Concentración contra as variantes de Redondela.
Onte produciuse a concentración veciñal diante do Concello de Redondela, para escoitar o pleno municipal no que se debatía si o concello se puña en contra de ese proxecto (primeiro punto) e si asumía os compromisos coa causa que lle pedía a Plataforma Cidadá Contra as Variantes de Redondela (segundo punto).
Aínda a pesar da choiva, a concentración foi un éxito de convocatoria por parte da Plataforma, que encheu os arredores do consistorio de veciños que van ver as súas casas e terreos afectados ou expropiados polas obras, así como xente solidarizada coa causa. Recolléronse unha cantidade importante de sinaturas, que se suman ás xa obtidas, e as camisetas esgotáronse en tempo récord (tranquilos, haberá máis). A xente acudiu con ganas de saber, porque a postura oficial do asunto foi, e está a ser, bastante escura, con ganas de protestar e manifestarlle ós 21 concelleiros que Redondela está farta de un concello inerte, sin outra alternaiva electoral que a abstención para castigar a uns representantes que semellan ter menos vida que a estatua de Castelao que hai en frente ó concello. Unhas almofadas cos nomes do alcalde e os líderes locais do PP e BNG, colgadas no vestíbulo, foron unha magnífica metáfora da impresión que Redondela ten do concello, que onte quedou definitivamente confirmada nos abucheos e berros proferidos desde a rua en cada turno de palabra.
O pleno foi o que estaba anunciado, Xaime Rei, o alcalde (PSOE), fixo de patriarca nun acto en que todos manifestaron que o proxecto lles parecía inaceptable, hubo algún reproche mútuo, e ó final figuraron como defensores dos Redondeláns. Os que estamos “no allo”, e coñecemos un pouco cómo foron sucedéndose os acontecimentos coincidimos en sentir un certo noxo que lindaba coa nausea ó escoitar o que alí se estaba a dicir; que si hipotecar o futuro de Redondela, que si impacto social, que si desarrollo sostenible… Decididamente, os políticos non poden ser humanos, teñen que ser de outra caste, porque fai falta unha cara máis dura que o aceiro templado para se vender como defensores de Redondela cando, dende disntintas instancias, viñeron dando o seu visto bueno oficial ás partes do proxecto que afectaban ás súas competencias. Outras sutiles artimañas, por parte do alcalde, foron poñendo en evidencia que este político tan veterano sabe empregar tódolos formalismos dos procedimentos para ir safando, deixar as costas cubertas, e transferir esterco enriba dos demáis.
O resultado do pleno de onte, e a presión popular dende as rúas, é que agora o noso concello está formalmente comprometido a poñer todos os medios municipais para conseguir o abandono do roxecto de Fomento. A sensación xeneralizada é que se trata de un lavado de cara para evitar saíren castigados nas eleccións municipais do ano que ven, e que van a intentar deixar correr o conto hasta esa cita, a partir da cal, “si te he visto no me acuerdo”. Onte quedou demostrado que poden contar cos veciños de Redondela para lembrarlle cales son as obrigas polas que cobran os seus salarios públicos.
perdoa pola pregunta, pero tal como estades agora,¿esta ben?. Eu gosto de ir a praia de Cesantes no inverno, a esa desfeita urbanistica que tendes ahi montado, e os accesos a vosa vila, non xa é que sexan caoticos, é que dan pena. Non conozco nin penso pararme a ver ese proxecto de circunvalación, pero tal como estades hoxe, meu, non creo que empeore, ¿ou si?
Comment by alvarez — October 6, 2006 @ 11:00 am
Sí empeora. Certamente, Redondela é un caos urbanístico e de servicios urbanos (culpa de vintetantos anos de desidia política) como moitos outros concellos de Galicia. De todos xeitos, siguen sendo parroquias nas que a xente vive con unha calidade bastante elevada, a que temos os do rural frente a vivir nunha cidade (non todas están tan hacinadas como Cesantes) pero estamos a falar de unha obra que vai discurrir paralela ó trazado do AVE (outra cagada máis), creando en conxunto unha franxa afectada, en sitios, de case medio kilómetro de ancho. Non é que o noso concello vaia quedar feo ou desarreglado, e que vai quedar partido en dous por uns taludes enormes, van quedar unha chea de casas literalmente debaixo das pontes… ¡e os que vivimos aquí non vamos ver ningún beneficio de semellantes obras! Seguiremos tendo que ir a Vigo ou Pontevedra para coller o tren, e pagando peaxes para entrar nas vias de alta capacidade.
Comment by F. Miguez — October 8, 2006 @ 8:00 pm
Acabo de descubir o voso blog. Estiven pondo artigos na nosa web (www.matarpormatarnon.org) sobre a desfeita que pensan facer en Redondela e en toda a comarca en xeral, segundo palabras da señorita esa que é concelleira de política territorial pero non se lle ocurre que o que fai falla é transporte público de calidade, sobre todo trens de proximidades para que a xente non se teña que matar para ir ó traballo nin dalle cartos ós parkings, nin á DGT, nin as petroleiras.
Fan a política das grandes constructoras=Bancos, saben de sobra o que fai falla pero fan o parbo porque lles pagan para facelo.
Un saúdo e forza, estamos para axudar no que se poida.
xulio
Comment by xulio — September 16, 2007 @ 9:17 pm
Ola! son de Soutomaior e falo en nome dun grupo de xente deste concello que tamén está en contra desta aberración. Gustaríanos, dalgún xeito, xuntar esforzos coa vosa plataforma con quen teríamos que contactar?
Un saúdo. Mónica
Comment by mónica — December 3, 2007 @ 9:17 am