Das Redes de Eduard Punset.

Redes é probablemente o programa de divulgación científica máis elitista da televisión en España. Quizáis sexa esa unha das causas polas que non me gusta velo, pero a principal razón é que os seus contenidos dan a veces unha imaxen da ciencia como unha doctrina que leva ó home a alonxarse máis da natureza á que pertence. Aparte do tratamento que teñen áreas como a xenética, Eduard Punset insiste máis do que eu podo aturar sin preocuparme, en un futuro no que os seres humanos conectarán o seu cerebro directamente ós computadores e verán así multiplicadas as súas facultades lóxicas e de procesamento de datos. Pensar niso como unha boa idea revela, precisamente, non ter moita idea, dende que é sabido cómo moitos dos grandes avances do coñecemento humano, e sobre todo da técnica, se deben a unha inexplicable combinación de casualidade e intuición, iso que popularmente coñecemos como ocurrencias, ideas felices ou acenderse a luz. Despóis veñen a lóxica e os cálculos, o traballo sistemático, para darlle á idea uns atributos tanxibles que a ubiquen na realidade física.
Hasta ahí un problema de ese futuro tan perfilado en Redes, neglixente con aquilo que de verdade nos fixo superiores diferentes desde a idea de afiar un pau para chuzarllo a un animaliño e convertilo en comida. Hai outros dous aspectos, nos que poderíamos debatir, vencellados co anterior: por un lado, pouco futuro ten o ser humano como especie si delega a súa natural e continua mellora en terceiras entidades; por outro, si os humanos non somos perfectos, calquera máquina que nós deseñemos será, cando menos igual de imperfecta que nos, así que ir dependendo cada vez máis das máquinas é unha estratexia algo torpe. Pero onte, o entrevistado levou a cuestión un pouco máis lonxe (tal vez deba dicir máis alá) ó suxerir que se chegará a poder volcar a conciencia das personas nos circuitos de unha computadora, de xeito que tal conciencia perdure depois da morte orgánica. É, ou debería de ser de cultura xeral, que un dos alicerces da búsqueda de coñecemento humano é a exclusiva apreciación da dicotomía vida-morte que ten o noso xénero; non todas as preguntas xiran en torno a iso, pero sí moitas das máis profundas, e probablemente teña xenerado máis respostas hipotéticas ou dogmáticas que calquera outra inquietude humana. Nese contexto, dicir que os individuos poderán chegar a vivir virtualmente (nos dous sentidos da palabra) para sempre supón un claro paso atrás no coñecemento, xa que ven a ser como negar o problema no canto de tratar de acadar unha comprensión do fenómeno (punto para as relixións, que polo menos intentárono, aínda que iso dea para moito máis que falar), pero ademáis ten o agravante de que esa búsqueda da inmortalidade individual arrastra consigo dous dos peores aspectos da condición humana: o medo, por razóns evidentes, e o egoísmo, de crer que un é tan importante que debe prevalecer sobre o tempo.
Non sei cómo cheguei eu ás miñas conclusións, pero na escala de tempos e magnitudes, xa non do universo, sinón do entorno humano, considero que a vida do Sr. Miguez que aquí apunta vai ser insignificante por definición. Baste con ver que unha das persoas que máis prevaleceu na historia, Xesucristo, só leva vixente a milésima parte do tempo que existiu a humanidade, e aínda non conseguiu chegar a tódolos lugares nos que está presente a nosa especie. Leva implícito este exemplo o que eu considero un dos puntos esenciales da cuestión: por tercos que se poñan algúns en buscar medios técnico-científicos para a inmortalidade, coido que hai evidencias abondo para ir asumindo que nada dura para sempre, e que a única maneira de acadar algo de eternidade vai ser a través do que entendamos dos que estiveron antes e do que deixemos para os que veñan despois. Confucio, Hammurabi ou aquel que afiou o pau do que antes falei son persoas que permaneceron no tempo a través do seu pensamento; incluso Eduard Punset sobrevivirá moitos anos a súa propia morte polo mero feito de ter adicado a súa vida á divulgación do coñecemento, polo mero feito de que, si algún día teño fillos, tratarei de falar con eles de estas cousas, non para inculcarlles nada, sinon para abrirlles a mente ós horizontes da condición humana, e aínda que eles nunca coñezan a Punset, algo de él pervivirá con eles. Dada a dedicación de este home, e o seu grande criterio (aínda que eu teña discrepancias), é sumamente probable que moitos pais, mestres, e divulgadores se sumen a darlle a inmortalidade que mereza.
Pola miña parte, vou cumplir vinteoito anos un día de estes e aínda nunca concebira a morte como un alivio; onte sí, oíndo falar por enésima vez de cerebros conectados a computadoras, saberme mortal alíviame da desagradable idea de unha humanidade alienada e desnaturalizada hasta tal extremo… e iso que formo parte de esa minoría que non viu Matrix.